Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil



ESTÁ GARANTIDO O USO EFICIENTE DOS FONDOS PÚBLICOS?

Empresas foráneas foxen de Galiza logo de espremer plans europeos

6

10:00 - A compañía mexicana Vitro Cristalglass abandona Cerceda despois de recibir 650 mil euros do Plan Miner en 2003 por un proxecto que nunca cumpriu totalmente.

RESULTADOS PROVISIONAIS

O gobernamental MPLA obtén máis do 80% dos votos en Angola

11:50 - Aínda que as xornadas de votación estiveron exentas de violencia, a oposición considera que houbo numerosas irregularidades.

ÁLVARO ILLOBRE, TENISTA PARALÍMPICO

“O importante é pelexar todos os puntos e chegar até onde se poida”

12:10 - O deportista de Ares disputará os seus segundos Xogos Paralímpicos, oito anos despois da toma de contacto en Sidney.

'The Citizen' e 'Sudan Tribune'

O goberno sudanés impide a publicación de dous xornais editados na rexión autónoma do sur

12:00 - O goberno central exixe que as sede dos periódicos se trasladen dende Sudán do Sur -onde haberá un referendo de independencia en 2011- á capital.

SE A CITA É DE DELEGADOS

Os sectores críticos do BNG non acudirán a Asemblea Nacional de outubro

5

14:45 - Encontro Irmandiño e Movemento pola Base consideran que o proceso non oferece suficientes “garantías democráticas”.

XAN FORTE, DE FUXAN OS VENTOS

"O panorama da música do país hai trinta anos non ten nada que ver co de agora"

1

12:30 - Oito meses de preparación serviron para que o senlleiro grupo musical Fuxan os Ventos volva pisar as táboas este outono.

Recluídas en templos

O Nepal recoñece o dereito das 'nenas deusas' a iren á escola

13:30 - A metade das crianzas do país non teñen acceso á educación formal, e miles de adolescentes acaban prostituíndose na India.

UNIVERSIDADE DA PROVENZA

Investigadores descobren que os pobos romanizados son máis sensíbeis ao VIH

2

10:45 - Os científicos descubriron que un xene que protexe da infección practicamente non existe nas áreas que formaron parte do Imperio Romano máis tempo.

ECONOMÍA

A crise chega á Igrexa, que opta por saír da bolsa

1

11:00 - A súa maior firma de investimentos, Umasges, vén de ser disolta. O clero opta por unha política económica máis conservadora.

ALFONSO BLANCO TORRADO

"Aínda estamos moi en débeda con Manuel María"

1

13:15 06/09/2008 - O presidente da Asociación Cultural Xermolos fala dos actos que están a preparar para conmemorar o cuarto cabodano do poeta chairego.

CRISE ECONÓMICA

Touriño adianta que os orzamentos para 2009 serán “austeros”

4

15:10 06/09/2008 - O presidente da Xunta asegurou este sábado que a aposta polos sectores produtivos e as políticas sociais serán o cerne das vindeiras contas.







Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego xornal pontevedra



Outros canais


Capa do libro

Presentan o libro 'La Directiva del retorno. El fantasma de la xenofobia recorre Europa'

O Ministerio do Poder Popular para a Comunicación e Información (Minci), en coordinación co Ministerio do Poder Popular para a Cultura, presentou onte mércores 27 de agosto en Barcelona, estado Anzoátegui, o libro La Directiva de Retorno: El fantasma de la xenofobia recorre Europa, compilado por Mariadela Linares.