Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: accidentes

22/Marzo/2008 /

Só en febreiro houbo 4.730 accidentes laborais, 1.213 máis có mesmo mes de 2007

A Consellaría de Traballo informou este sábado das cifras oficiais no noso país. No mesmo mes do ano pasado, o número de sinistros foi de 3.517.


31/Xaneiro/2008 /

Fronte ao aumento da sinistralidade laboral Traballo multiplicará as inspeccións

Haberá aumento do número de inspectores e da actividade destes, especialmente no sector da construción e do mar.


2/Xaneiro/2008 /

O balance de 2007 remata con aumento de mortes nas estradas

Mentres a nivel estatal se rexistran os mellores datos dos últimos corenta anos, en Galiza o ano conclúe con dous falecidos máis respecto ao ano anterior: 266 mortes en accidentes de tráfico.


19/Decembro/2007 /

Outra vez as estradas máis perigosas

Até sete puntos por riba da media estatal en canto a treitos de perigo na rede de estradas, segundo o informe do Real Automóbil Club, RACC. Galiza é un dos poucos lugares onde se incrementou o risco de sufrir un accidente.


21/Setembro/2007 /

Así é o coche intelixente que quere Bruxelas

Os automóbiles 'falarán' coas estradas e con outros automóbiles para alertar aos condutores de perigos na ruta


8/Agosto/2007 /

Aumentan os accidentes laborais respecto ao verán de 2006

Os accidentes laborais con resultado de morte aumentaron en Galiza en xuño deste ano con respecto ao mesmo mes de 2006, sinala CCOO-Galicia.


23/Xullo/2007 /

Un morto e 29 feridos nas estradas durante a fin de semana

As saídas de vía nas esvaradías estradas foron a principal causa de accidente este domingo. Os sucesos deixaron un falecido e 18 feridos graves.


23/Marzo/2007 /

Os seguros de coche en Galiza son os máis caros do Estado

Os condutores galegos son os que máis pagan do Estado polo seguro dos seus vehículos. Un estudo elaborado polo Real Automóbil Club Vasco-Navarro determina, ademais, que as dúas provincias cos prezos máis elevados son Pontevedra e A Coruña.