Os medios de comunicación difunden imaxes do mundo, como as que seguen, unha visión do planeta desde diferentes medios con distintas tendencias
A falla de servicios mínimos no transporte de viaxeiros por estrada sume a Ferrol nun caos no segundo día de folga no sector. Numerosos escolares quedaron hoxe na casa, por segundo día por carecer de transporte escolar. Os traballadores do sector denuncian o excesivo número de horas que teñen que estar a disposición da empresa, nalgúns casos, dazaseis.
A Xunta de Xuíces de Lugo ratificou a súa postura favorable á supresión das vistas por causas penais que estaban a facer nos partidos xudiciais da provincia. Se como semella, a decisión dos xuíces lucenses é atendida polo Tribunal Superior de Galicia, as persoas involucradas coma encausados, peritos ou testemuñas nos procesos penais terán que se desprazar ata Lugo capital para acudir ó xuizo.