O BNG mantén o escano que conseguira hai catro anos.
0h05: Co 96% do reconto. O PPdeG cae dous puntos (até o 44,1%) en favor do PSdeG (39,6%). O BNG mantén o escano que conseguira hai catro anos e aproxímase ao 12% do total de sufraxios na provincia.
22h25: Co 71% escrutado. A provincia onde o PPdeG mantén unha das cotas de poder máis importantes, o goberno da Deputación de Pontevedra, indica unha significativa erosión do voto ao PP, que cae tres puntos.
21h50: Co 42% do reconto. PPdeG e PSdeG disputan o liderado de apoios na provincia. Neste momento do escrutinio son só media ducia de papeletas as que lle darían esa vitoria simbólica en Pontevedra aos socialistas, con empate porcentual co PP. Así e todo, non se modificaría o reparto de escanos: 3-3-1, este último para o BNG, que mantería idéntica porcentaxe de voto que en 2004.
21h28: Co 22% do reconto. O PSdeG disputa a condición de forza máis votada en Pontevedra. O BNG mantén o escano que conseguira hai catro anos.
21h15: Co 16% do reconto. O BNG mantén o escano que lle disputaba o PPdeG en Pontevedra
20h30: A enquisa de Ipsos apunta que o abano de escanos en Pontevedra contaría cun asento que podería caer do lado do PPdeG ou do BNG. Hai catro anos, a deputada Olaia Fernández Davila gañara o escano por pouco menos dun milleiro de votos. Os populares consideraban durante a campaña que a circunscrición de Pontevedra era un dos seus obxectivos prioritarios á hora de tratar de gañar representación.