Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: nestor-kirchner

24/Xaneiro/2008 /

Queren investigar a riqueza dos Kirchner

Unha deputada pola Coalición Cívica anunciou que o seu partido pedirá unha comisión lexislativa para investigar o "aumento do patrimonio" do ex presidente Néstor Kirchner entre o período 2003 e 2007.


30/Decembro/2007 /

Kirchner viaxa a Colombia para garantir a vida dos reféns das FARC

O ex presidente arxentino e o ministro de Exteriores partiron este xoves cara á selva colombiana, no marco do operativo para a liberación de tres dos cativos en poder da guerrilla. Unha crónica de Débora Campos.


7/Setembro/2007 /

"O FMI tivo unha intervención catastrófica na Arxentina"

Non foi dito por un adversario do organismo internacional senón, pola contra, o candidato máis forte a dirixilo logo da dimisión de Rodrigo Rato. Unha nova crónica de Débora Campos dende Bos Aires.


9/Agosto/2007 /

"Un crecemento envexable"

A vicepresidenta Fernández de la Vega louvou esta semana "as cifras envexables de crecemento" que mostra a economía arxentina. Unha crónica de Débora Campos.


20/Xullo/2007 /

A ministra de Defensa arxentina, imputada por contrabando de armas

Acúsana de vender 6.739 kilos de partes de fusís a un empresario arxentino residente nos EUA por un prezo moi baixo.


17/Xullo/2007 /

A ministra arxentina de Economía renuncia por sospeitas de corrupción

Presentou a súa dimisión polo escándalo que desatou unha bolsa con cartos non declarados que foi atopada no seu despacho. Unha crónica para Vieiros de Débora Campos.


Cristina Fernández. Foto: NA
2/Xullo/2007 /

A muller de Kirchner quere ser presidenta

Se gaña, como adiantan as enquisas, converteríase na segunda muller en chegar á Casa Rosada. Crónica de Débora Campos.