Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil



Soache Galicia
FITO HISTÓRICO

A feminina de futsal será o primeiro combinado galego en xogar un Mundial

17

17:30 08/07/2008 - O encontro presentarase esta cuarta feira en Compostela. O primeiro partido xógano contra Rusia o vindeiro 29 de setembro nunha competición oficial da Asociación Mundial.

Decreto do catastro

"Está claro a quen beneficia Madrid con este atropelo"

09:00 - Xurxo Rodríguez, alcalde de Castrelo de Miño, un dos concellos máis afectados pola norma do goberno español en favor das eléctricas, critica o pau do executivo estatal aos municipios.

Nova lei de vivenda

Alcaldes e concelleiros "promotores": incompatibilidade "ética", pero legal

09:00 - Imponse o criterio da Consellaría de Presidencia, desde onde non lle vían encaixe "xurídico" ao bloqueo ao acceso dos promotores aos gobernos locais.

ALFREDO IGLESIAS E ALEX REGUEIRO, MATRIMONIO

"Algúns colectivos de gais só buscan a diferenciación e o gueto"

4

09:00 08/07/2008 - Alfredo Iglesias e Alex Regueiro cren que se avanzou no respecto aos homosexuais, mais lamentan a actitude de moitos colectivos gais.

Seguimento das infraestruturas

"Cando faltaban investimentos aplaudían até coas orellas", di Rego convidando a excluír o PP da comisión

09:00 - Desde o BNG valoran positivamente que o PSdeG "rectificase a súa postura inicial", contraria á proposición non de lei.

Non ratificará a Carta Europea das Linguas

O Parlamento francés dá marcha atrás no respecto ás linguas minorizadas

09:00 - A marcha atrás chega despois de que o Senado frease o pronunciamento inicial argumentando entre outros que se atacaba "a unidade nacional".

Busca "garantir intereses gandeiros e conservación"

Medio Ambiente avanza o que será o "definitivo" Plan de Xestión do Lobo

18:15 08/07/2008 - A norma, que entrará en vigor en outubro unha vez a aprobe o Consello da Xunta, contempla a creación dunha mesa de seguimento.

Propón acelerar a reforma

Rajoy considera agora "prioritario" que os emigrantes voten en urna

2

13:30 08/07/2008 - O presidente do PP di que pedirá a convocatoria da Deputación Permanente do Congreso para botar adiante unha reforma que considera "capital".

Reducindo nun 10% a dependencia do petróleo

O goberno español prepara un plan para aforrar 5.000 millóns de euros en enerxía

4

19:20 08/07/2008 - Queren facelo "antes das vacacións", segundo dixo o ministro de Industria, Turismo y Comercio, Miguel Sebastián.

TELECOMUNICACIÓNS

O Parlamento Europeo abre a porta a espiar os internautas

1

19:10 08/07/2008 - Aprobou este luns un paquete de medidas para evitar o intercambio de arquivos protexidos. O pleno debateraas en setembro.

Proxecto para o Pazo de Baión

De símbolo do poder narco a referencia enoturística

12:20 08/07/2008 - A cooperativa Condes de Albarei deseña unha iniciativa coa que espera que en 2010 pase unha media de 50 mil visitantes polo Pazo.




Ciclo de Músicas Portuarias

Santiago (é) Tapas





Outros canais


VII Cominac

"Hai que denunciar a tiranía mediática mundial"

Realizar unha denuncia contundente da tiranía mediática que existe no mundo, foi o chamado que formulou o presidente Hugo Chávez, este xoves, durante a instalación da VII Conferencia de Ministros de Información do Movemento de Países Non Aliñados (Cominac) que comezou na illa Margarita en Venezuela.


UIMP - Becas e Matrículas

Unha imaxe para o galego 08