Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: sala-nasa

27/Febreiro/2008 /

Chega Alternativa 20.08

Durante dez días a Sala Nasa de Compostela acollerá espectáculos de teatro, danza, musicais, performances chegadas de Barcelona, Madrid, Valladolid e Londres.


23/Xaneiro/2008 /

Mercé de Rande regresa con 'Fiando o Caos'

A bailarina e coreógrafa, en colaboración coa Sala Nasa, achega a Compostela o seu último traballo, no que fusiona a danza co teatro e co vídeo.


27/Decembro/2007 /

Unha orquestra sen partituras

Dous concertos da pioneira Orquestra de Música Espontánea de Galicia (OMEGA) pecharán o ano na Sala Nasa, que recibiu a máis de dez mil persoas en 2007.


13/Outubro/2007 /

O Estrela Vermelha cumpre dez anos de fútbol reivindicativo e festeiro

Hai dez anos nacía o clube Estrela Vermelha na barrio compostelán das Fontiñas. Agora o equipo con nome de mítico clube serbio, celebra o seu aniversario cunha festa.


Projecto Mourente
14/Maio/2007 /

Projecto Mourente debuta en público na presentación de Rock en Costa

The Homens presentarán temas do seu próximo disco e Los Ruines amosarán o seu punk rock.


Xúlio Abonjo é Fito e Goldi é Paco en 'Hendaya, mon amour'
29/Marzo/2007 /

Dúas historias de amor nos teatros composteláns

O clásico dos clásicos dende unha perspectiva contemporánea, o 'Romeo e Xulieta', onde o amor remata en morte de Teatro do Noroeste, no Principal. E na sala Nasa, unha historia de odio que se converte en amor entre Adolfo de Hit e Francisco Frango.


Portada
26/Marzo/2007 /

Improvisación orquestral para o martes á noite

Sesións vibracionais do mes de marzo na sala Nasa de Compostela.


Mofa e Befa
20/Marzo/2007 /

Mércores de humor e performance

Mofa e Befa chegan ao teatro universitario ás seis e media da tarde e Marcel·lí Antúnez a Compostela pola noite.


Corcobado
15/Marzo/2007 /

Javier Corcobado revoluciona a sala Nasa

O poeta e músico presentará, o xoves a partir das dez da noite, a súa música, fiel á liña experimental que segue dende os seus inicios.


6/Marzo/2007 /

Unha visión íntima da muller na sala Nasa

A sala Nasa adiántase á conmemoración do Día internacional da muller traballadora coa representación Mamaíta, no soy mala. A obra completa a triloxía dedicada á muller da compañía Balistic de Mateo Feijoo, galego afincado en Madrid.