 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
  |
 |
 |
|
Así foi 2001...
O que pasou na rede:
|
|
 |
|
ASÍ FOI O 2001: A REDE EN GALICIA
A rede en Galicia evolucionou ao mesmo ritmo que todos os sectores da sociedade galaica: avanza timidamente, pero segue moi lonxe de acadar niveis de converxencia co resto do Estado, e moitos menos con Europa. Os últimos datos do EGM, correspondentes aos meses de outubro e novembro de 2001, volve a deixar o noso país como o terceiro pola cola en acceso a Internet das comunidades do Estado. Mentres a media está no 21,2% de persoas conectadas, Galicia ten por cifra o 14,6%, só superada á baixa por Estremadura (14%) e Castela-A Mancha (12,3%). Estes datos pódense completar co Perfil do Internauta Galego que elaborou Eganet e Pegaso.org.
Tamén hai que dicir que, segundo un informe do Eurostat, a axencia estatística da UE, o Estado español é o último dos Quince en investimentos no sector das tecnoloxías da información.
Iso si, foron aparecendo webs, novos medios e novos portais de cada vez de máis calidade. Aínda que o que se refire a comercio electrónico o ermo continúa e a falta de proxectos ambiciosos e con continuidade é, a cada paso, máis grave. Velaquí mostrámosvos, mes a mes, o que foi acontecendo na rede galega:
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XANEIRO
- Aparece Enxogo.com, o buscador do deporte galego, desenvolvido pola empresa viguesa mAs Impacto.
- Eganet (Empresas Galegas Adicadas a Internet) denuncia a competencia desleal que están a exercer varias institucións públicas galegas no sector.
- Valedor do Pobo estrea páxina web.
- Preséntase XaneladaCultura.com, a web con información cultural do Observatorio Urbano do Eixo Atlántico, que se vén a engadir ao portal Xanela.
- Nace XadrezGalego.com, da man dun grupo de afeccionados da zona de Vigo.
- O Consorcio da Zona Franca de Vigo presenta WorldFishSite.com, o portal do peixe en Internet.
- O Celta de Vigo deixa de ser o único equipo de Primeira División que non ten web oficial.
- O Banco Pastor presenta un novo portal dirixido aos mozos de todo o Estado comprendidos entre os 16 e os 28 anos, Pastorclic.com.
- Aparece SoloMountainBike.com.
- I Olimpiada Informática Galega , organizada polo Concello da Coruña e pola Facultade de Informática.
- Tarifa fixa de R a tempo particulares: 3.100 pesetas.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
FEBREIRO
- Nace a lista de correos Galiza Leste, onde se pretende discutir a problemática da Galicia Irredenta.
- Rodrigo Romaní estrea web oficial.
- Notas no computador en galego: traducción ao galego dun pequeno programa de pequenas notas para poñer no escritorio do computador, a xeito de "postits" electrónicos para non esquecer as cousas. Chámase ATnotes.
- O Consello da Avogacía Galega vén de estrear fermosa e funcional web.
- O Consorcio da Zona Franca de Vigo anuncia que vai destinar 2.000 millóns de pestas para crear o Instituto da Sociedade da Información e do Coñecemento.
- Galego.org esmorece e logo sálvase: a Xunta deixou de apoiar este proxecto pioneiro na rede e Vieiros colleuno como propio e fixo un canal de noticias que se actualiza varias veces á semana.
- Vieiros fixo o 24 de febreiro de 2001 cinco anos na rede e agasallou aos seus lectores cun Bemposto, un autocorrector para Word.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
MARZO
- Na Universidade de Vigo, coa entrada no segundo cuadrimestre, veñen de comezar as primeiras clases por Internet na que participan as Facultades de Económicas e Empresariais .
- O proxecto Pegaso de promoción das novas tecnoloxías na área de Vigo vén de reconverter a súa web e idea inicial para crear unha publicación con noticias tecnolóxicas.
- Nace Psikia.com, un portal realizado na Coruña que trata sobre temas de psicoloxía e psicoanálise.
- O Concello de Vigo vén de estrear un diario electrónico no que se informa das actividades promovidas pola corporación municipal.
- Chega o Gatipedro, un boletín de noticias con moita coña e moita "chicha" confidencial. Foi perdendo gas co tempo.
- Altavista estrea versión galega.
- Celébrase o I Campionato Galego de Xadrez por E-mail que organiza a Asociación Deportiva Xiria de Carballo.
