
Tes 17 anos e debes decidir que é o que queres facer!!!
Tes que pensar que é o que che gusta realmente, e cando e onde o podes facer. É a túa vida, unha viaxe ao teu futuro inmediato.
Malia que este é un momento importante na túa vida cómpre que pares a pensar que a elección dos teus estudos non significa que esteas decidindo como vas gañar a vida; é posíbel que nalgún momento futuro muden os teus intereses, ou as ofertas de traballo non se axusten aos teus estudos, entón pode ser que decidas cambiar as túas intencións iniciais. A nosa sociedade reclama uns cidadáns cunha formación versátil e permanente, ou sexa, que se vaia adquirindo ao longo da vida e que posibilite a adaptación a unha realidade laboral que evoluciona a un ritmo acelerado.
Agora ímos pór a atención na formación inicial, ímonos adentrar nestas costas descoñecidas, pero isto non será unha tarefa doada e precisarás axuda, pídea.

En función da elección que, das diferentes opcións de Bacharelato, fixeches podes consultar cal é a carreira que máis se asemella aos requisitos da túa elección vendo a súa descrición e a súa saída laboral
Poderás elixir entre unha ampla oferta de prazas nas distintas universidades e ver as diferentes notas de corte ou puntuacións que che van a esixir, ben por titulacións ou por universidades. Tamén poderás coñecer os contidos e a descrición das asignaturas troncais que terás que estudar.
Finalmente tamén podes investigar sobre as diferentes tarefas a desenvolver segundo os estudos que ti elixas; con esta información coñecerás os traballos que poderás levar a cabo.

Preparando a selectividade: Terás que repasar e esforzarte, a modo de axuda pódenche servir estas probas e exercicios resoltos e comentados.
Comezarás os estudos: Terás que escoller entre as diferentes opcións tendo en conta o que queres estudar, onde o queres cursar e o tipo de centro no que queres facelo: público, privado,...
Unha nova etapa na túa vida: Poderás elixir entre residencias universitarias, colexios maiores e pisos para estudantes universitarios.
Ao rematar ingresarás no mercado laboral: Atoparás dificultades pero tamén moitas oportunidades, por exemplo as ofertas dos servizos públicos de emprego.

Para escoller a carreira que che vai proporcionar diñeiro e pracer durante o resto da túa vida podes consultar os astros, pero tamén hai métodos máis científicos?
... hai moitísimas profesións relacionadas co medio ambiente?
...coa evolución da nosa sociedade as demandas de emprego van cambiando e xa se fala de novos xacementos de emprego?
Podes conseguir unha bolsa para os teus estudios universitarios e facer unha pesquisa por materias, perfiles, tipo, entidade, CCAA,...
Infórmate sobre as diferentes carreiras atendendo ao perfil profesional e fíxate na súa ampla descrición
Hai profesións cun grande futuro laboral. En función das últimas demandas sociais podes atopar novas profesións. Tamén podes mirar onde se xerará emprego en 2006
Pregúntate a diferenza entre unha carreira longa ou corta, preto ou lonxe da casa, pública ou privada,...