Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: olimpicos-galegos

10/Xullo/2008 /

Os atletas estatais loitarán polos últimos pases para Beixín en Vigo

Será no Campionato Estatal de 10 mil metros. É a oportunidade de Dacal de conseguir o seu billete; a última dos fondistas.


3/Xullo/2008 /

Lolo Penas queda a 27 segundos de Beixín

O atleta coruñés foi cuarto na proba que lle armou a Concellaría de Deportes en Elviña. A marca precisa (13.21.50) para obter o pasaporte para as Olimpíadas non chegou.


30/Xuño/2008 /

David Gómez e Lolo Penas, a pola mínima olímpica

Este mes que entra os dous atletas han procurar o pasaporte para Beixín 2008. O vindeiro 29 de xullo a Federación Española dará a coñecer os nomes dos escollidos.


26/Xuño/2008 /

Xa hai seis deportistas galegos con 15 mil euros no peto

Son David Cal, Pablo Cimadevila, Fernando Echávarri, Antón Paz, Gómez Noya e Chano Rodríguez.


25/Xuño/2008 /

A medalla de ouro anda a 94 mil euros no mercado estatal

O Comité Olímpico desvelou a contía dos premios que poderían gañar, entre outros deportistas galegos, Gómez Noya ou David Cal.


Iván Raña
23/Xuño/2008 /

Volve Raña

O triatleta foi cuarto na Hy-Vee Copa do Mundo de Triatlón de Des Moines (EUA). É o mellor resultado do ordense no que vai de ano, a falta de dous meses para as Olimpíadas.


21/Xuño/2008 /

"Nós tamén representamos o país, pero cústanos moito máis conseguir un patrocinio"

Xoga esta fin de semana no Open Internacional de Cambre, con algunhas das figuras deste deporte. Está a piques de engordar a listaxe de olímpicos galegos.


18/Xuño/2008 /

Zunzunegui e González fican sextos, perdendo a oportunidade de ir a Beixín

A parella galega entrou de última na final de duplo scull lixeiro. Só se clasificaban para as Olimpíadas as dúas primeiras embarcacións.


17/Xuño/2008 /

"Para que a xente coñeza, recoñeza e valore a traballo dos deportistas galegos"

Estas eran as verbas da directora xeral para o Deporte, Marta Souto, na presentación da campaña O Leite do Deporte Galego, coa que Feiraco e Os Bolechas apoian os olímpicos do país.


17/Xuño/2008 /

Zunzunegui e González métense na final do preolímpico de remo

Reman esta cuarta feira de mañá no seu duplo scull, na Regata Preolímpica de Poznan (Polonia). Só os dous primeiros consiguen o pasaporte directo para Beixín.


6/Xuño/2008 /

Vai ser Perucho

Finalmente a Federación Española de Piragüismo optou pola parella formada polo galego Carlos Pérez e o catalán Saúl Craviotto para cubrir a praza gañada polo K-2 para Beixín 2008.


Santi Pérez
4/Xuño/2008 /

Santi Pérez vai estar este ano en Beixín

A federación recoñeceu a marca mínima do marchador. Os demais olímpicos galegos son: Gómez Noya, Raña, Paz, Echávarri, Aguilar, Molares, Portela e Cal.


30/Abril/2008 /

A 100 días dos Xogos seis galegos xa teñen o seu pasaporte olímpico

Son Gómez Noya e Iván Raña, David Cal, Echávarri e Paz e, se o confirma a Federación Española de Atletismo, Sandra Aguilar.


4/Marzo/2008 /

David Cal e Echávarri e Paz han cobrar a bolsa máxima para Beixín 2008

Xunto con eles outros sete deportistas individuais do Estado Español e máis a selección de baloncesto han ter as axudas meirandes para facer un bo papel nos XXOO.