Vieiros

Vieiros de meu Perfil


25 de abril, sempre!

Lara Rozados - 25/04/2007 14:25 - visitas

Así dá gusto. Tal día como hoxe, recibimos esta mensaxe no correo cultura@vieiros.com:

"Sou Portugues do Minho, sou anti-fascista de sempre, sou de Afife onde Salazar nunca venceu, onde Zeca Afonso era conhecido e tinha amigos, terra em que a Pide tentou apanhar Zeca e nao conseguiu. Mas isto só para poder dizer, que eu José S.Antunes, venho dar os sinceros parabèns á TV GALIZA pela sua homenagem a Zeca Afonso em horarios nobres , o que nem sempre acontece na RTP -televisão portuguesa . Por mim, o meu muito obrigado e Viva a Revoluçao de Abril de 1974. Gracias Povo Galego".

Muito obrigados/a desde Vieiros!


Actualización:

O certo é que a gala de homenaxe que emitiu A Galega foi un éxito de audiencia: 146.000 televidentes, o que supuxo o 18,6% da audiencia a esa hora. Foi o segundo programa máis visto da noite, a moi pouca distancia do Hospital Central. Vese que, cando se poñen en marcha iniciativas como esta, o público responde.


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: