ADEGA ven de comprobar como nas instalacións da cementeira que a empresa "COSMOS S.A." ten na localidade luguesa de Oural, atópase depositado en espera de ser incinerado un material de natureza descoñecida. O aspeito externo e a textura é moi similar á que presentaría un compost de ínfima calidade, fabricado a partir de RSUs ou misturado con lamas de depuradora, cunha grande porcentaxe de impropios (fragmentos de diversos tipos de plásticos) que mesmo son observábeis a simples vista.
Ante as diversas declaracións dende distintos sectores da administración, anunciando proxectos de tratamento e xestión de residuos baseados na tecnoloxía de plasma, como o das Somozas, a incluir na redacción do Plan Xeral de Xestión de Residuos de Galicia, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Ridimoas, Verdegaia e ADEGA, queremos lembrar que estas denominadas “novas tecnoloxías”, seguen a ser consideradas, pola lexislación estatal e europea, procesos de incineración e, á vista da xurisprudencia europea, a incineración nunca pode ser considerada como un proceso de valorización.
Os fumes tóxicos afectan á saúde da veciñanza. A asociación denuncia que boa parte dos residuos son de natureza industrial, e porá unha denuncia perante Medio Ambiente.
O vertedoiro cercedense da Areosa acumula xa máis de dous millóns de toneladas de lixo
Medio Ambiente constata que os despoxos atopados en Sarria son rexeitamentos de plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos, procedentes de Alemaña.