Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: vuelta

3/Outubro/2007 /

O Concello de Teo homenaxeou a Ezequiel Mosquera

O alcalde e máis os edís do municipio en que naceu e vive o ciclista do KGZ fixéronlle unha homenaxe a un dos seus veciños máis internacional.


23/Setembro/2007 /

O Karpin Galicia finaliza a Vuelta 'cum laude'

Ezequiel Mosquera, quinto na xeral, e un máis que meritorio séptimo posto na clasificación por equipos referendan o sensacional debú do equipo galego.


22/Setembro/2007 /

Ezequiel Mosquera amarra o quinto posto na Vuelta

O de Teo fixo unha excelente contrareloxo e sentenciou de xeito definitivo poñendo máis terra de por medio co seu perseguidor, Vladimir Efemkim.


21/Setembro/2007 /

Ezequiel Mosquera recupera a quinta posición na Vuelta

O galego fixo unha magnífica etapa na que lle quitou 24 segundos a Efinkim. Para manterse, deberá rendibilizar eses segundos na contrarreloxo do sábado.


20/Setembro/2007 /

Unha xornada de gran ciclismo que fai que mude a clasificación xeral

Aínda que Mosquera non se moveu da súa sexta posición, por non chegar a sacarlle os 2' 34'' que precisaba a Efimkin, a clasificación variou abondo nesta etapa da media montaña. Gañou Luis Pérez, no día que anunciaba o seu retiro.


19/Setembro/2007 /

Bennati gaña a etapa considerándose "o italiano máis rápido da carreira"

Talavera era a penúltima oportunidade para os velocistas e foi o corredor italiano Daniele Bennati o que deu boa conta dela, chegando, con esta, ás dúas vitorias no que vai de Vuelta.


19/Setembro/2007 /

Ezequiel Mosquera conquista Xapón

O KGZ procurou a vitoria na etapa 16 conseguindo meter a dous dos seus, Herrero e Vorganov, na fuga da xornada. Mentres, Mosquera era entrevistado con curiosidade pola prensa nipona.


17/Setembro/2007 /

"Queriamos colocar un entre os dez primeiros; agora, gañar unha etapa"

Converteuse nunha revelación no que vai de Vuelta e agora Vieiros falou con el na xornada de descanso, antes da última semana da proba, na que todo se decide.


8/Setembro/2007 /

Santos González, décimo na etapa Cariñena - Zaragoza

O ciclista do Karpin quedou a dous minutos e 18 segundos do líder, o alemán Bert Grabsch, do T Mobile Team, quen realizou o percorrido en 57 minutos.


7/Setembro/2007 /

O Karpin, sexto na clasificación por equipos desta etapa

Na xeral segue quedando de undécimo. O Caisse d'Epargne, de décimo terceiro nesta etapa, segue a liderar a clasificación.


6/Setembro/2007 /

Serafín Martínez segue no alto da montaña

A sexta tirada da Vuelta remata cunha nova vitoria de Óscar Freire, mais na xeral segue a liderar Efimkin.


5/Setembro/2007 /

A Vuelta chega a Cantabria sen cambios na clasificación

O Karpin segue a facer un bo papel, con Ezequiel Mosquera na novena praza e Serafín Martínez como líder da montaña imbatido.


Serafín Martínez (KGZ) segue no alto do podio da montaña
4/Setembro/2007 /

Ezequiel Mosquera mantense entre os dez primeiros

Serafín Martínez, do Karpin Galicia, segue a ser líder da montaña despois do seu dominio nas tres primeiras tiradas.


3/Setembro/2007 /

Mozos independentistas interrompen o paso da 'Vuelta a España' por Vigo

Para protestar polo apoio económico da Xunta ao evento ciclístico.


2/Setembro/2007 /

Dous galegos dominan a montaña

Óscar Freire aproveitou unha caída masiva diante da escola Mestre Mateo na que se viu implicado o anterior líder, Bennati, para se converter no líder da Vuelta.


1/Setembro/2007 /

Serafín Martínez, primeiro premio da montaña na Vuelta

O corredor do Karpin Galicia subiu ao podio despois dunha espectacular escapada. O primeiro xersei dourado foi para Daniele Bennati.


1/Setembro/2007 /

Comeza a Vuelta máis galega

Seis corredores galegos participan na competición, que arranca o sábado en Vigo.


26/Agosto/2007 /

A Volta + Nov@s chega a Compostela

Marta Souto acompañará aos nenos e nenas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete nesta operación ciclista, incluída nas actividades arredor da 'Vuelta'.


22/Agosto/2007 /

O país a vista de paxaro

Cultura argalla unha orixinal promoción. Os anuncios, que se emitiron en xuño en varias canles europeas, poden verse agora na web.