A súa canción “Planeta 19” representará a Galiza no eurofestival de linguas minorizadas Liet-Lavlut que se celebrará en Laponia.
Tito Lesende, Xosé Manuel Pereiro, Patricia Romero e Ramón Domínguez terán nas súas mans a difícil decisión.
As dez cancións escollidas polo xurado coñeceranse durante a emisión do programa Extrarradio, da Radio Galega, para que os internautas poidan comezar a votar entre elas.
A semana pasada rebordou todas as nosas expectativas: vinte novas pezas! Ante tal entrada masiva de cancións, hai sete días máis para poderdes escoitalas, comentalas e votalas.
A decisión debeuse ao prestixio e nivel que a convocatoria acadou nas súas anteriores edicións.