Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


XERAIS08

Só Galeuscat aguanta o vendaval bipartidista

Se en 2004, PSOE e PP sumaban o 80,3% dos votos, agora chegan ao 83.7%. Esquerda Unida entra no inferno e CiU, BNG e NaBai escapan da queima.

Redacción - 12:00 10/03/2008
Tags: xerais08

O reparto de escanos no Congreso non pode ser máis elocuente: o bipartidismo arrampla con todo. PSOE e PP sumaron este domingo o 83,75% do total dos votos, o que lles dá 322 dos 350 escanos do Parlamento español. A terceira formación política con vocación estatal, Esquerda Unida, baixa aos infernos e queda con só dous deputados e un 3,8% dos votos. Sen dúbida, a organización que dirixe Gaspar Llamazares, é unha das grandes perdedoras da noite. Mais non a única. A noutrora emerxente Esquerra Republicana recibe un duro castigo e pasa de 8 a 3 deputados, logo de deixar polo camiño máis de 150 mil votos. Eusko Alkartasuna desparece do Parlamento español ao perder a súa única representación. No medio desta voráxine, Nafarroa Bai consigue repetir resultados e manter o deputado, mentres Coalición Canaria desincha e pasa de 3 a dous representantes.

No novo escenario tan só as formacións que conforman Galeuscat aguantan o vendaval bipartidista, aínda que con matices ben diferentes. CiU aumenta un deputado e logra once representantes no Congreso, o Bloque mantén os dous parlamentarios e consigue unha pequena suba de votos e o PNV queda con seis (perdendo case 120 mil votos e un escano). O PSOE precisará o apoio de Galeuscat para poder sacar adiante os seus proxectos nesta lexislatura. Os datos son moi claros: só Galeuscat ten marxe de manobra para evitar que socialistas e populares se pechen nunha política estatal centrípeta e uniformizadora.


4,75/5 (12 votos)


Comentarios (11)

Tino #1 10/Marzo/2008 Tino

Extrañame moito q o psoe pacte con GALEUSCAT como partido pq non existe como tal, pactará cos partidos q o compoñen, pero ese grupo non ten claras nin definidas as suas estratexias de conxunto pq simplemente non é un partido político, q ademais difire moito nas suas bases, políticas e tendencias...

Ghaviotero #2 10/Marzo/2008 Ghaviotero

Que queremos os nacionalistas de Madrid? A resposta é ben doada: máis autogoberno, resolución das cuestións nacionais.

Creo que tódolos partidos nacionalistas deberíamos conformar unha única candidatura, que sería a terceira forza. E deixar as rivalidades tipo CiU-Esquerra para os parlamentos nacionais.

roixordo #3 10/Marzo/2008 roixordo

non está tan claro; eu son nacionalista, pero dubido moito que o meu xeito de pensar ou a miña tendencia político teña algo que ver coa dun votante do PNB.

Breixo #4 10/Marzo/2008 Breixo

O PSOE pactará con CiU, que foi o que gañou. Eles sempre gañan.
O PSOE non vai pactar con tres partidos se pode facelo só con un. E non creo que CiU poña como requisito indispensábel pactar tamén con PNB e BNG (por moito GalEusCat...)

Atlantico #5 10/Marzo/2008 Atlantico

Vamos ver, os do PSOE non asisten nin a metade dos plenos do congreso, se pactan con CIU, van ter que estar todos, en todalas votacións para conseguir a maioria simple ou relativa.

Logo ó PSOE faille falta CIU, pero tamén o BNG o PNV, IU, ERC e todos os demáis.

COUTOVEN #6 11/Marzo/2008 COUTOVEN

Eu creo que o BNG deu unha boa pelexa e creceu. É importante que mire un pouco máis cara a dentro e que non aspire tan rápido a unha representación importante en Madrid. Con isto non quero dicir que iso sexa malo. Pero é lóxico pensar que se en futuro lógrase maior representación na capital é pola confianza que o pobo galego deposito en función a un traballo máis amplo e profundo na nosa terra.

A verdadeira batalla é nas autonómicas. É onde necesitamos que sexa determinante. Xa que dependendo da súa xestión económica e unha verdadeira promoción da galeguidad como valor imperecedero da nosa xente. É que lograremos o desexo dunha nación, de e para todos os galegos.

Barcelos #7 11/Marzo/2008 Barcelos

Por certo, o Gaviotero debe de estar moi enfermo, porque non veu coa sua banderita a celebrar o aumento de votos do seu amigo Rajoy.

Creo que no seu blog puxo unha carta de despedida e peche por liquidación.

Gaviotero #9 11/Marzo/2008 Gaviotero

Celebro enormemente y con gran alegría los 400.000 votos que ha ganado Rajoy frente a los 40.000 de Zapatero y los irrisorios 400 del BNG...

Además, mañana posiblemente nos caerán uno o dos escaños más a costa de CiU y del PSE-PSOE, que nos dejarán en 155 escaños.

Para vuestra desgracia, no sólo no enfermo sino que estoy más vivo que nunca.

Además han desaparecido dos partidos nacionalistas como Eusko Alkartasuna y Chunta Aragonesista, apareciendo en su lugar un partido antinacionalista como Unión, Progreso y Democracia, de Rosa Díez.

Y otros partidos zapateriles como Izquierda Unida o Izquierda Republicana de Cataluña se quedan sin grupo propio y se van al Mixto, lo cual redundará en menos grupos (4 en total) apoyando a Zapatero en el Congreso y más voces (la de Rosa Díez) criticando al embustero que tenemos por Presidente.

Hoy, más que nunca...¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!

teixugo #10 14/Marzo/2008 teixugo

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...

CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)

teixugo #11 16/Marzo/2008 teixugo

Me llena de orgullo y placer... CUÑÑAAAAOH!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: