Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil



CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Implicadas no Desenvolvemento, premio Eu Tamén Navegar

13:30 - A organización fundada por María Reimóndez destinará os cinco mil euros do galardón a previr o infanticidio feminino na India.

Novo selo para ampliar mercado

'VAC.1': inxección de calidade para o sector cárnico

10:30 - "Non saben a sorte que teñen", comentou o prestixioso cociñeiro vasco Martín Berasategui, revelando que hai anos que fai provisión en Galiza das mellores talladas. A nova marca colectiva da carne de vacún pretende relanzar o sector. Vexan o vídeo no interior.

ANIVERSARIO

EZLN: Un cuarto de século de loita pola dignidade indíxena

1

09:30 - Un 17 de novembro de 1983 cinco homes e unha muller fundaban na Selva de Lacandona (México) o que sería o xermolo do movemento político.

50,02% FRONTE A 49,98

Martine Aubry é elixida líder dos socialistas franceses por 42 votos

09:45 - O equipo da súa rival, Ségolène Royal, protesta e pide unha nova rolda de votacións no seo do partido.

PREELECTORAL

PSdeG e PPdeG preparan a designación dos seus candidatos á presidencia da Xunta

17:00 - Os socialistas dan os primeiros pasos no Comité Federal do PSOE, mentres Núñez Feijoo terá a súa aclamación o domingo en Compostela.

MOVEMENTOS ACCIONARIAIS

Quintana: "Abandonemos esa economía especulativa de casino"

17:25 - O vicepresidente da Xunta pediu unha reacción do goberno español fronte ao anuncio da compra de Repsol por Lukoil e amosou a súa preocupación "polos traballadores antes que polos bancos"....

Campaña de WSRW no Sáhara Occidental

O Grupo Calvo marcha de El Aaiun ante a presión dos activistas saharauís

1

19:40 21/11/2008 - A empresa carballesa esgrime motivos económicos, aínda que este ano vai obter un beneficio neto por riba dos dous millóns de euros.

DOMINGO 23, ÁS 08.30

O Baixo Miño acolle o campionato galego de maratón

18:45 - O Club Atletismo de Tui organiza o Maratón do Baixo Miño, que volve coincidir co campionato galego de maratón.

CONTRA AS POLÍTICAS CONSERVADORAS

Nace o Partido Australiano polo Sexo

3

11:20 - A organización defende a inclusión dunha materia sobre sexualidade nas escolas, a redución da censura ou a legalización do matrimonio homosexual.

CONTRA A FAME

A mandioca volve alegrar as mesas de África

12:20 - As melloras nas sementes permitiron acoutar o virus que estragaba nos últimos anos as colleitas.

PARTEN CON DESVANTAXE

Os Vallejo viaxan a Madrid a polo estatal de rallys

10:15 - Sergio é o piloto e Diego o copiloto deste equipo que buscará no rally Shalymar o seu primeiro campionato estatal.




XX aniversario Galiza Nova

Culturgal 08


Sons da Diversidade - Aynur
Beizóns don Isaac Xornadas Internacionais de Economía



Outros canais


Futuro das Comunicacións xornal pontevedra