Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: creatividade

10/Xuño/2007 /

"Constrúo a amizade com uma Ponte nas Ondas"

Así o escribiu Teresa, alumna dunha escola portuguesa que participou no certame de creación. Rapaces e maiores achegaron a súa creatividade.


22/Maio/2007 /

Para o día despois

A campaña para o 27-M ten no urbanismo salvaxe un dos seus puntos álxidos. A desfeita non só danou o noso espazo natural, nin unicamente lle puxo cerco de formigón ás rías, acelerou a voluptuosidade especulativa dos reis do mambo inmobiliario, e forzou a carestía da vivenda. Someteu tamén a sospeita pública a tódolos actores políticos e sociais que teñen algo que ver con ela. Adiantamos o editorial do nº 120 da revista TEMPOS Novos.


21/Maio/2007 /

Mulleres e xenias

A historia turra por relegalas ao papel de musas. Elas reivindícanse como xenias. Dende a literatura, o teatro, o audiovisual, a música ou as máis diversas facetas da arte, as mulleres están a arriscar e innovar. Mais non xogan en pé de igualdade. Unha reportaxe de Belén Puñal.