Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: territorio

28/Xuño/2008 /

A Xunta saca do forno unha das promesas estrelas: a ordenación do territorio

As novas directrices regulan as metrópoles e as áreas urbanas e danlle un papel vertebrador ás capitais de comarca.


25/Xaneiro/2008 /

A cultura do territorio

Moitas libras do capital arquitectónico e urbanístico de Galicia están no currículo e nos cadernos de bitácora de César Portela e Xerardo Estévez, arquitectos de referencia dentro e fóra de Galicia. Unha conversa moderada por Manuel Pérez Rúa con fotografías de Isabel Lema.


2/Outubro/2007 /

Os pactos posíbeis: lingua, territorio, autogoberno

Tripla oferta do presidente da Xunta para o consenso dos grupos parlamentarios, incluído o reproche ao PPdeG por rachar o acordo arredor da lingua.


28/Setembro/2007 /

Territorio e áreas metropolitanas

Até o de agora ningún goberno galego foi capaz de resolver a organización territorial de Galicia. Xosé M. Souto González propón sete recomendacións para axeitar o territorio ás demandas.


18/Maio/2007 /

PSdeG: Convite a un "pacto polo territorio"

"Aínda están a tempo de non ir contra o avance da historia e do pobo", advertiulles Touriño aos populares durante un mitin en Noia.


24/Abril/2007 /

Xunta e Fegamp achegan posicións cara ao "pacto sobre o territorio"

Nese desafío, o goberno atopou nos concellos, co alcalde popular Xosé Crespo á fronte, a receptividade que de momento non transmite o grupo parlamentario do PPdeG.


3/Marzo/1999 /

Proposta para suprimi-lo Carqueixo

Os grupos da oposición no Concello de Lugo propuxeron no último pleno a supresión do poboado xitano de Nazaret, na zona do Carqueixo e a integración dos seus habitantes no núcleo urbán, mediante o desenvolvemente de programas de inserción social e laboral.


2/Marzo/1999 /

Portela deixa a presidencia da Cámara de Comercio

O presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Eladio Portela Paz, presentou ante o vicepresidente da entidade, Manuel Durán Couto, a súa demisión irrevocable ó fronte deste organismo dinamizador da economía pontevedresa. Esta demisión ven motivada por "razóns estrictamente profesionais e de todos coñecidas", dixo Portela Paz.