O CGAC cumpre 15 anos cun conxunto de actos encabezados pola mostra 'Situación'. Tempo de facer balance e mirar cara ao futuro.
Exponse a obra de seis artistas novos do país: Mónica Cabo, David Ferrand Giraut, Enrique Lista, Carlos Rodríguez-Méndez, Rubén Grilo e Rubén Santiago.
Algunhas das actividades, que en xeral incidirán na participación dos cidadáns, servirán para facer unha reflexión retrospectiva sobre o centro de arte.
O filme de Margarita Ledo, que recrea a vida do histórico líder comunista galego, foi seleccionado para o certame, que terá lugar en maio.
O Centro Galego de Arte Contemporánea proxectará a partir do 4 de marzo un programa de filmes relacionados coa música e o son.
Hai sempre indignidade no acto de falar polos outros, estimaba o filósofo Michel Foucault. Tampouco María Ruído pretende dar voz ou representar os vencidos da Guerra Civil española. Así e todo, no Plan Rosebud darían atopado, eles e nós, unha caixa de ferramentas contra o poder da memoria colectiva. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Cristina Silva.
Durará até 2009 mercé ao Proxecto Edición, do CGAC. O Plan Rosebud quere cepillar a contraxeito as políticas da memoria. As súas servidumes, pantasmas e mecanismos de representación. E os lugares de lembranza, coma na instalación videográfica A escena do crime, primeira pedra da investigación. Contra o despotismo do relato épico, María Ruído decidiu espigar fragmentos, ler nas arruínas. Unha reportaxe de Aurelio Castro.
Cartografías da escoita. Son e lugar reúne en Compostela entre o martes e o xoves a oito artistas sonoros e investigadores.
A mostra, que recolle o máis destacado da videocreación galega dos anos oitenta, poderá verse en Compostela até o mes de abril.
Imaxinarios en Tránsito proxectará 14 filmes coas transicións á democracia en Alemaña, Arxentina, Chile e o Estado Español de fondo
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle dende este venres e até febreiro unha mostra que percorre toda a obra do pintor vigués
Fica dende os 60 en primeira liña da batalla dos xéneros. E veu ao CGAC para corresponder a exposición vixente sobre arte feminista coa súa obra serodia, outra volta fotomontaxes do privado coa política exterior dos EE UU. Nin crenza humanista nin tampouco cinismo contemporáneo, Martha Rosler pídelle aínda ás imaxes intersticios pensantes, reflexividade e novos valores de uso, alén do museo. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Tamara de la Fuente.
O Centro Galego de Arte Contemporánea centra o seu interese nos autores latinoamericanos e a videocreación galega dos anos oitenta
Os dous creadores galegos residentes en Barcelona participan nesta mostra colectiva incluída no Proxecto-Edición.
A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural destina unha partida económica de 48.000 euros a este tipo de axudas.
Por primeira vez, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural crea bolsas sobre este patrimonio. A iniciativa foi aprobada no Consello da Xunta.
Ademais de gozar da mostra dun dos pioneiros da videocreación, Ignacio Pardo, tamén podemos achegarnos ao CGAC para reflexionarmos sobre o papel da crítica de na era dixital nuns seminarios.
Os concertos das diferentes salas galegas, o festival Panxea en Carballo e a nova mostra do CGAC son algunhas das propostas desta semana festiva.
O obradoiro Espazo de proxectos. Liñas paralelas que se cruzan ofrece estratexias para o desenvolvemento de experimentos visuais a partir de elementos da vida diaria.
Do mércores 7 ao venres 9 de marzo o equipo de arquitectos Ecosistemaurbano vai impartir o obradoiro Terapia urbana. Arquitectura sustentábel? no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela. A actividade pretende entender os espazos públicos como lugares comúns e analizar as bases dunha arquitectura que teña en conta criterios ecolóxicos.