Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Co 99,9% ESCRUTADO

O PSdeG bate marcas nunhas xerais e o Bloque reaxe

A dereita logra 11 deputados, aínda que deixa no camiño case tres puntos (44,44%); os socialistas soben 2,4 puntos (39,55); e os nacionalistas manteñen con firmeza os dous representantes e subindo sete décimas (12,05).

Redacción - 00:43 10/03/2008

Velaquí a evolución do voto en Galiza nos últimos vinte anos, as sete citas coas urnas en eleccións xerais desde 1986:
Poden picar sobre a gráfica en cada un dos anos para ver os datos polo miúdo (número de votos, porcentaxes e escanos).



As eleccións xerais en Galiza debuxan un mapa con máis matices do que se poida pensar nunha primeira lectura. A dereita, aínda que resiste como forza máis votada, queda sen o deputado que por poboación perde o país e queda con 11 deputados. Os socialistas repiten os dez parlamentarios cos que xa contaban e o BNG mantén rexamente os seus representantes na Coruña e en Pontevedra. Mais os cambios porcentuais son substanciosos. Os conservadores, que a nivel estatal melloraron porcentualmente, siguen abaneando en Galiza, perdendo máis de 2,5 puntos (44,49%). Os socialistas consiguen os seus mellores resultados no país logo de subir 2,3 puntos (39,51%) e os nacionalistas consiguen rachar o forte bipartidismo que se debuxa a nivel estatal e manteñen os dous parlamentarios. Maís aló, o Bloque pode presumir de aumentar case sete décimas (12,06%).

As forzas que sosteñen o bipartito na Xunta suman o 51,56% dos sufraxios, tres puntos máis ca en 2004.

Así llo contou Vieiros

(23 horas) Co 85% escrutado
O PPdeG perde gas, o PSdeG sobe 2,5 puntos e o Bloque reaxe

A dereita cede tres puntos (44,15%) e un deputado (11); os socialistas aumentan 2,5 puntos (39,76% e 10 deputados) e o Bloque mantén os dous representantes subindo sete décimas (12,05).

(22.48) Co 57,08% escrutado
O Bloque aumenta medio punto en Galiza e conserva os dous deputados

O PPdeG cae máis de 3,5 puntos (43,67%) e perde un deputado e os sociaistas volven obter dez parlamentarios aumentando tres puntos.

(21.45) Co 42,42% escrutado
Todo queda igual, agás o PPdeG que queda sen o escano que perde Galiza

Os socialistas soben notabelmente (40,80) pero non son quen de desbancar a uns populares (43,34) que seguen perdendo votos. O Bloque mantén os dous e sobe catro décimas (11,7)

(21.35) Co 31,48% escrutado
O PPdeG sofre unha hemorraxia de votos e o Bloque mantén os dous deputados

O PPdeG cede catro puntos no país (43,15), o PSdeG sobe con forza (40,96) e o BNG mantén os dous deputados subindo catro décimas.

(21.15) Co 10,9% escrutado PPdeG, once deputados; PSdeG, dez; e o BNG mantén os dous
Os populares perden máis de tres puntos (43,85%), os socialistas soben case catro(40,61) e os nacionalistas aumentan lixeiramente (11,79).

(20.20)
As primeiras enquisas da TVG dan un empate técnico entre populares e socialistas en Galiza. O PPdeG estaría entre 10 e 12 deputados (41%); os socialistas entre 10-11 (40,9%); mentres o BNG mantería representante na Coruña e estaría pelexando polo de Pontevedra.


Toda a información no especial Xerais08


4,31/5 (16 votos)


Comentarios (14)

xoca #1 10/Marzo/2008 xoca

A esquizofrenia galega non ten amaño, votan PP e PSOE e despois piden que se mire por Galiza, é como dixen de tolos, o BNG fará moitas tolerias, mais do que estou seguro é que é quen máis mra por Galiza, se votaches PP e PSOE a aguanta-se. o que veña vira e o que non hai que foder-se

moledo #2 10/Marzo/2008 moledo

No quadro geral dos resultados, unicamente cabe parabenizar ao BNG que resistiu e mesmo aumentou as suas posições.
Acho que isto é uma grande notícia que deveria encorajar a todas e todos os votantes e simpatizantes nacionalistas. Mesmo numa campanha ianki coma esta o BNG aguentou e subiu. Que a gente saiba olhar isto e tire as suas conclusões.

tunhito #3 10/Marzo/2008 tunhito

Si si galegos covardes, por non dicir outras cousas. Cando se poñan as cousas feas que lle reclamen a eses deputados anónimos deses partidos españois que non penso dar nomes. Logo pasara o de sempre dos problemas dos galegos so falaran 2 deputados de 23 que votamos en Galiza. Eu durmirei tranquilo porque sei que por min si falaran en Madrid. Eu votei Galiza eu votei BNG.