- A Consellería de Familia presenta o programa "Pérdelle o medo a Internet", unha iniciativa para achegarlle a rede ás mulleres do rural.
- O venres 30 de marzo celebrouse no Cesga o "Last Friday", un foro de discusión e aprendizaxe para todas as persoas interesadas na Internet galega.
- Javier Represas, elixido novo presidente de EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet).
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
ABRIL
- Do 6 ao 8 de abril celebrouse en Santiago Xuventude Galicia Net, unha e-party que reuniu un milleiro de afeccionados á informática.
- Estréase a web da Cidade da Cultura de Galicia, o macroproxecto cultural do Monte Gaiás que vai realizar o arquitecto norteamericano Peter Einsenman.
- Google vén de ser traducido ao galego por Luís Touriñán.
- A Universidade de Santiago estrea Campus Virtual.
- O portal CulturaGalega.org presenta unha pequena colección de poemas titulada Novas voces da poesía: escolma de textos de varios autores novos acompañada das súas propias voces.
- Isabel Vaquero e Daniel Romero, autores tamén do libro sobre a Internet en Galicia, "Da periferia á Rede", inauguran tamén unha páxina chamada Redada.
- A Xunta, en colaboración con outras entidades, crea o Observatorio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
- Laureano Oubiña xa ten web dominio propio na rede.
- As pemes poderán obter un desconto mínimo do 40% na adquisición de equipos de telecomunicacións, segundo un acordo de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e os fabricantes e operadores de novas tecnoloxías da comunicación.
- Un fan de Cristina Saavedra, a popular presentadora galega de Antena 3, mantén esta web: CristinaSaavedra.com.
- Fraga e Alierta, o presidente de Telefónica, prometen estudiar unha solución para o problema dos TRAC no rural galego.
- Créase o Foro da Sociedade da Información, con SI-Galicia.org como web, un organismo creado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia, Caixa Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia.
- Outra e-party en Taboada do 28 ao 30 de abril.
- Máis escritores "on line": ManuelSeixas.com e MaresdeSinbad.org, de Rafa Villar.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
MAIO
- Outro poeta con web de seu: Eduardo Estévez e a súa lúa gris.
- Porno e letras para o 17 de maio: Necesariamente X, unha experiencia porno-literaria de Camilo Franco en Vieiros.
- Máis para as Letras Galegas: Especial de Vieiros, que lle rendeu homenaxe a Eladio Rodríguez buscando a palabra favorita dos galegos.
- O Concello de Santiago ofrece baixar o xogo educativo multimedia "O Misterio das Sete Pezas", en galego.
- A CRTVG estrea nova faciana na web, con moita máis información e en moitas linguas.
- Un par de mozos de Vigo publicaron na web adicada ao hacking UNR.com o software que utiliza Terra para o seu chat.
- Sae o primeiro número de A Contrafío, un dos abandeirados da liberdade da prensa en Internet. Información alternativa e antigobernamental para quen estea disposto a asimilala.
- A web do Centro de Estudos Fotográficos de Vigo cambiou o seu deseño e contidos, vendendo tamén algunhas das súas obras en liña.
- Quenequen.com na Internet galega: onde podes atopar información sobre as persoas e empresas adicadas á rede no noso país.
- Cinco anos da revista Çopyright, dirixida polo profesor da Universidade da Coruña, Celso Álvarez Cáccamo.
- Bolsa de emprego en CIMO.
- O Opera 5.02, en galego gracias aos mozos e mozas de Galego21.org.
- 2º Foro de Comercio Electrónico, celebrado o 29 de maio.
- R presenta o seu portal B2B:
- Preséntase Bravú.net: un portal de cultura alternativa. Sóbralle calidade.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XUÑO
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XULLO
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
AGOSTO
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
SETEMBRO
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
OUTUBRO
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
NOVEMBRO
- Do 1 ao 4 de novembro celébrase no Coliseum da Coruña a Arroutada Party 9.
- Ángel Viña, profesor de Informática da Universidade da Coruña e presidente de ISOC-Galicia, vén de ser elixido polos diferentes representantes dos capítulos desta organización no Estado como vindeiro presidente do órgano europeo da ISOC.
- O SERGAS estrea o seu servicio de citas de atención primaria.
- O estaleiro Factorías Vulcano de Vigo retransmitiu en directo a botadura do barco "Mar Adriana" dende a súa web.
Arriba
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
DECEMBRO
O que aconteceu no mundo | O que aconteceu en Galicia | A rede no mundo
« Vieiros
|
 |
|