Hai que festexar o auto do xuíz Garzón. Non todos os días hai a posibilidade de falar dos pequenos fitos históricos que van reconstruíndo a memoria da nosa mellor historia.
O escrito fai un contributo para rachar o pano da impunidade que hai máis de sete decenios impera no Estado. Tiveron que transcorrer setenta e dous anos do golpe militar e xa trinta e tres anos da morte do ditador para que a xustiza, alomenos un xuíz, lle abra un proceso ao franquismo, á guerra de exterminio emprendida polos capitalistas e militares sublevados contra o pobo da fronte popular de febreiro, do Estatuto de xuño do 36. As definicións que se dan na legalidade internacional autorizan a empregar o termo xenocidio e, xa que logo, a non aceptar argucias legais para desatender o burato negro da nosa historia contemporánea. Incluso o código penal da República autoriza a persecución e esclarecemento dos crimes provocados pola represión do golpe militar.
A declaración de competencia do órgano xudicial vai permitir arrancar a investigación sobre as 114.266 detencións ilegais denunciadas, listaxe que aínda ampliarase segundo avancen as investigacións ao longo do Estado. Cada vida perdida, extraviada na barbarie da represión supón unha man chea de bágoas e de ilusións rotas. A suma de vidas e arelas que terían construído unha Galiza sen Atilas e unha República do pobo da fronte popular.
Os traballos trala aprobación dunha insuficiente lei recoñecedora de medidas a prol dos que padeceron persecución e violencia durante a guerra e a ditadura semellan aínda moi notables: a xerarquía da igrexa católica aínda non respondeu á petición do xuíz para que lle entregue informacións sobre os asasinados dos que hai constancia nos arquivos eclesiais; as administracións públicas teñen que pór recursos, planificación e determinación para investigar e honrar aos mortos; o Goberno do Estado ten que rectificar e darlle instrucións á fiscalía para non recorrer e evitar caer na infamia de aceptar outra ronda de silencio. E resta acadar a anulación dos xuízos políticos baixo o franquismo, cuestión chave da ilexitimidade do réxime franquista. Traballo abondo para restaurar a memoria de dignidade dos loitadores e loitadoras pola liberdade republicana.
E se tiveron que pasar máis de 70 dos feitos ! (o demo me leve qsue non é) e 33 da morte do dictador (non da dictadura): cál é o movimento soterrado, cal é o nervo qsue explica o porqué ata hoxe non ocorre un xuizo legal ou público o franquismo?
Non será que os intereses xerados -a sociedade plena e sobre todo no económicosocial- non estamos mais que a un pasiño de aquilo? Non será que, no fundamental nada cambiou, ou, de outro xeito dito, que oculta mais deliberadamente os INTERESES QUE ACADOU O FRANQUISMO están incólumes hoxe, no económico e no social, na sociedade bourbónica qsue sofremos (non tod*s)?
Iolandiña, e por que non explicas por que o teu partido, o PCE calou no momento da transición e agora vides de salvadores? Cando o resto na esquerda (especialmente no nacionalismo) estabamos loitando aínda pola ruptura e o recoñecemento da xente asasinada na guerra do 36 e na postguerra.
Foi tamén a República acaso un rexime respetuoso cos anceios da Galiza, porque quitado o PG, nin o PSOE nin o PCE estaban polo labor, porque no fondo sodes uns españolistas do c******. Non tratades de monopolizar unha loita, que na Galiza pouco foi do PCE (nin siquera PCG).
O PCE era republicán....
Se o PCE (e o PSOE) non tivese agochado a testa dun xeito tan vergoñento como o fixo na Transición, hoxe criminais non vivirían tan ben. Pode que a ditadura durase un pouco máis, pero pagaría a pena.
http://pueblosenlucha.blogspot...
Já veremos em que fica tudo isso... O "profeta" disse e, por agora, o seu dito está a cumprir-se: «Lo dejo todo atado y bien atado.»
Naceu en Ferrol en 1971. Exerce como avogada na súa cidade natal. Milita no PCG e é coordenadora nacional de Esquerda Unida. Formou parte, como tenente de alcalde, do goberno local ferrolán .