Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: literatura

hai 4 dias /

Unha semana chea de poesía e de letras galegas en Barcelona

Alfredo Conde, María do Cebreiro e Suso de Toro no Día das Letras e, participando na Semana Barcelona Poesía: Pura Salceda, Xiana Arias, Iria Fernández, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xoana López García.


21/Abril/2008 /

Convocada a segunda edición do concurso literario "Contos no Mediterráneo"

O certame, dirixido a estudantes de galego ou portugués nos territorios de fala catalá, conta cun primeiro premio de mil euros.


28/Xaneiro/2008 /

Un estudo italiano destaca a Estíbaliz Espinosa como novo talento europeo

A Universitá degli Studi di Roma la Sapienza publicou un volume sobre os novos escritores máis representativos de toda Europa.


23/Xaneiro/2008 /

'Il club della calzetta': María Reimóndez chega a Italia.

A escritora luguesa vai publicar a súa obra baixo o selo de Gran Vía Edizioni e na primavera sairá tamén en español a través da editorial Algaida.


16/Decembro/2007 /

A 'Institució de les Lletres Catalanes', cara á súa refundación

O Instituto Ramón Llull, o Instituto Catalán de Industrias Culturais e o Consello da Artes foron restándolle competencias a este órgano nacido en 1937.


11/Decembro/2007 /

Arte e solidariedade reúnense no 'Implícate 07'

Chega a terceira edición do festival e desta vez faino cheo de música, danza, artes escénicas e literatura.


4/Decembro/2007 /

Aberto o prazo para o I Concurso Literario 'Poeta Antonio Fernández Morales'

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta e o Concello de Cacabelos fixeron públicas as bases da primeira edición deste certame literario en lingua galega.


28/Novembro/2007 /

Finalizan as I Xornadas Virtuais de Literatura

O mércores 28 ten lugar a derradeira conferencia das I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG, coa intervención de Óscar Sánchez e Mercedes Queixas


23/Novembro/2007 /

Dúas beiras: cinema e literatura, Galiza e Portugal

'Letras na Raia' dedica a súa terceira edición ás relacións entre cinema e literatura. O sábado estrearase a tv movie A Mariñeira, de Antón Dobao sobre texto de Darío Xohán Cabana


4/Novembro/2007 /

Galeusca aspira a crear unha entidade xurídica común

As xornadas remataron co compromiso de facilitar o achegamento entre as literaturas galega, catalá e vasca.


1/Novembro/2007 /

O imaxinario como inspiración nas literaturas galega, catalá e vasca

Escritores dos tres países falaran até o vindeiro día 4 sobre as fontes de inspiración literarias con motivo da XXIV edición de Galeusca.


Uxío Novoneyra
31/Outubro/2007 /

A rede tamén promociona a Novoneyra para o Día das Letras de 2010

Con motivo do oitavo aniversario do seu pasamento, un grupo de amigos e seguidores do poeta do Courel están a organizar unha campaña para recoñecer o seu labor a prol do galego.


25/Outubro/2007 /

Os Premios Xerais 2007 chegan ás librarías

O Premio Xerais de Novela, o Premio Merliño de Literatura Infantil, o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e o finalista chegan aos andeis en edicións acartonadas.


24/Outubro/2007 /

Miro Villar gaña o Premio Pura e Dora Vázquez

O escritor de Cee faise coa quinta edición deste premio ourensán de literatura infantil e xuvenil coa obra O nariz de Fiz.


16/Outubro/2007 /

Doris Lessing, unha Nobel con MySpace

A escritora británica conta cun espazo no portal xeralmente asociado a grupos musicais e usuarios adolescentes.


9/Outubro/2007 /

Traducir literatura galega ao ruso

Con este título, Elena Zernova falará nunha conferencia en Barcelona sobre a súa experiencia como tradutora do galego e outras linguas peninsulares.


3/Outubro/2007 /

A nosa produción literaria, no Liber de Barcelona

A Consellaría de Cultura e Deporte, en colaboración coa Asociación Galega de Editores, organiza o expositor que ficará alí até o venres 5.


1/Outubro/2007 /

O libro galego ábrese ao mundo

A Consellaría de Cultura levará as empresas editoriais galegas a sete eventos no exterior.


28/Setembro/2007 /

Cultura participa por primeira vez na XXX Feira do Libro do Uruguai

Galiza será o único país non americano que contará cun espazo propio na mesma.


13/Setembro/2007 /

Mario Regueira: "O papel da nosa produción literaria é unha eterna promesa"

A novela preséntase en Barcelona na Galería Sargadelos este sábado 15 coa presenza do autor, nun acto organizado por Espazo Galego. Unha entrevista de Ângelo Pineda.