 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
  |
 |
 |
|
Así foi 2001...
O que pasou na rede:
|
|
 |
|
ASÍ FOI O 2001: A REDE NO MUNDO
O 2001 foi o ano despois do "bluff" da Internet en todo o mundo. O 2000 fora o ano do fracaso das "puntocom" logo da macroespeculación financeira e a sobrevalorización de calquera valor en bolsa que tivese algo que ver en Internet. No 2001 a xente e os proxectos en rede empezaron a poñer os pés no chan e a recoñecer que a nova e-conomía baséase nos mesmos criterios que a economía tradicional.
Os proxectos que resistiron á crise aínda non están a salvo, pero o mercado estáse a clarificar. Para ben e para mal. Para ben porque os proxectos "pantasma" que só buscaban gañar cartos en pouco tempo afundiron. Para mal porque ao final o control da maioría dos contidos da Internet segue en mans dos mesmos: as multinacionais e os grandes grupos de poder.
O paradigma da derrota da Internet como revolución da liberdade foi o caso Napster, que perdeu a batalla contra as grandes discográficas. E a partir do 11-S o gran debate e reivindicación dos sectores máis "progres" do movemento internauta foi a loita pola privacidade e as liberdades individuais na rede, que están a ser ameazadas pola paranoia de control de datos que se produciu despois dos atentados de Nova York.
No caso do Estado español, o feito máis importante foi a mobilización anti-LSSI, un proxecto de lei da ministra Birulés que puxo na súa contra á maioría dos internautas.
Velaquí podedes ler, mes a mes, os feitos máis importantes que aconteceron arredor do mundo da Internet.
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XANEIRO
- O navegador Opera presenta versións nas linguas célticas: galés, bretón, gaélico irlandés e gaélico escocés.
- A revista "gurú" das novas tecnoloxías, Wired, vén de estrear versión en portugués e en español.
- Debátese sobre a Internet no Foro Económico Mundial de Davos.
- Napster alíase con Bertelsmann despois de moitos problemas legais coas "majors" da música e anuncian que o servicio vai ser de pagamento.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
FEBREIRO
- A rede segue a ser o lugar onde se publica o que se censura noutras canles. Puidemos ver o documental polémico de Telemadrid "Los caminos de Euskadi" ou o vídeo "El negocio de mentir", de Ardi Beltza, polo que a xustiza meteu na cadea ao seu director, Pepe Rei.
- Ataca un novo virus, o Anna Kournikova.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
MARZO
- Sentencia definitiva contra Napster. Unha xuíza deulle unha marxe de tres días para quitar toda a música con "copyright" do seu servidor.
- Virus "Naked Wife".
- Un mozo holandés emprende unha viaxe "polo morro" por todo o mundo pedíndolle á xente que o deixe quedar un día na súa casa: Letmestayforaday.com.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
ABRIL
- Créase MusicNet, alianza das "majors" pola música en rede para loitar contra os fenómenos tipo Napster. Formada por AOL Time Warner, Bertelsmann e EMI.
- Novo virus con anzó sexual: Matcher.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
MAIO
- A mellor solución para os idealistas preguiceiros: ManifestacionVirtual.com, unha web onde calquera pode convocar unha mobilización do que queira ou apoiar as xa organizadas por outros.
- A Universidade de Oxford vai abrir o primeiro Instituto de Internet do mundo, un departamento multidisciplinario que vai investigar sobre a rede e o seu impacto na sociedade.
- Comeza a campaña anti-LSSI da man de Kriptópolis, o portal sobre seguridade informática.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XUÑO
- Especial LSSI en Vieiros: un resumo do ante proxecto de lei, a opinión de todas as partes implicadas en Galicia.
- Microsoft acabou gañando: A Corte de Apelacións vén de anular a sentencia antimonopolio do polémico e longuísimo xuízo contra Microsoft pola que tiña que dividir a empresa.
- O Parlamento Europeo investiga Echelon, a rede de espionaxe que mantén Estados Unidos, Gran Bretaña e Australia.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XULLO
- Entrega dos Webby Awards, os Oscar da Internet
- O virus de moda... chámase SirCam.
- Comeza o prerrexistro de dominios .info.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
AGOSTO
- Microsoft anuncia o Internet Explorer 6 e logo Netscape lanza o Netscape Communicator 6.1.
- Poden comezar a rexistrarse os dominios .name.
- O réxime talibán prohibe o uso da Internet en todo Afganistán.
- Intel reaxe cun chip de 2 xigas, a versión máis avanzada do Pentium 4.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
SETEMBRO
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
OUTUBRO
- Botan a andar os dominios .biz (empresas e comercio electrónico) e .info.
- Apple presenta iPod.
- Microsoft presenta en Nova York o seu novo sistema operativo: Windows XP.
- Chega Lindows, un híbrido do Linux e Windows.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
NOVEMBRO
- Celébranse as primeiras Ciber Olimpiadas.
- O uso das "cookies" é unha intromisión na privacidade persoal. Esa é a conclusión do Parlamento Europeo.
- BadTrans, un becho espía.
- O debate da LSSI no Congreso adíase ata febreiro de 2002.
- Os cíber en perigo: O Ministerio de Interior vén de propoñer a través da Comisión Nacional do Xogo incluír os cibercafés no novo Regulamento de Máquinas de Xogo e Salóns, o que supón que estes establecementos terían que cumprir unhas normas moi estrictas.
- A ONU vén de crear un novo grupo de traballo que se vai adicar a estudiar a utilización das novas tecnoloxías para loitar contra a pobreza no mundo.
Arriba
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
DECEMBRO
- Anúnciase a creación do portal Yahoo en catalán.
- O Papa Xoán Paulo II envía un e-mail ante a atenta ollada de todo o mundo.
- Un estudiante do prestixioso MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachussets) publicou na súa web o código interno da consola de Microsoft, Xbox.
- Textos da época da Perestroika na rede a través da web da Fundación Gorbachov.
- O Recortes, a mellor e máis veterana web portuguesa sobre tecnoloxía, anuncia o seu peche por problemas económicos.
O que aconteceu no mundo | O que aconteceu en Galicia | A rede en Galicia
« Vieiros
|
 |
|