Estiven na pasada Feira do Libro d’A Habana, traballando cos libros, para as ideas e os proxectos dos editores e escritores galegos, para a cultura, para toda a sociedade galega.
Nunca na miña vida vin tanto interese polos libros, e de tanta xente e con tanta intensidade. Case nunca foi tan grato moverse entre libros e persoas. Non sei se eles son así pola súa formación, pola instrución, pola escaseza na que viven, ou porque non lles queda outra. Pero éme igual. Foi pouco tempo como para opinar. ¡Que manía a de interpretalo todo! Aínda me emociona lembrar tantas persoas, tantos nenos sentados no chan case comendo os libros, tantos corpos color canela, negros ou pálidos, ciscados pola herba agarrados a un libro e cos ollos regalados. Rían mentres falaban, calaban mentres xogaban, soñaban mentres lían, ¡facían tantas cousas cos libros nas mans! E lembro persoas con acentos cubanos diversos lendo en galego, e dicindo que o entendían todo, que era bonito, que soaba a italiano, ou a brasileiro... ou pode que a galego de Cuba. E con esa paixón caribeña, ás veces tan inconstante, ou non, prometían que pensaban aprender galego. E eu a lembrar a canción de Fran Pérez, Galician Lullaby, “son galego de Arxentina, galego de Alemaña, galego de Cuba, ... galego na Galiza imaxinaria...”. Eu, que non son galego de Galicia.
O interese por todo o galego, fose a historia, a lingua, a xeografía, a literatura, ou o que for, é sorprendente. Eu nunca tal vin. E xa que era unha Feira do Libro, direi que me lembrou o Sant Jordi barcelonés, pero multiplicado por dez. Dez días dura a Feira d’A Habana. Dez días de loucura. Dez días inesquecibles. Dez días de pobreza pecuniaria pero rica en ansias, ilusións, soños e seguro que proxectos. Dez días que foron dez mundos.
Un dos meus traballos n’A Habana foi o de estar moitas horas diarias relacionándome, rodeado de libros, con cubanos. Coa nosa aportación creo que deixamos infraestructuras definidas para próximas ocasións, en Cuba e seguro que en toda América. E abrimos portas ao libro, a toda a cultura feita en Galicia; e recibimos deles esas calores que tanto se agradecen case sempre. Os cubanos recoñecen a nosa existencia, a comezan a beneficiarse, unha vez máis, do contaxio. E nós, tempo ao tempo, imos de contaxiarnos deles, e en algo nos enriqueceremos.
E vin, como poucas veces, persoas de Galicia, traballadores contratados pola Consellería de Cultura, escritores, editores, deseñadores, xornalistas, músicos, etc... traballar arreo, moitísimas horas, algúns en malas condicións, pero a iso foran, e sabíano, así que non pasa nada, é ao que fomos.
Pero seica hai outros que non apreciaron tanto este traballo, que non entenderon cal eran e son os nosos obxectivos. E entre estes críticos non hai ningún dos que alí estivo. Un periódico, La Voz de Galicia, é especialmente virulento contra a nosa presenza nesta feira, con páxinas feitas en despachos, nunca desde alí. A iso nunca se lle chamou periodismo. Seguen teimando e teimando, de ganchete dun deputado do PP. Seguen só eles os dous, o PP e La Voz de Galicia. No pasado recente falaron mesmo arquitectos que queren construírnos o futuro, novelistas que tentan narrar o que non foi, e mesmo xornalistas a soldo de El Corte Inglés que nos situaron nunha revolución da que nunca fomos entusiastas.
Xa sei que pasaron máis de seis meses, pero a día de hoxe aínda hai críticos coa nosa presenza que non fixeron ningunha pregunta aos editores, promotores do protagonismo galego en dita feira. Se preguntasen saberían dos resultados, dos obxectivos; saberían que todo comezou coa administración de Fraga Iribarne, que altos cargos no goberno do PP estiveron en Cuba para consolidar a presenza de Galicia na Feira d’A Habana; saberían moitas cousas que descoñecen porque así o queren.
¿Que xornalismo é este, o de La Voz de Galicia, que non fai preguntas?
Poden preguntar, non teñan medo. Sexan xornalistas. Seguímolos agardando.
E cal é o xornalismo do Faro de Vigo? De La Región de Ourense? De La Opinión de A Coruña? De El Correo Gallego? Todo noxo. Precisamos canto antes un xornal galego con compromiso co país.
Que ben que vostede estivo en Cuba. Na feira do libro da Habana segundo parece. Paréceme excelente o seu punto de vista. Moi respectable pero bastante limitado a unha zona e situación específica o cal pode propiciar unha visión distorsionada da realidade.