petopitopato #4 10/Marzo/2008 petopitopato

1 e 3 ¿con quen estades a falar? Cadaquen vota según o que é e o que espera... mellor é que te congratules dos bos resultados que tivo o BNG que léndolle a cartilla o que non o fixo...

carraboujo #5 10/Marzo/2008 carraboujo

O que acontece é que eu, como nacionalista, nom quero que em Madrid se fale, e ainda menos se decida, sobre as questons da Galiza... Nem, por suposto, creo que deputados galegos (e ainda menos nacionalistas!!) devam decidir nada a respeito de questons que afectam a outras naçons como Catalunha ou o País Basco...
Por isso nom voto no BNG, que nom é nacionalista senom regionalista: quer que umha regiom deprimida e ignorada de Espanha deixe de está-lo, e passe a ter tanta importáncia como as regions de primeira.

Reboirassempre #6 10/Marzo/2008 Reboirassempre

A cousa non mudou moito.
Home,o PP levou un bon pao no lombo.Por xogar ó nacionalismo histérico-español tipo Federico.
En fin,seguro que o noso amigo Gaviotero terá outra análise cando vaia esquecendo o disgusto.

alog #7 10/Marzo/2008 alog

carraboujo, en fin o teu se que esquizofrenico, ou a teoria do avestruz, e dicer ti es ncionalista galego, pero maximalista, polo que non votas BNG, pq como en Madrid non queres que falen de Galiza pois hala non voto. Por desgraza moitas cousas do pais seguen -e seguiran ata que teñamos unha maioria social, do que estamos lonxe- decidindose en Madrid, e se alí temos voz e poder de decisión, as mesmas serán moito mais acaidas para o pais. E sobre todo poderemos discutir e presionar para ter maís competencias, e asi que as cousas se decidan en Santiago.
E bueno o argumetno de que o BNG é rexionalista por querer que sexamos unha rexión de primeira me parece un absurdo, e dicer, o lóxico é que como galegos queramos que isto sexa o melor sitio posibel para vier, que a xente teña emprego, sexa en fin o mais feliz posibel, e para iso -no mundo capitalista actual- hai que ter desenvolvemento... se o BNG defendera outra cousa haberia tempo que seria un cadaver politico. Evidentemente temos moito camiño por andar, pero pouco a pouco parece que empezamos, e necesitamos xente, como o carraboujo, que por exceso de critica e unha altura de miras elevada decide non participar, co cal fai-lle o xogo aos españolistas, e vez de con espiritu critico, participar na actual unica alternativa patriotica do País.

Tino #8 10/Marzo/2008 Tino

Semella q a cousa está clara:
A PERDA DE POVOACIÓN FAVORECE A ESQUERDA E PREXUDICA A DEREITA...
Hai q comezar por non subvencionar os medicamentos, eliminar as vacacións á 3a idade, etc, etc... e aproveitar eses cartos en melloras á mocidade.

Galegazo #9 10/Marzo/2008 Galegazo

Carraboujo,con todos os meus respetos: o que acabas de dicir é a tonteria máis grande que escoitei referente a calquer tema político nos últimos 15 dias (incluindo á nena de rajoy e todas esas fantochadas).
Polo demais,ben,non baixamos votos,que visto como está o panorama xa é boa cousa.. Dame bastante pena a caida de Esquerda Unida,pero eles mesmos o buscaron..

mare #10 10/Marzo/2008 mare

Os resultados para o Bloque son moi positivos tal e como estaba a situación que bipolarizou aínda máis a campaña eleitoral.
Por moi críticos que sexamos co bng, para min resulta un alivio pensar que vai haber dous deputados galegos que podan dar contraste ás posicións españolistas e antinacionalistas de PSOE e PP.
Sería un erro deixar que fagan o que lles saia do carallo o Rajoi e o PePe Blanco(Psoe), que son de todo menos galegos, e que se puidesen rematarian coa nosa lingua, cos nosos sectores produtivos,...

roixordo #11 10/Marzo/2008 roixordo

non semella tanta parvada o exposto por Carraboujo, eu estou en parte de acordo con el; agora si, trátase de elexir entre malo ou peor, así que...

Tarelo #12 10/Marzo/2008 Tarelo

A min non me interesan o máis mínimo os resultados electorais da primeira división ou da Liga das Estrelas, porque queira ou non, me informe ou non, voume enterar por distintas canles de quen governa neste ESTADO, A DEREITA. Pois, libremente, "buscase medio alternativo que me informe da evolución do voto, doutras forzas políticas alternativas". Chao

Gaviotero #13 11/Marzo/2008 Gaviotero

Incremento de votos del BNG: 400
Incremento de votos del PSOE: 40.000
Incremento de votos del PP: 400.000

prometeo #14 11/Marzo/2008 prometeo

O PSOE: 169 escanos, gaña as eleccións.
O BNG: 2 escanos, pode ser unha forza decisiva nesta lexislatura.
O PP: 153 escanos, 4 longos anos máis na oposición.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: