Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: politica

Bush e Ratzinger
17/Abril/2008 /

Bush: "Cómpre a mensaxe do Papa 'Deus é amor' ante o crecente fanatismo"

O presidente estadounidense recibiu esta cuarta feira ao líder da igrexa católica. Este alertou os bispos do perigo das "correntes seculares".


22/Decembro/2007 /

Rego asegura que Feijoo intenta copiar a “estratexia de crispación” que o PP aplicou en Madrid

Logo de que os conservadores anunciaran que están a estudar se denuncian no Constitucional o “acoso” que sofren.


7/Decembro/2007 /

Estamos mal..., pero imos indo ben

Non hai nada que favoreza tanto a creación de riqueza e o progreso social coma a confianza no éxito.


28/Xuño/2007 /

Os usuarios de internet son sociábeis e interésanse pola política

Un informe destaca que os internautas son máis activos socialmente que os cidadáns que non usan a web.


19/Marzo/2007 /

Escollen á primeira muller líder do Partido Socialista sueco

Por primeira vez na súa historia, o Partido Socialdemócrata de Suecia elixiu unha muller como líder do partido. No congreso extraordinario celebrado este 18 de marzo en Estocolmo, Mona Sahlin foi escollida para substituír a Göran Persson.


11/Marzo/1999 /

Creada a Fundación Portal Antón

A Fundación Portal Antón, promovida por Asfedro foi constituída oficialmente o xoves 11 de marzo. A investigación no eido da loita contra a drogadicción é o obxectivo primordial desta fundación. O acto de constitución oficial da fundación Portal Antón estivo presidido polo Conselleiro de Sanidade.


1/Marzo/1999 /

Paco Vázquez fala de agravio...

O alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, cualificou de "inxustiza" e de "agravio comparativo" o proxecto da Xunta para a Cidade da Cultura en Santiago. O rexedor socialista afirma que este é "o principal ataque á estabilidade do sistema autonómico"e acusa á Xunta de romper a convivencia institucional.


23/Febreiro/1999 /

O barrio lucense de Vieiros é xa unha virtualidade

Como pode comprobar o internauta que estea cargando esta páxina, Vieiros xa ten edición de Lugo. Trátase dun punto máis da rede de portais locais que se están a abrir estes días no "Barrio Galego da Internet". As edicións locais de Ferrol, Santiago, Vigo e Lugo están xa na rede e nos próximos días estarán tamén as de A Coruña, Pontevedra, Ourense, Madrid, Barcelona e Uruguay.