Non podería ser que estas boas persoas ao vivir en necesidade, traten de buscar afinidade e refuxio como a que busca un cachorro abandonado cando un o mira na rúa.
Vostede foi a Pinar del rio? Imaxínome que si. Posiblemente tamén foi a Baracoa e até a Isla de la Juventud. Excelente. Pero sen ir tan lonxe vostede saíu fóra do vedado, o malecon ou o paseo del prado. Non sen antes ver o ballet nacional de Cuba na sede do outrora centro galego gozando un xeado de copelia. E como seguro vostede gusta de algo máis que os libros non desprezo unha visita ao Tropicana. ¿Verdade?
Se señor excelente paseo turístico, se lle pomos unhas fotos seria digno do mellor folleto de Cubasi.cu . Eu felicítoo sinceramente por ver a cara agradable dun pobo e unha nación.
Cando me toco viaxar a Cuba. Tiven que ir en dúas oportunidades por motivos profesionais. Sempre me pareceu agradable que nenos, novos, e mulleres así de simpáticos como vostede describe. Díganme benvido en italiano. Xa que aínda sendo fillo, neto e bisnieto de galegos supostamente teño faciana de italiano. Sera pola colonización romana? Non en balde o meu pai naceu Ourense e a miña nai é de Lugo preto de Chantada. Pero ao escoitarme falar inmediatamente denotan o acento Venezolano que segundo eles é idéntico ao castelán que se fala en Guantánamo. De inmediato falan marabillas de Venezuela, do pai da patria e cóidanse moito de falar de política porque o importante é “ser simpático” e non saben se están a falar cun funcionario Chavista ou un escuálido gozando das innegables belezas da illa. A cousa ponse mellor cando che din. Pero ti non pareces venezolano? E un contéstalles “é que son fillo de Galegos” E exclaman un típico “Cosa más grande”. E atópome que estou a falar cun utópico parente afastado. Todo nun afán de caer ben e de fraternizar e se é posible obter algún beneficio desta nova pero efémera amizade.
Sen restarlle honestidade a estas boas persoas vese ben claro que “hai que ser simpático” Moi boa práctica turística pero bastante mala á hora de pretender facer unha análise político social, antropolóxico ou literario partindo desa fonte.
Como lle sinale viaxe a Cuba por razóns profesionais. Nas dúas oportunidades permanecín preto de 2 meses en total. Posiblemente visite as mesmas zonas que vostede visito. Tiven a oportunidade de ver outra realidade Cubana que non adoitan ver os turistas. Non porque non se poida ver ou este escondida nun escenario ideal. Os turistas van ao que van e punto. Pero cando visite as instalacións asistenciais “só para turistas” Que se pagan con dólares ou euros e ás cales os cubanos non poden entrar e compáreo coas aéreas comúns do Hospital Irmáns Almejeira deime conta que a igualdade tan cacareada pola revolución non é tal. Ver caras longas, con miradas perdidas. Mentres esperan que se lles cumpra o tratamento cunha inyectadora de cristal chinesa da época de matusalén. E ao mesmo tempo, na mesma edificación pero noutro piso as infelices victimas do capitalismo son atendidas en salas luminosas con material descartable e medicamentos de marcas internacionalmente recoñecidas. Creame que o contraste ralla na crueldade.
Afortunadamente nin os pacientes de arriba nin os de abaixo (como a serie inglesa) entran en contacto e non se dan conta de como pode cambiar o mundo con só subir un piso.
Cando un comparte con estas persoas e as sus familias algo máis dunhas horas ou poucos días dáse conta que o que brilla é puro oropel. É unha realidade dura que empeza todas as mañás onde cada quen sabe a cal cola terá que sumarse para ver se hai pasta carnica ou unha libra de manteiga. Os berros de “El ultimo” esconden a dimensión verdadeira dunha fila dispersada en busca dun asento ou unha sombra escapando dese sol caribeño tan adorado polos turistas pero insoportable se non se ten un mojito nunha man e un cohíba na outra. Si. Cohíbas feitos a man. Mans de mulleres cubanas, que lian o mellor habano do mundo pero vedado para os seus padais.
Son dúas realidades diametrales. A súa e a de moitos, e a miña e a de moitos. E entre ambas un arcoíris de matices e opinións. Non o cre vostede?
Comparto a súa apreciación sobre o profundo amor polos libros do pobo Cubano. E asegúrolle que é certo que se devoran o contido do libro. Dificilmente comeríanllo xa que o ser humano non dixire a celulosa. O que se lle aseguro é que se o texto non é de interese ou non pode ser cambiado por algo. Terminase no retrete como papel sanitario.
Ese profundo amor literario nace posiblemente de moitas cousas. Desde finais dos 50 en Cuba só lese o que o estado previamente avalía e considera aceptable ideológicamente. Os medios de información como Granma, Juventud Rebelde, etc. teñen unhas liñas editoriais definidas e totalmente pechadas á crítica verdadeira e independente. Por suposto que se permiten certas pseudocriticas para brindar unha impresión de liberdade. Pura maquillaxe para dicir que hai un xornalismo veraz.
As informacións da nación transcorren cada día entre a cacofonía de vender unha revolución que ten décadas coma se instaurouse onte. Non hai novidades. Sempre o mesmo presidente. Sempre o mesmo mensaxe. Falar do Che e o seu afán internacionalista é unha novidade e chea de soños de justica “Los Pioneros”. Pero se transforman en desengano cando se teñen que pór os pantalóns longos do adulto e a realidade dun país estancado no anacronismo explótalles na cara.
Cando vostede fala da criticable conduta dalgúns medios distintos a Vieiros. Comparto a súa indignación xa que para ninguén é un misterio que os medios de comunicación responden a intereses e a Voz de Galicia obviamente ten os seus. Con toda razón vostede destaca o feito de que é criticada unha actividade sen facer acto de presenza na mesma.
Agora eu pregúntolle a vostede. Onde hai máis galegos? En Cuba ou Venezuela?. Sen contar os fantasmagóricos primos que todos os galegos temos en Cuba.
Venezuela alberga a segunda comunidade Galega en Hispanoamérica. Isto é tan certo que Vieiros facendo honra ao dito en “Que é Vieiros” onde sinala:
“Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, FEITA DENDE O EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NO MUNDO”
Ten un apartado denominado GZ-EXT Venezuela. Bo, eu suxírolle a vostede que lea os últimos 15 artigos publicados na mesma. E pregúntese.
Algún dos artigos responde ao principio fundacional de Vieiros?
Escóitase ou se fala da comunidade Galega en Venezuela?
Saque as súas conclusións e vexa que sendo medios distintos. Ambos responden aos seus intereses e non á comunidade Galega.
TODO ISTO: LERIA PODRE!!!
(COMA LA VOZ DE GALICIA)
PS. EU ESTIVEM NA HABANA.
Señor COUTOVEM, ¿non ve que no artigo o autor pon unha frase que di "revolución da que nunca fomos entusiastas"? Está claro, ¿non?
¡Pois iso!
Señor Coutoven, tem vosté raçom em muitas cousas.
Cuba é umha ditadura, é certo. Mais compre reflexionar sobre certos aspectos. Em primeiro lugar, as gentes dessa ilha estám sometidas a umha situaçom difícil, que provoca situaçons muito conflictivas. O bloqueio por parte dos EEUU, que lhes proscribe também o accesso a Internet ten-nos afogados e moito máis desde a fin da axuda soviética.
Nom era também umha ditadura a Inglaterra de Churchill na época do bloqueio nazi? A situación fora terrívelmente complicada para eles ainda contando com poderosos aliados. Por certo, todos os que estiverom na República Dominicana (por nom falar de Haití), falam dumha situaçom idéntica, na que existem dous mundos totalmente separados: os ricos extrangeiros e os pobres nativos, e nom acredito em nengum bloqueio a essoutra ilha.
Como di vosté, um enorme arco da vella de opinións para todos os gostos. Recibimos informaçom sesgada de todos os medios de comunicaçom e a ideia de verdade ou objectividade é puro fume. A feira do Libro da Habana foi um regalo publicitario do Bloco aos seus inimigos, todo o contrario que as visitas do Sáurio, que forom vendidas á gente como "foi liberar aos presos".
A verdade é que nom poido dizer nada... o único que sei é que a minha primeira escola e a do meu pai, foi paga polos emigrantes em Cuba cando aquí também se vivía na miseria por culpa dum bloqueio a umha ditadura. E, como dizem os velhos, ainda nom há tanto que se fijo...
Dáme a min que o autor no seu artigo non quere falar de política, dese tipo de lerias que a algúns tanto lles gustan. Se a Feira fose en Nova York todos estes asuntos obviaríanse. Pois aquí el tamén os quere obviar. O que quere o autor, despois das súas frases seudoliterarias, é falar da reacción daquí, e do tipo de xornalismo destas terras, e da parella PP-Voz de Galicia, da falta de xornalismo... ¿Coñece alguén un xornalista? Refírome a eses traballadores dos medios de comunicación que preguntaban, que investigaban, que escribían ben... Agora hai presentadores, opinadores, mandados... pero xornalistas xornalistas hai que buscar ben para topar un.
Un placer compañero onofresabate de compartir puntos de vista en un marco de respeto.
Claro que me dei conta señor onofresabate Que está escrito "revolución dá que nunca fomos entusiastas? Pero se vostede relé o comentario darase conta que se basea en catro análises.
Un é contrastar as experiencias de dúas persoas nun mesmo país en circunstancias e durante períodos diferentes. O cal determina que unha realidade poida verse doutra forma.
A segunda. Destaca que non son moi confiables as análises antropolóxicas, políticos e sociais partindo dunha situación tan específica como unha feira literaria.
A terceira. Que xustifico a indignación (valga o termino) do señor Macías ao ser criticada de forma negativa a participación de Galiza nesta feira do libro pola Voz de Galicia entre outros. E resulta que segundo o autor (dou por certas as palabras do mesmo) ningún dos críticos asistiu á mesma. Determinando que as mismas fosen mal sustentadas, carentes de obxectividade e cun interese políticos de transfondo. Pola miña banda compleméntolle, que tampouco se canto de transfondo político puideron ter os organizadores ou os participantes do noso país (Galiza). Pero para min. O que sinalo o señor Francisco Macías paréceme sincero e honesto aínda que lle deu un pouco de ás ao sentimento en desmedro dunha realidade que esta fora das paredes dun evento feiral.
A cuarta e última. É un achegue onde lle pido ao Señor Macías que me contraste a importancia das comunidades galegas da diáspora das cales a venezolana é a segunda máis grande e cuantitativamente máis importante que a cubana. E vexa que do mesmo xeito que La Voz de Galicia fai mal. No apartado GZ-EXT Venezuela parecen que se esqueceron de “Que é Vieiros” E que mais que ser unha plataforma para informar sobre a comunidade galega en Venezuela transformouse nun instrumento político alleo ao noso gentilicio e intereses. O cal pode ser moito máis indignante polo reiterativo.
Convídolle a vostede que lea os últimos 15 titulares de GZ-EXT Venezuela e saque as súas conclusións
Un pracer compañeiro onofresabate de compartir puntos de vista nun marco de respecto.
COUTOVEN está moi moi resentido...qué mágoa!!
Se señor MOLUSKUS. Tes toda a razón e ojala fose o único resentido da Comunidade Galega en Venezuela que non está de acordo coa política informativa de Vieiros cando fala deste pais.
Não gastem saliva com este LERIA PODRE que todo o que podedem coneguir é que vos pegue a alitose ou ainda algo pior.
Tou dacordo con CARXEVA de que o resto dos periódicos non é moiro mellor. Pero o sr. Macías debe referirse á Voz de Galicia porque foi, e mesmo segue a ser, o máis virulento neste asunto desta viaxe.
Por certo, a min dixéronme que estiveron na Feira do Libro da Habana polo menos dous redactores da Voz, e que non abriron o pico aínda hoxe, tan ben caladiños. Non escribiron unha soa liña. ¿Por que será?
Grazas polas recomendacións estomatológicas. Aquí utilizamos o mesmo gargarismo que Chávez. E xúroche que aparva o seu habladuría. Pero non ten mal alento nin cando insulta. Moito menos despois de consumir pasta de coca.
Amigo Coitelo rógolle que lea o comentario número 7 para o señor ONOFRESABATE e compleménteo co seguinte.
Como se daría conta explique os 4 puntos que conforman o meu comentario e compleméntolle a vostede o seguinte. Comparto con vostede o concepto que Cuba é unha ditadura. Aínda que para algúns non o sexa, xa que na illa fanse “eleccións” de forma rutineira. Iso si. Vostede pode votar polo candidato que queira e polo partido que queira. Co pequeno detalle que só hai un candidato e existe un só partido. Por iso vostede do mesmo xeito que eu pensamos o mesmo. É unha ditadura.
Agora, vostede fala de bloqueo. Vostede cre que na actualidade existe un bloqueo contra Cuba? Dígolle que si. Pero igualmente sinálolle que USA bloquea o que pode bloquear, que non é máis que as remesas de divisas que os “GUSANOS” (termino con que define o goberno cubano aos seus concidadáns que viven en USA) e o número de viaxes que poden realizar estes e os norteamericanos á illa xunto ao comercio en xeral con USA.
Agora, se vostede viaxa a Cuba beira turistas de todo o mundo transitando libremente pola illa e gozando de cousas que os propios cubanos non poden, por non estarllo permitido nin ter como facelo. E aclárolle, que despois da chegada de Raúl ao goberno flexibilizáronse as discriminatorias limitacións.
O bloqueo contra Cuba é un colador con ocos moi grandes. Por onde moitos países abertamente fan negocios coa illa. Tanto Canadá, España, Francia, China, Alemaña, Brasil, Chile e Venezuela xunto a decena de países comercian sen limitación algunha con Cuba. De tal maneira que o bloqueo en cuestión, máis que unha realidade, é un bo pretexto para escudar a ineficiencia dun sistema de goberno anacrónico que puido estar xustificado nun principio pero que perdeu lexitimidade ao Fidel non cumprir a promesa de eleccións libres aos 4 anos despois de acceder ao goberno. Cando non se consegue un medicamento nun hospital, un reposto para un automóbil ou zapatos para un neno. Apélase ao expediente do bloqueo. O que non entende ninguén é que nas tendas para turistas sobran todas estas cousas, os vehículos turísticos son novos e funcionais e con só subir á de planta de estranxeiros do hospital Hermanos Almejeira vostede atopa o medicamento supostamente bloqueado.
Cando vostede fala de Churchill como unha ditadura na segunda guerra mundial. Que eu saiba o entrego o goberno de forma pacífica e voluntaria cousa que non fan os ditadores precisamente. Igualmente vostede sinalo as condicións nas cales este señor fungió como primeiro ministro e son para nada similares ao que ocorre en Cuba.
Comparto en termos absolutos con vostede, que a información tende a ser nesgada en todos os medios. Pero afortunadamente nos países libres existen todos os medios. Nos totalitarios só existen os que falan ben do goberno.
O sentido común, a experiencia xunto a Internet, permite acceder a máis fontes de información que se se contrastan dan unha percepción máis próxima á realidade e desvela a moitos xornalistas e intelectuais que din ser independentes e presentan currículos que os venden como grandes coñecedores. Pero cando se escudriña atopámonos que son meretrices da información e as súas opinións unha mercadoría.
Se os políticos de outrora tivesen YOU TUBE dubido moito que apelasen con tanta frecuencia á mala memoria das persoas e ao adoctrinamiento fanático dos seus seguidores. O cal cae ao piso cando un lles mostra ao seu ídolo desmentirse nun vídeo. Como beira. A verdade non se di. Búscase.
Conténtame moito que mencione as escolas de indianos. Iso demostra que esa Galiza exterior actualmente esquecida. Polo menos existe para vostede e o seu pai. Esa é unha realidade, pero só un de achéguelos desa Galiza exterior que por moitos anos foi un bastión do pensamento galego libertario e unha esperanza económica en situacións difíciles.
Quen lle escribe é un fillo da emigración. Todo o que teño e son en parte gañárono os meus pais traballando honradamente e noutra mo deu un país como Venezuela. Grazas a eles puiden estudar en boas escolas públicas e privadas e nunha universidade do estado onde o único que me pediron para entrar foron os requisitos académicos e non depararon para nada que tivese faciana de estranxeiro. Eu nacín baixo unha democracia con moitos vicios e defectos. Sempre vivín en democracia e sabía que transcorridos 5 anos tería a posibilidade de cambiar a un goberno. Hoxe pola contra foméntase a división da poboación para evitar que esta se dea conta que o individuo que detenta a presidencia demostrou o seu talante criminal o 04/02/1992 cando deu un sanguento pero fracasado golpe de estado contra un presidente malo pero elixido polo pobo. Lamentablemente esa imperfecta democracia deulle unha segunda oportunidade de acceder ao poder por medios democráticos e lógroo. Pero no canto de demostrar a súa metamorfose de militar a demócrata. O único demostrou é cinismo e hipocrisía. Utilizando a maior bonanza petroleira da historia para comprar conciencias dentro e fóra do país e apoderarse de todos os poderes para facer o que lle dá a súa real gana.
Por todo o dito anteriormente é que as súas palabras teñen máis valor ao recordar esa vella escola de indianos. O que realmente enardece. É que un medio como Vieiros e de forma moi especial o apartado de GZ-EXT Venezuela só dedique o seu espazo a difundir a versión do goberno revolucionario e esqueceuse da segunda comunidade galega de Hispanoamérica. Nos últimos 15 artigos dispoñibles neste momento, non hai unha soa palabra emitida pola nosa comunidade. Simplemente non existimos. E infórmolle que se o responsable de GZ-EXT Venezuela pode presumir de intelectual e profesional Universitario foi porque a Universidade Central de Venezuela permitiulle estudar nela. Que ben seria que este señor se acordase da súa universidade e o pais que o acolleu como vostede recorda a súa vella escola da infancia.
Moitos saúdos señor cóitelo. Foi un pracer compartir con vostede.
Leria podre, tudo LERIA PODRE.
"a mi me rebota y a ti te explota..."
LERIA PODRE
MAS, EXPLAIE MAIS ESSA LERIA PODRE QUE O SENHOR TEM.
BABE QUANTO QUISER, AQUI VOU ESTAR EU PARA LHE DAR VIDA.
Coa boa idea que me semellaba que fosemos á feira do libro d'A Habana e chegan os pailarocos dos nosos representantes e gasta un feixe d cartos públicos en 'mojitos'. Que vergonza...
http://www.lavozdegalicia.es/g...
bcngz usa a palabra 'pailarocos' cunha facidilidade asombrosa. Non entendo o porqué do insulto. Supoño que noutras ocasións, nas que o concepto sexa un 'vino español', o motivo de crítica é o mesmo. Sucede que bcngz no o saberá, pois a Voz de Galicia non o dirá. Claro que na viaxe á Cuba debe de haber cousas criticables. Pero, supoño eu, tamén outras positivas. Polo menos o sr. Macías, actor nestes feitos, así o cre. bcngz, non sexas coma o pp e a Voz, busca algo bo, pregunta, esixe que pregunten; ¿non te preguntas por que a Voz de Galicia non pregunta?
COUTOVEN, espero que cando saquen unha nova de calquera outro país gastes o teclado do ordenador como gastaches con esta nova.
Por exemplo, se sacan unha nova de Francia espero que recordes que é un dos maiores países exportadores de armas ou que os outros idiomas que existen no seu territorio están completamente minorizados e oprimidos. Se sacan unha nova de Colombia ou México espero verte alabando ós grandes políticos que non están metidos ata o fondo en tráfico de drogas. Se sacan unha nova de Mozambique non te esquezas de falar da situación da Sanidade alí ou do ben alimentados e nutridos que están. Cando falen da China comenta ti sobre a situación dos dereitos humanos e liberdades alí. En fin: Israel, España, Irán, Arabia Saudí, Siria, Xapón, Rusia, Corea do Norte... E o prato forte: os U.S.A., que sen ir mais lonxe teñen un campo de concentración alí en Cuba onde torturan a miles de persoas de tódalas nacionalidades impunemente.
Se xa o dixo Engels:"A liberdade comeza cando o Estado deixa de existir". Mentras tanto tódolos Estados son malos.
Saúdos Lenin. Non se preocupe, teño teclados de reposto.
É imposible seguir a súa recomendación por razóns obvias. Ninguén ten toda a información e menos un particular. Con todo e iso, a súa formulación chegou algo tarde. Xa noutras oportunidades participei en foros que falan de China, Colombia, Cuba e de forma moi especial de Venezuela. Pódolle asegurar que as exposicións foron igual de amplas e moitas delas foron complementadas con citas bibliográficas, fontes oficiais de datos e até documentos audiovisuais pertinentes á explicación.
De todas as maneiras tratarei de profundar sobre os temas que vostede expón, xa que seguro son interesantes. Pero lle cedo o capote (termino taurino) e de tamén vostede un que outro muletazo.
Como que vexo que é un bo lector de Engels e espero que de Marx tamén. Quixese que analizase este parágrafo onde Marx faille certos comentarios a Engels con respecto a Bolivar.
Marx en carta a Engels do 14 de febreiro de 1858, dille:
“Simón Bolívar é o canalla máis covarde, brutal e miserable”, e compárao con Faustin Soulouque, o negro haitiano que se proclamou emperador
Non lle parece estraño a vostede que o meu país se chame REPUBLICA BOLIVARIANA DE VENEZUELA e expóñase que o SOCIALISMO e o BOLIVARIANISMO son practicamente sinónimos. Cando polo menos un dos pais do socialismo tenia a Bolivar en semellante concepto.
Non lle parece contraditorio?
Eu despídome de vostede cunha frase de Bolívar que pouco se di na Venezuela actual por razóns obvias.
Huid del país donde uno solo ejerce todos los poderes: es un país de esclavos.
Simón Bolivar.
Falou el idiota de Vieiros
Paréceme moi ben que así o fixerades, Paco.
Pero cada vez estou mási sorprendido. Suponse que era unha feira "internacional", mais semella que lle fomos vender cultura só ós cubanos.
Con todo o que queda por facer aquí, andar estragando cartos polo mundo adiante...
Eu tamén quero o meu "moghito", carafio!
O triste deste tema de Cuba é que, igual que en outros moitos, é a VOZ DE GALICIA quen crea as polémicas en función dos seus intereses e é capaz de condicionar mesmo a axenda política dos gobernos. A Voz de Galicia é hoxe un poder fáctico consciente desa condición, e os seus donos empregan ese poder non a prol dos intereses xerais de Galicia e dunha información veraz e minimamente neutral, senón dos intereses particulares seus como empresa e da súa ideoloxía coruñesista, antiBNG e conservadora. Non teño nada contra que unha empresa traballe para si, é lexítimo. Mais non pode ser que nos deixemos engañar os demais. Temos que recuperar o sentido crítico do que lemos preguntándonos os porqués das liñas editoriais de cadaquén e a que intereses responde, e como ben di o autor do artigo, na Voz non se pregunta sobre a Feira de Cuba, senón que se articulou unha estratexia de ataque á Consellaría que mesmo chegou máis alá e acabou sendo de ataque á cultura galega. Porque o que proe, no fondo, é a vontade de ir como país a outros países. Mais para iso está tamén o nacionalismo no Goberno, para facer política nacionalista respondendo ás demandas e apoios dos cidadáns que votaron.
COUTOVEN, non cambies de tema. A min como comprenderás eme indiferente se Venezuela chámase República Bolivariana ou República COUTOVENIANA. Iso son cousas vosas, pois, corríxeme se me equivoco, o voso presidente gañou varias eleccións lexítimamente. É mais, quería facer unha reforma estructural do Estado e convocou un referendo. Perdeu o referendo e deixoua un lado a reforma. Ademais el si foi obxeto dun golpe de Estado que pouco tiña que ver coa democracia. Se pensas que non hai suficiente liberdade para votar en Venezuela ou que hai "pucherazo", protesta ante a ONU para que manden mais observadores.
Ó que eu me refiro é que agora mesmo hai dúas novas en vieiros, unha referida ós U.S.A. e outra a Rusia, nas que se comenta a situación en dous países despois súa da invasión por parte destas dúas potencias. Eu non vexo ningún comentario teu, polo que terei que pensar que tes algunha manía en contra de Cuba e Venezuela, ou algún favoritismo cara U.S.A. ou Rusia. Senón non o entendo. Saudos
O curioso, é que quando a cultura convidada à Feira do Livro da Habana foi A ESPANHOLA, o Instituto Cervantes entom presidido polo nada pro-cubano Jon Juaristi, sendo presidente da Espanha o Senhor Aznar, nom hesitou em aproveitar tal convite. E NINGUÉM MONTOU CAMPANHA NENGUMHA. E Cuba era por aquele entom tam ditadura ou tam nom ditadura COMO AGORA. O problema é ir a Cuba a vender livros, ou o problema é que a cultura galega venda por aí diante SEM ESTAR À SOMBRA DA ESPANHOLA? Ou o problema é todo junto? Tudo vale contra a cultura galega, máxime quando os chupons de sempre nom obtenhem benefício.
Estou totalmente dacordo con CARRAXE no que respecta á Voz de Galicia. E a verdade é que cada día coñezo máis xente cansada deste medio, e máis xente que deixa de mercala, e máis persoas que non entenden colaborar con ela (veñen de darlle 900.000 euros en concepto de non sei qué subvención de non sei qué Consellería, si, si, vede o DOG do 27 de agosto). Isto é algo máis que un periódico, é un poder fáctico encuberto.
E, amigo ELRR, o sr. Macías escribe "Coa nosa aportación creo que deixamos infraestructuras definidas para próximas ocasións, en Cuba e seguro que en toda América. E abrimos portas ao libro, a toda a cultura feita en Galicia". E ten razón. E saiba que despois disto veu Brest, virá o Saló del Comic de Barcelona, onde Galicia é o país invitado o ano 2009, veu este mes de Agosto São Paulo, no 2010 a literatura infantil asumirá en Santiago un protagonismo mundial, están a saír proxectos novos e privados en todo Sudamérica. E máis. E pode que todo isto teña algo que ver coa presenza na Habana. É posible. E "facer aquí" non é incompatible con internacionalizarse, ¿ou si?
E o dos moghitos paréceme unha broma de mal gusto.
¡Ah! Teño simpatía pola postura do sr.Macías, e sei algo das consecuencias positivas da presencia galega na Feira da Habana porque traballo tamén no mundo do libro, en Barcelona.
A Voz de Galicia non só ten unha teima contra a Consellería de Cultura, senón contra a cultura galega en xeral e contra todo o que supoña a visión dunha Galiza orgullosa de si mesma. O que máis lles amola é que Galiza vaia por si propia a feiras, que teña unha Biblioteca Nacional, que defenda a súa lingua, que vaia coa cabeza ergueita polo mundo... O seu autoodio fai que se ergan contra eles mesmos.
E logo queren facernos crer que son os gardiáns da "comunidade autónoma". Que non nos fagan rir e que non se queixen cando non teñamos máis remedio que mercar outros xornais que aínda que non sexan galegos respectan máis o noso.
Era polo outono de 1999.Vacacións na Habana.Eu e máis os amigos adoitábamos almorzar no Vedado,no restaurante "La Roca",con vello pianista incluído.Cando se enterou da nosa orixe,nada más entrarmos,empezaba a poñerlle música a "Unha noite na eira do trigo",de Rosalía.Nunha ocasión,nunha mesa contigua,unha fermosa mulata cubana empezou a cantar en galego,cunha voz fermosísima.Logo nos enteramos de que era filla de lucense,e aprendera a nosa lingua no centro galego(o edificio máis impresionante da Habana)
Cuba é unha dictadura.O castrismo é noxento.Non vou a defendelo.Pero teñen un povo cento por cento alfabetizado.E educado para respetar ás outras culturas
Cando estudaba en Santiago,coincidín con López Chaves no colexio maior.Era un estudante brutal,de 15 horas ao día todo o curso académico.Agradable e boa xente.Non saía de copas,non participaba da vida da cidade,non lía libros alleos á súa carreira,non iba ao cine...hoxe é portavoz de cultura do PP no parlamento,e se escandaliza dos gastos para facer visíbel a nosa cultura...
Que pida as contas do instituto Cervantes,e que compare...
Mire Lenin o que cambio o tema deste foro foi vostede. O foro é sobre Cuba e sobre Cuba escribín.
O que saco á palestra a outros países como Francia, México, Mozambique, Israel, España, Irán, Arabia Saudita, Siria, Xapón, Rusia e USA (11 en total) foi precisamente vostede. De tal maneira que se eu saque a colación a Venezuela para matizar algo relacionado con Engels (mencionado tamén vostede) Tería que verse quen realmente se saíu do tema e se isto é relevante.
Por outra cousa cando vostede di:
“Espero que cando saquen unha nova de calquera outro país gastes o teclado do ordenador como gastaches con esta nova”
Vostede díxoo “espero”. É un desexo que ten vostede Non lle parece?
Siga esperando. E se teño a oportunidade de compracerlle o hare. Mentres tanto pode buscar en Vieiros comentarios realizados por min sobre distintas situacións onde entre outras cousas fálase dalgún dos países por vostede menciono.
Por certo cando vostede referíndose do noso presidente sinala:
“Ademais el si foi obxeto dun golpe de Estado que pouco tiña que ver coa democracia”
Só demostra que o seu coñecemento sobre Venezuela é algo impreciso. Iso que define vostede como golpe de estado non o é. Non porque eu dígao. Senón porque así o determina unha sentenza xudicial a cal poño á súa disposición:
http://www.tsj.gov.ve/decision...
E sabe vostede unha das razóns porque o máximo tribunal do país tomo esta decisión.
http://www.youtube.com/watch?v...
Se o presidente non renuncio. Por que o xefe do Estado maior Conxunto para ese momento non está preso por mentirlle a Venezuela e ao mundo?
Non só foi ratificado no seu cargo, logo foi ministro e hoxe é o Cónsul de Venezuela en Portugal.
E cando vostede sinala:
“É mais, quería facer unha reforma estructural do Estado e convocou un referendo. Perdeu o referendo e deixoua un lado a reforma”
Pois fíxese iso é parcialmente certo. Vostede dirame. Por que? Ata o día de hoxe só hai resultados preliminares do 03 de decembro de 2007. Non me cre? Véxao vostede mesmo.
http://www.cne.gov.ve/divulgac...
É dicir en máis de 9 meses non sexan dado resultados definitivos. Pois decátese. O que o pobo rexeito co voto o presidente aplícoo vía decreto facendo evidente a súa pouco talante democrático e aproveitándose da complicidade do CNE ao non pór cifras definitivas á elección.
Aclárolle que quen lle fala é un venezolano nado e criado neste país fai 49 anos. Iso si, fillo e neto de Galegos.
Venezuela é algo máis que Chávez. Este é un militar que deu un sanguento golpe de estado o 04/02/1.992. Polo cal non foi xulgado nin sentenciado e aproveitando a imperfecta xustiza venezolana permitíuselle participar nunha elección. Dereito que hoxe lle nega á oposición alegando delitos que nin sequera teñen sentenza firme.
Lerei as noticias que vostede sinala e se estou na capacidade de emitir algún comentario o hare. E entenda que iso é unha petición de vostede.
Asegúrolle que tratarei de compracelo.
Quero dicirlle a stavroguin que, Unha noite na eira do trigo, non é de Rosalía senón de Don Manuel Curros Enríquez. Polo demais, vexo moita encirra persoal nas respostas e coido que con respecto mútuo estas discusións serían moito máis constructivas.
Tou moi dacordo con MUXO. Hai que aterse ao que estamos, non ás teimas de cada un, e sobre todo hai que respetar o persoal. Pois iso.