Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: elena-salgado

23/Xuño/2008 /

Transferencias competenciais: só catro das últimas nove prometidas

Fanse efectivos os traspasos do Parque das Illas Atlánticas, o persoal do Hospital de Defensa de Ferrol, a expedición de títulos académicos non universitarios e a declaración de utilidade pública das asociacións.


24/Outubro/2007 /

Quintana di que hai "probas documentais" do traspaso de Salvamento Marítimo

O vicepresidente da Xunta afirma que hai un "acordo político" que figura nas actas das comisións informativas organizadas no mes de xuño.


24/Outubro/2007 /

O PNV pide que as escolas do Estado ensinen catalán, éuscaro e galego

Esíxelle ao goberno español "un compromiso co plurilingüismo". Elena Salgado defende que as "linguas cooficiais" están "nun dos seus mellores momentos".


23/Outubro/2007 /

Transferencia de Salvamento Marítimo? A galega Salgado di que non

A ministra galega no goberno español non ten constancia "escrita" de ningún compromiso pechado polo seu antecesor, Jordi Sevilla. Ademais, afirma, "non está transferida a ningunha comunidade".


24/Setembro/2007 /

O goberno español segue sen fixar data para o traspaso de novas competencias

O vicepresidente Anxo Quintana sinala que o prazo para que o Estado transfira as seis competencias comprometidas chegou á "liña vermella" e está "a piques de cruzala".