O pensamento conservador convertiu, na boca de Sarkozy, "liberdade, igualdade e fraternidade" en "esforzo, traballo e mérito" -cómpre traducir "privilexios"-. Na esquerda resulta máis funesto aínda. Dá boa conta a trama de Reganosa, que tivo a ben apoiar a Xunta e mesmo o sindicalismo nacionalista. Un artigo de Lupe Ces.
A exemplar contestación cidadá, organizada xa dende os primeiros momentos do anuncio da construción da planta de gas, non conseguiu pararlle os pés a Reganosa. Os intereses empresariais, arroupados polo poder político -polo de antes e polo de agora- arrasaron coas demandas da cidadanía. E fixérono con argumentos de cuestionada legalidade e sen ter en conta as posíbeis repercusións para o medio ambiente ou a seguranza da poboación próxima. Un artigo de Manuel Afonso Domínguez, profesor da Universidade da Coruña.