Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: vela

22/Abril/2008 /

Echávarri e Paz desfanse dos seus competidores

Os dous olímpicos galegos soben até o máis alto do podio, após rubir posicións nunha soa tarde.


21/Abril/2008 /

Echávarri e Paz soben ao podio na Semana Olímpica Francesa

A proba arrincou o domingo cun vento forte que fixo que os galegos da clase tornado se colocasen de terceira na clasificación xeral.


1/Abril/2008 /

Aínda que non vai ir ás Olimpiadas, Chuny aspira a gañar o Mundial de vela

O regatista coruñés vai loitar polo título este domingo que vén na clase Star.


24/Marzo/2008 /

Tres medallas en vela para Galiza, tamén para os máis cativos

Nos dous campionatos que se desenvolveron na Semana Santa os regatistas galegos conseguiron subir a tres podios.


12/Marzo/2008 /

Unha lesión nas costas dificulta a clasificación olímpica de Tamara Echegoyen

A regatista galega xógase a praza para Beixín no Trofeo S.A.R. Princesa Sofía, xunto á súa patroa, a mallorquina Marina Gallego.


7/Marzo/2008 /

Echávarri e Paz, segundos mellor clasificados a nivel mundial

Están por detrás dos australianos Bundock e Ashby, segundo a Federación Internacional de Vela.


3/Marzo/2008 /

Echávarri e Paz fican sétimos no Mundial da clase Tornado

Os galegos, que van ir a Beixín 2008, non puideron facerse co seu terceiro título consecutivo.


26/Febreiro/2008 /

Echávarri e Paz, sextos na primeira xornada en Australia

Os regatistas olímpicos galegos iniciaron a loita polo seu terceiro título mundial na clase Tornado. Os australianos Bundock e Ashby, os grandes favoritos, están no posto 19.


20/Febreiro/2008 /

Echávarri e Paz volven co bronce pero con forza para o Mundial

Acabaron terceiros, debido ao poupo vento, que mesmo impediu a disputa da última regata.


18/Febreiro/2008 /

Os olímpicos galegos afianzan a prata

Os galegos continúan na segunda praza da xeral da clase Tornado, recortando distancias cos australianos Bundock e Sabih. Seguen a facer puntos para o Mundial.


31/Xaneiro/2008 /

Pola igualdade de dereitos para todos e todas en todo

O primeiro Comité Feminino da historia de vela e do deporte galego naceu esta semana.


18/Xaneiro/2008 /

Echávarri e Paz seguen quintos na Sail Melbourne

Nunha regata desenvolvida en condicións extremas, os galegos seguen progresando aos poucos no seu Tornado.


10/Xaneiro/2008 /

Bronce para Echávarri e Paz

Os regatistas galegos conseguiron a terceira praza do podio na Regata Asian Pacific.


9/Xaneiro/2008 /

Echávarri e Paz, entre os mellores do Pacífico

Os regatistas galegos figuran entre os cinco primeiros na regata asiática do Pacífico. Seguen a dominar o seu clase Tornado.


24/Setembro/2007 /

Echávarri e Paz, campións do mundo de vela, chegan a Compostela

E foron recibidos pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, quen os felicitou por un novo éxito mundial. Os regatistas veñen de China, onde estiveron adestrando para os XXOO.


13/Xullo/2007 /

O Club Náutico Portosín organiza o Campionato Estatal da clase Cadete

Até o de agora o Clube Mar de Almería vai encabezando a clasificación xeral, mais aínda quedan varias probas para coñecer os nomes dos ocupantes do podio.


10/Xullo/2007 /

As viguesas María Grobas e Sonia Vilar, subcampioas da 'Copa de España de 420'

As regatistas galegas consiguen deste xeito, a clasificación para os Europeos de Estambul. Os seus compañeiros, Nicolás Rodríguez e Ricardo Lorenzo, ficaron a só un punto da clasificación para o Europeo Xuvenil.


10/Xullo/2007 /

Echavarri e Paz gañan o Mundial e o pase para os Xogos Olímpicos de Pekín 2008

Chegaron líderes a unha última xornada que non se celebrou por mor da falta de vento. Nesta proba dábanse o 75 % das prazas dos Xogos Olímpicos


6/Xullo/2007 /

Echevarri e Paz xa pisan o podio en Cascais

Os dous galegos da clase tornado xa acadaron, na xornada da quinta, a primeira posición no Mundial, que remata na segunda feira.


5/Xullo/2007 /

Os galegos Paz e Echavarri xa están a un pasiño do podio

O dous regatistas subiron na cuarta feira dous postos e xa son segundos de Tornado no Mundial de Cascais, que para esta clase finaliza a vindeira segunda feira.