Vieiros

Vieiros de meu Perfil


ESPECIAL INFORMATIVO

Vieiros en directo, desde XGN 2007

Hai un ano que axitamos a rede co primeiro especial informativo multimedia que se argallaba por estes pagos. En 2007, Vieiros volve a Xuventude Galiza.Net para seguir afondando neste formato. Unha iniciativa pioneira na internet galega.

Redacción - 13:45 26/03/2007
Tags:

Texto, vídeo, audio e fotografía para facer o relato informativo durante toda a fin de semana do que aconteza na maior xuntanza tecnolóxica de Galiza: estamos na XGN 2007. E atenderemos polo miúdo as preto de sesenta horas de computador a pé dos incansábeis ciber seareiros.
 
Novas, reportaxes e entrevistas, achegando á rede todo o que de si dean as actividades, as conferencias, os obradoiros e os concursos que amenizan esta gran festa internáutica. Un seguimento especial do encontro desde o propio Pazo de Congresos de Santiago.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: