Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Por que non unha banca pública?

18:20 28/10/2008

Con todo o que está a ocorrer nestes tempos da chamada crise financeira cuxo orixe está no financiamento das hipotecas lixo nos EEUU e que sería mellor definir como “mal facer do sistema financeiro mundial e demostración práctica do fracaso do modelo neoliberal”, cómpre quizais retomar as propostas e iniciativas que no seu día fixeran Alexandre Bóveda, Carlos Mella e Xosé Manuel Beiras, entre outros,  sobre a creación dun Ente Público Galego que xestionara o diñeiro público necesario para xerar emprego, investimento e desenvolvemento económico vinculado a actividade produtiva; e dizer: unha banca pública galega.

Esta solución é a única que pode garantir con mecanismos de xestión e control eficaces, que o diñeiro público que sae dos impostos da cidadanía chega a quen o precisa  e cumpre a súa finalidade de xeración de riqueza e benestar e da garantía de que existe un control público no seu uso e asemade que os beneficios son tamén públicos.

Mais non chega só con iso; aproveitar esta conxuntura de crise para reforzar e ampliar o sistema público (como propuxo o economista J.M. Keynes no New Deal tras a crise de 1929) é preciso moito mais, é dizer, mudar o modelo consumista, de malgasto, de consumo ilimitado para recuperar o bo facer aplicando tamén sentido común á economía, recuperando a soberanía alimentaria vinculada a terra, o uso apropiado dos recursos, o consumo limitado de enerxía con alternativas de renovación, e dizer: a busca de outro mundo posible onde a humanidade estableza un intercambio xusto e unha vida máis demorada e feliz para as persoas.

3,54/5 (24 votos)


Comentarios (33)

vonMises #1 28/Outubro/2008 vonMises
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

¡Ala! ¡Outra vaca no millo!

Gaviotero #2 28/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #3 28/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #4 28/Outubro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Por que essa pregunta depois de quase quatro anos a governar? É que há eleiçons já logo? É-vos umha miguinha tarde p'ra colheita, já caírom as primeiras geadas, os votos há que sementa-los antes!

xoselado #5 28/Outubro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Que razón ten o sr Carlinhos e que pouca seriedade demostra esta xente do BNG.Que clase de política fai, quere facer, non se atreve a facer?...un desastre!

ANGR #6 28/Outubro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Concordo coa autora em que a criação dum banco público galego implicaria um aumento do bem-estar do conjunto da população galega. Mas, claro, seria reformar o irreformável... O caso que a própria autora comenta sobre o keynesianismo aplicado -parcialmente- no New Deal é paradigmático, já que depois de que a social-democracia (a de verdade, não a de agora) conseguira as maiores taxas de bem-estar na história do mundo ocidental CHEGOU UMA NOVA CRISE e... depois dela que chegou? O neo(ultra)-liberalismo e... e agora? OUTRA NOVA CRISE e disque vão fazer uma cimeira para reformar o sistema capitalista (xD) e... que passará depois? que se acabará a crise e chegaram tempos de menos mal-estar... e depois? OUTRA NOVA CRISE. E assim.
É-che a ladainha do capitalismo.

Isso sim, entrementres podemos viver com maior ou menor bem(mal)-estar.

Opinador #7 29/Outubro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A compañeira Encarna debería traballar un pouco máis os seus artigos e non solventalos en cinco minutos. Independentemente de compartir a mesma idea, o seu argumentario é moi pobre e simple. Debería documentarse un pouco máis e articular un discurso máis maduro. Se así o fixera, por exemplo, decataríase dos erros que contén esta frase súa: "como propuxo o economista J.M. Keynes no New Deal tras a crise de 1929".

Ou se toma un en serio a redacción dun artigo, documentándose máis e argumentando mellor, o cal supón dedicarse algunhas horas, ou mellor sería non escribir nada. É un consello, amiga Encarna.

Opinador #8 29/Outubro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Compárese, sen máis, a simpleza deste artigo de Encarna co artigo de Marcelino Mallo que está ao carón, para entender o que quero dicir.

Xabi1 #9 29/Outubro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois é abondo fácil decir que non.
Porque os nosos políticos o que queren é mangonear a banca, que sería pública a base dos impostos que case manu militari arrinca a administración. Entendo que a base da banca pública galega serían as Caixas de Aforros e non os fondos expropiados á banca privada.

Cando o Vice Kim declarou hai uns días algo sobre este tema. Franco Grande respostou-lle en La Voz de Galicia que continuara bailando por Galiza adiante e que deixara ese "negocio" nas mans de aqueles que saben algo do tema.

Qué seguridade oferecen uns políticos que teñen os partidos cargados de débedas?

Qué seguridade oferecen uns políticos que teñen contabilidades opacas?

E, por favor, que non me conten que é polo ben de Galiza.

Hermerico #10 29/Outubro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Encarna, porqué render homenágem ao Borbom?

Tino #11 29/Outubro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#4 e #5 amosan amnesia ou falta de memoria selectiva, por non dicir memoria maliciosa.

O BNG sempre defendeu unha banca pública e incluso a creación dunha Bolsa galega para o acceso das empresas galegas ao financiamento e control sen ter q pasar polas barreiras de entrada q lle impoñen Madrí, Barcelona ou Valencia.

lura #12 29/Outubro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso, soberanía alimentaria.
Por qué entón facer macropolígonos industriais enriba de chan cultivable ou permitir o avance da eucaliptización, por poñer só dous exemplos?

baltar69 #13 29/Outubro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

non cabe dúbida de que un tema como o esbozado pola política compostelá merece un tratamento máis riguroso, pero de calquera forma encarna volve a por en pequena e lixeira solfa algo que se asubía polo baixo tanto na sociedade civil como nos mentideiros políticos e bon resulta que unha persoaxe en activo dentro do organigrama da administración autónoma encirre ó debate mentras outros economistas marxistas máis doctos e ortodoxos dan a calada por resposta para non amolar os compañeiros de mesa e que éstes reabran o frigo ( seco ) do creto para seguir correndo cara a ningures.

edreira #14 29/Outubro/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#1 ¡Prende a vaca que esmaga o millo!

xermolo #15 29/Outubro/2008 xermolo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Por favor xente que lea o meu comentario!!!! non vos fiedes nin un pelo de esta xente, porque nos venderon moita liberdade e moita patria, pero nada de nada...esta señora e alguns e algunhas compañeiras/os do seu partido na conselleria de vivenda, practican internamente a mesma cacicada e dedocracia do réxime fraguiano. Compañeiros cambiamos uns "pijos" por outros!!!!

vonMises #16 29/Outubro/2008 vonMises
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

edreira, teño a vaca ceiba e non hai xeito de pillala.
xermolo, eu xa lin o comentario.

mansdodemo #17 29/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Cando os políticos mercan custosos coches,decoran os despachos con moitísimos euros etc.etc,Encarna Otero,foi a única que rexeitou o "Plus dos altos cargos".A min esta realidade,xa me chega para quitarlle o sombreiro.¡Obras son amores! e......¡Que cunda o exemplo!.

alpabarda #18 29/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Para #9

Tes toda a razón, o teu comentario paréceme moi acertado.

"...creación dun Ente Público Galego que xestionara o diñeiro público necesario para xerar emprego, investimento e desenvolvemento económico vinculado a actividade produtiva".

Menuda barbaridade que dí Encarna. Non sei por onde empezar. O problema é que se trata de asuntos serios e Encarna empezou a escribir o primeiro que se lle ocurriu. Esto non pode ser.

summertime #19 29/Outubro/2008 summertime
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Concordo coa maioría dos compañeiros en que o artigo amosa pouca preparación, e prégolle dende aquí á autora que adique algo máis de tempo no sucesivo. En canto ao fondo do debate, o que penso que hai que facer é aprender da crise e empregar os instrumentos que temos para corrixi-los excesos, pero non crear bancas públicas que rematarán sendo pasto dos políticos de turno.
-O poder público ten que supervisar e controlar dun xeito máis eficaz, promovendo unha maior transparencia do sistema (que é algo que hoxe en día sen dúbida falta).
-Ten que esixirse máis responsabilidade aos xestores, modificar o sistema de incentivos existente nas grandes empresas e dar maior poder a accionistas fronte aos xestores (especialmente o que se refire á protección de pequenos accionistas).
-Control e penalización a determinados movimentos especulativos.
-Ainda que soe a herexía neste foro, eu penso que o que hai que procurar é a reforma do capitalismo e non a mirada atrás a experimentos colectivistas ou comunistas (a socialdemocracia que algún mencionou se insire no capitalismo a fon de contas). Ainda que os ciclos económicos son algo que semella consustancial ao sistema capitalista, sí penso que se poden poñer en marcha novas medidas aproveitando esta crise para mellorar en termos de sustentabilidade e xustiza no reparto do sistema.
-Concluindo, coido que estamos ante unha boa oportunidade para levar a cabo mudanzas profundas que en épocas de estabilidade en gobernos democráticos son moi difíciles de acometer. no eido internacional, é momento tamén de cambiar institucións económicas xa caducas incorporando aos novos países emerxentes e a o terceiro mundo á toma de decisións globais. Neste senso, a crise ten de positivo que obriga a decatarse á forza do caractér global dos problemas que nos afectan.
-En canto a Galicia, penso que as receitas para sair da crise xa están inventadas e saen decote nos xornais. O dificil é aplicalas.

Xoan_da_Tolda #20 29/Outubro/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ás máis das veces non escribo, a verdade, non ter nada novo que aportar ós fios. Dous comentarios me empurran a escribir:

O comentario de Gaviotero non só está tinguido de expresións groseiras (a mala educación non ten que ver coa opción política) senon de ignorancia.

"Precisamente el excesivo intervencionismo de lo público sobre el sistema financiero está en el origen de esta crisis, con unos tipos de interés artificialmente inflados."

Ben sabido é que a crise financieira global ven precisamente da falta de intervención, supervisión en regulación do goberno dos EUA sobre os productos da Banca de Inversión (hedge funds e hipotecas subprime) e duns tipos de interés demasiado baixos durante demasiado tempo, como ven de recoñecer un tipo nada sospeitoso de socialismo coma o ex presidente da FED Allan Greespan.

"Opinador" refírese ó Artigo de Fernández Mallo. Dende que leo vieiros é un dos meus columnistas preferidos. Non entendo como os seus artigos a miúdo non teñen comentarios ou provocan debate, máis aínda cando a formación económica media (incluída a miña propia) é pésima. O outro día nunha nova sobre o (vello) novo interese por Marx ó ler os comentarios dos lectores daba a impresión de que para algúns deles (máis dos que pensaba)a economía, coma na postguerra mundial, é como un interruptor con dúas posicións comunismo/neocapitalismo, unha concepción do mundo superada mesmo polo politburó chino.

Tarelo #21 29/Outubro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A mín non me facía falta chegar a unha crise mundial para darme conta do beneficio social da xestión Pública, non só na banca, as mesmas propiedades que Encarna alude o Ente Público, serben, para a sanidade, a educación, a recollida de lixo, o abastecemento de auga, a vivenda, os servizosfunerarios, o cobro de tasas, a limpeza de edificios e locais, a seguridade, a extinción dos incendios e servizos veterinarios(SEAGA), o servizo postal, Renfe, Iberia, Astano, etc. etc. Non hai que chegar a unha crise mundial para darse conta

Tarelo #22 29/Outubro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Por que non sanidade pública?

Esta nova aparece agora mesmo neste mesmo medio.

O Sergas cobrará as peticións telefónicas de cita médica

Denuncian que persoal alleo aos centros médicos teña acceso a datos das tarxetas sanitarias e que sexa o paciente quen teña que incorrer nun gasto ao pedir cita nun teléfono 902.


"Pedir cita será máis doado a partir de agora". Así anunciaba a comezos de mes a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, o novo servizo Saúde en liña, que centraliza a cita previa de todos os centros de saúde de Galiza e que se marca como obxectivo a axilización destes trámites co Sergas. O teléfono en cuestión é o 902 007 333, un número que a Xunta de Galiza está a publicitar por diferentes medios.

Este servizo de citacións foi concedido mediante concurso a unha empresa privada, encargada de dar resposta ás solicitudes telefónicas para o persoal médico e de enfermaría de Atención Primaria. Este é o primeiro atranco que atopa a CIG-Saúde para apoiar a medida: "as privatizacións reverten nas condicións laborais do persoal e na calidade asistencial que reciben os usuarios", di María Xosé Abuín, secretaria xeral. Esta externalización "impide aos que están en lista de contratación do Sergas acceder ao emprego, cando sería o máis lóxico que fora o persoal do Servizo Galego de Saúde quen asumise este traballo". Segundo a CIG, o único que se consegue con esta privatización é "abaratar custes no canto de primar a calidade".

O paciente asume o gasto
Doutra banda, denuncian que chamar a este novo número, un 902, ten aparellado un custe que ten que asumir o usuario (o gasto que supón chamar a teléfonos con este prefixo é o mesmo ca o dunha chamada interprovincial, porén a aqueles que teñen unha tarifa plana engádeselle un custe que poderían terse aforrado chamando a un prefixo convencional). Ademais, a CIG denuncia que a Consellaría de Sanidade non está a publicitar os números aos que están asociados este 902. Así, informan que o teléfono asignado a Ourense é o 988 39 83 50; en Pontevedra, 986 80 63 50; en Lugo, 982 26 98 93 e na Coruña o 981 95 29 50.

Outras denuncias
Doutra banda, tamén denuncian a creación da empresa Galaria, ideada para xestionar o plan de infraestruturas sanitarias. O sindicato rexeita que se permita compartir con empresas privadas a financiación de proxectos, aínda máis cando Sanidade criticara o modelo de xestión de lugares gobernados polo PP.

Finalmente, lamentan que a Consellaría estabeleza que para traballar como hixienista dental no sistema público sexa obrigatorio estar colexiado, o que supón unha cota de 150 euros e que funciona a xeito de "canon" para traballar na sanidade pública. Piden que esta colexiación sexa voluntaria, como xa sucede noutros territorios do Estado. Con todas estas demandas sobre a mesa, a CIG-Saúde solicitou unha xuntanza coa conselleira, se ben xa advertiron que, de non chegar a acordos, non descartan levar as súas protestas á rúa.

Xabi1 #23 30/Outubro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ai, Alpabarda, cánto gosto da túa ironía.
Non sei se estarei diante de alguén que acredita nas palabras dos nosos políticos ou simplemente diante dun/unha persoa simple, pero boa de espíritu.

Eu non acredito no que dí ou conta Encarnación Otero. Non. Vin desfilar a varias ducias de políticos por diante do meu fociño como para me crer de boas a primeiras os seus parlamentos.
Claro que, frente a unha persoa con fe, todo isto é fútil.
Mágoa, pero aí está a Cidade da Cultura para desmentir a túa fe.
Mágoa, pero aí esté Vice Kim para comprobar cómo se pode dicer unha cousa hoxe e facer mesmo a contrária pasado mañá.
Así que, si tiver que votar para que os políticos non metan man na caixa (aclaro: para que non metan máis man na caixa), votaría Non, como cando o BNG votaba Non á Constitución... antes de se converter en partido autonomista. Ti xa me entendes.

Tino #24 30/Outubro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Negar a capacidade da democracia para a renovación nos cargos non serve de nada: segundo Xabi1, na banca privada si hai control democrático!!! pois na banca pública non o haberia.

O q pretende este comentarista Xabi1 é a anarquia total, mais non o di pq sabe q ninguén o apoiria, e quere kedar ben diante do foro.

Sexa banca pública, sexa un control governamental das caixas galegas, o q se precisa é a dedicación dos aforros dos galegos mediante estas entidades ao investimento de proxectos xeradores de riqueza no país.
Proxectos q teñan a garantia q cumpren minimamente a legalidade.
Xa temos visto os marabillosos investimentos q estas caixas teñen feito: Ence, construción enriba de praias e lugares con xacementos, por citar só dous exemplos.

Xabi1 #25 30/Outubro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Caramba, Tino. Non quero a anarquía total, só a parcial.
Polo de agora, e en tanto non acade máis apoios, procurarei escreber ben ("kedar" por quedar ou ficar, parece-me algo... anárquico).

Nego que na banca privada haxa máis controlo, afirmación que ti me pos na biqueira.

Entendo que os políticos xa fan máis ou menos o que lles peta cos cartos que recaudan vía impostos. Só así, desde a impunidade total -non en van son eles os que fan as leises-, desde a irresponsabilidade e a ausencia de responsabilidades penais, pode explicar-se que se levante tamaño monumento ao despilfarro como é a Cidade da Cultura, proxecto parido por Manolo Fraga e coidado agarimosamente polo BNG.

