Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: patronal

25/Outubro/2008 /

As pequenas e medianas empresas galegas traballan xuntas na procura de saída comercial

Este sábado desenvolveuse o Encontro da Empresa Galega, unha xuntanza entre empresariado do país, estranxeiros e a administración para buscar vieiros de colaboración dunha e outra beira do Atlántico.


25/Outubro/2008 /

Encontro da empresa galega: a patronal intercambia coñecementos

A Rede Galega de Empresas organiza esta xuntanza entre o empresariado galego coa administración, por un lado, e con empresarios de fóra do noso país, polo outro.


20/Outubro/2008 /

A taxa do paro no Estado podería ser a máis alta da UE a finais de ano

Na situación actual de crise, os que terminan apertando o cinto son os traballadores e os donos de pequenas empresas que non poden seguir a flote. Vieiros falou sobre o que poderá acontecer en poucos meses con empresarios e sindicatos.


25/Setembro/2008 /

A patronal española pide despedimentos máis baratos "para loitar contra a crise"

O seu presidente, Gerardo Díaz Ferrán, asegurou este xoves en Compostela que é prioritario "flexibilizar" o mercado laboral.


Acordo pola Competitividade
7/Xullo/2008 /

Acordo pola Competitividade: 300 medidas que a CIG di "subvencionan o empresario"

"Semella que o único xeito de ser competitivos é aumentando a explotación directa sobre o traballador", afirman os nacionalistas.


16/Decembro/2007 /

Sindicatos e patronal póñense de acordo e defenden a enerxía nuclear

A CEOE e a UXT e CCOO coinciden nas súas reclamas, preocupándose, por unha banda, polo futuro enerxético, e pola outra polo futuro industrial do Estado.


22/Outubro/2007 /

As aseguradoras inclúen na súa web un programa que calcula a esperanza de vida

Podiámoslle preguntar a unha xoaniña os anos que iamos botar casados ("Rei, rei, casarei... cantos anos durarei?). Agora, na páxina da patronal das aseguradoras podemos mirar os anos que imos vivir.


12/Xullo/2007 /

A CIG anuncia unha folga na hostalaría se non se mellora o convenio

O sindicato di que se pretende cubrir os postos de traballo con man de obra máis barata mentres 76.000 galegos teñen que traballar noutras zonas do Estado.


16/Xuño/2007 /

A Rede Galega de Empresas darase a coñecer polas comarcas

A xestora da nova patronal retrasará unhas semanas a asemblea fundacional que estaba prevista para este mesmo domingo.


15/Xuño/2007 /

Os sindicatos ven con prudencia e esperanza o nacemento da nova patronal galega

Os líderes das tres principais organizacións de traballadores do país agardan que sirva para darlle un pulo de pluralidade á patronal.


7/Xuño/2007 /

Xerardo Díaz colle o mando da CEOE pedindo pechar as empresas públicas

Despois de 23 anos no cargo, José María Cuevas cédelle o mando da patronal estatal ao galego Xerardo Díaz.


31/Maio/2007 /

A primeira patronal “en clave galega” prepara a asemblea fundacional

A Rede Galega de Empresas agarda que centos de empresarios e autónomos acudan aos encontros no Auditorio de Galicia.


Folga do naval, o venres
12/Maio/2007 /

A folga do naval poderíase resolver este luns

A patronal debe estudar a proposta presentada por UXT, CC.OO. e CIG para evitar que o paro indefinido se estenda.






Locais:
GZ-Sete