Non, o controlo político (digamo-lo claro, o controlo da banca por parte dos partidos políticos, non o parlamento) non garante iso que dis e pides: investimentos en áreas xeradoras de riqueza para o País. Cómo se faría iso, cómo se garante iso? Ai, pois non o sei porque vivo na anarquía de medio-pensionista mentres as masas non se decaten de que a "anarkía" total é un puro soño, tan irreal como pedir aos nosos políticos que gasten menos, que gasten mellor e, sobre todo, que unha cousa que ía custar 175 millóns de euros non custe, a día de hoxe, case 500.
Entendes agora por qué non acredito nos políticos, incluídos os de Nazón sen Estatuto de Nazón?

curruvello #26 30/Outubro/2008 curruvello
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Enhoraboa Encarna,en só 2 dias o teu artigo deu lugar a 25 comentarios, moitos deles cunha carga de envexa dos coches oficiais, mala hostia e de mala educación. Vas ben, lembra "cando o inimigo te critica e que vas na dirección correcta, si te alaba, párate, reflexiona pois algo fixeches mal. Ánimo

alpabarda #27 30/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Xabi1
Os que acreditan nos políticos son os que viven deles.

Curruvello
Es un fenómeno.

bezoucos #28 30/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A escaseza do artigo, coido que é un signo inequívoco da crise na que tamén está a esquerda. Isto é, o seu modelo SI que fracasou a finais do século XX; agora só quedan chamamentos á ética e a contención, mais nengunha alternativa, simplemente porque non a hai.
P.D.: Isto sen ánimo de molestar aos moitos comentaristas e leitores galegos que profesan estas ideas. Mais como o mundo non é branco ou negro, pois gosto de ler e participar noutras cousas aparte do "normal"...

mansdodemo #29 30/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os políticos son votados por nós;por eso están onde están.Teñen que suxeitarse as críticas negativas e positivas que lles fagamos.O que ocorre,e que debemos ser honestos,e ter xusta medida,para non facer críticas só negativas.As positivas hai subliñalas,(os que as teñan,claro).

Chousa #30 30/Outubro/2008 Chousa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xa está case todo o pescado vendido; pero ainda así eu non quedo coas tripas ben acougadas se non ceibo o meu comentario.
Apreciada Encarna: concordo contigo en algunha das reflexións sobre do consumismo voraz ao que nos abocaron os financieiros, adoecidos por gañar máis e máis. Os banqueiros foron víctimas da sua propia voráxine e xestionaron mal. Dacordo. Pero a estas alturas da representación, quén nos vai facer crer que os políticos ían xestionar mellor?.
Regulación si. Mangoneo non.

Barcelos #31 30/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Supoño que Encarna non se refire a nacionalizar a Banca, senón a crear un Banco da Xunta que emitise letras e Bonos do Tesouro galego e financiase á Xunta. O Banco Central de Galiza.

Ao non existir éste a Xunta provese bastante das Caixas galegas. Coa creación deste Banco, as Caixas estarían menos politizadas.

Paréceme unha boa idea. Os autogobernos comezan polo diñeiro. Os cataláns saben moito disto, mais non teñen un Banco Central. La Caixa fai un pouco esas funcións. Haberá que tomar como modelos aos paises federais europeos. Alemaña, por exemplo.

Non sei que dirán as autoridades monetarias europeas. Zapatero supoño que se oporá.

curruvello #32 31/Outubro/2008 curruvello
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

de curruvello para alpabarda.
.- Eu non acredito nos politicos
.- E que vostede ainda non atopou a que bicarlle os pés.
Unha viñeta de Castelao.

Opinador #33 2/Novembro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Oes, curruvello, nin envexa nin nada. O artigo de Encarna é malo en argumentos, así que non veñas ti coa tontería esa da envexa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Encarna Otero

Encarna Otero é na actualidade a Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.

Artigos anteriores en Vieiros:

Tempos de labor (15/07/2005)
Vento de esperanza (19/05/2005)
Inmensa tristeza (14/04/2005)
Crónica de Euskadi (11/04/2005)
As contas das mulleres (08/03/2005)
A Europa merecente dun si (30/12/2004)
O riso das mulleres (22/11/2004)



Máis opinións