Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07

(13/08/2008) Chega ao seu remate o A Polo Ghit! máis igualado

Skandalo GZ ou Roger de flor, Os dous amigos ou Licor Café. Durante as vindeiras horas imos vivir un sprint final entre as dúas cancións que recibiron un meirande apoio popular. As diferencias entre os dous temas sempre foron pequenas, e todo pode pasar.

Ás doce da noite deste mércores pecharemos as votacións. Mañá pola mañá sumaremos os últimos votos chegados á Radio Galega a través das chamadas da audiencia e das mensaxes SMS. E contra o mediodía anunciaremos o gañador do público, que polo que parece está entre as dúas cancións que nestes momentos encabezan as votacións cunha ampla diferenza.

O sábado será o outro día grande do A Polo Ghit 2008. Ao redor das 12 do mediodía Vieiros e a Radio Galega, a través do Extrarradio, anunciaremos a canción escollida polo xurado. Este tema será o que represente a Galiza no Festival Liet Lavtut.

Sorte, e a votar!

66 Comentario(s)

molecula - 13/08/2008 12:49

molecula  bueno, pois que gañen os que máis controlen en informática!

paulovi - 13/08/2008 02:25

paulovi  A canción do verán galego, xénero definido, xa se sabe: optimismo, estribillo pegadizo...a eso xogamos, non? Está ben. Houbo grupos que me gustaron bastante nesta edición do A Polo Ghit: Quant ou Capitán Furilo, que non chegaron á final, e outros que si o fixeron. Dos que o fixeron gústame o tema de Proxecto Mourente, pero para min as tres mellores foron: en 3º lugar, a Banda Potemkin, un tema ska canónico pero moi ben feito; en 2º lugar Boy Elliott, cunha das mellores cancións do verán ou do inverno,e en 1º lugar, para min a mellor canción formal e tematicamente é a de Roger de Flor. Por que? Porque ten un estribillo pegadizo, un gancho melódico, porque o tema é fresco e pódese asubiar, porque transmite optimismo e porque ten un vídeo que é moi divertido. Intúo que o premio do público será para SkandaloGZ (non é arriscar moito vendo as votacións) e o gañador do xurado será a Banda Potemkim. Por favor, razónense as réplicas, vivimos nun país civilizado, non si?

bobo - 13/08/2008 05:46

bobo  concordo contigo na última parte do razoamento, mais persoalmente góstanme o punteirolo pola escuadra dos Trapòs Sucios, quero ver como te ris dos Medomeda e a que máis o Arroz Arroz dos Potemkin, letra con retranca, algunha gracia de pormedio, música contundente, retrouso evidente e con gaita, bastante galego¿non?, pensando na decisión do xurado, logo eles dirán. As demáis non é que non esten ben, senón que persoalmente non son do meu pau. Saúdos.

okechetrabaoscollons - 13/08/2008 08:54

okechetrabaoscollons  para min: trapallada, o leo i arremecagonha, labazada, som do galpom, medomeda, nube kinton, e por suposto, Boy Elliott.

Malpaso - 13/08/2008 08:57

Malpaso   Pois para min... Malvela e Sérgio Tannus, Sacha Na Horta, Projecto Mourente, Boy Elliott e Roger de Flor. Eclectico a mazo, oiga.

Monica - 13/08/2008 09:50

Monica  para o meu criterio: primeiro os trapos sucios co seu punteirolo pola escuadra, de segundo medomeda con quero ver como te ris, e de terceiro jabón blue co seu himno a crocha, que é pegadizo e gustame ainda que non me mola moito que se centre nun equipo de fútbol

nalgures - 13/08/2008 09:58

nalgures  como na seleccion dos finalistas foron seis en vez de cinco agora deverian ser dous en vez de un os gañadores .... ¿non?

Arlindo - 13/08/2008 10:08

Arlindo  Para min os mellores Skandalo gz e Sinefres e espero que os Skandalo eses vaian a Suecia para que non vaia sempre o mesmo tipo de musica xa era hora de cambiar e estes o mellor a montan ben, ala espero que vaian e sorte a todolos grupos.

radicalfruit - 13/08/2008 11:45

radicalfruit  a espensas da jran decisión, os meus parabens a tódolos jrupos, que para min son como os pementos de padrón, uns justan máis e outros non ...jaja, perdoade a broma. A única peja son os comentarios improcedentes de certos elementos, mais alá cada quen cos seus traumas... Sorte pra todos/as.

duna - 14/08/2008 10:14

duna  tremenda trapallada!!! cando pechan o contestador das chamadas? e hasta que hora son efectivas? estades a tomarnos o pelo?

duna - 14/08/2008 10:16

duna  onde está o notario?

nalgures - 14/08/2008 11:03

nalgures  aqui cheira a tongo e a fascista tamen, e unha vergoña que na radio galega haxa xente tan pouco deria e con tan mal gusto e pouca seriedade

nalgures - 14/08/2008 11:03

nalgures  tongo

nalgures - 14/08/2008 11:03

nalgures  TONGO

nalgures - 14/08/2008 11:04

nalgures  TONGOOOOOOO

nalgures - 14/08/2008 11:04

nalgures  QUE VERGOÑA

nalgures - 14/08/2008 11:05

nalgures  TEDES UN RABO.... DE AQUI A LAPONIA

PAPO - 14/08/2008 11:06

PAPO  TONGO TONGO E TONGO

pablodonis - 14/08/2008 11:09

pablodonis  POR FAVOR, PODEDES DICIR CANTAS CHAMADAS RECIBIU ONTE ROGER DE FLOR E CANTAS LICOR CAFÉ?

purru - 14/08/2008 11:15

purru  Isto cheira mal e non son eu...

ampaf - 14/08/2008 11:17

ampaf  TONGO

mafaldarias - 14/08/2008 11:18

mafaldarias  Â¿CÓMO PUIDO GAÑAR LICOR CAFÉ SE EN VEZ DE MUIÑEIRA DIN VALs?

donis - 14/08/2008 11:22

donis  Eiiiii, la la laaaa la laaaa, chu chuchuchu... a min plin...a miña canción do verán é a de Roger de Flor. Gracias Roger desde Vilagarcía.

bioyges - 14/08/2008 11:34

bioyges  Â¡Fala cocomoucho que non te escoito! Roger para cando unha xira por galicia?

kikofernandez - 14/08/2008 11:44

kikofernandez  Ay xurado...que eses dous amigos van moi vellos e o desgusto de hoxe foi moi perigoso para as súas saúdes..penso que non poderán sufri-los efectos doutro...

palmera - 14/08/2008 02:00

palmera  creo que trapos sucios dende o meu punto de vista teñen que ir a Laponia porque a parte dos votos teñen un directo impresionante que nos pode dar a vitoria a todos os galegos. O domingo gañaron o concurso a mellor direto de galicia. Tedeo en conta. Un saudo

punksdepastel - 14/08/2008 02:12

punksdepastel  Sigue o fantasmeo!E volta e dalle.O mellor direto de GAliza comparado con quen?Con 4 amigos que se xuntaron para presentarse un concurso.Sexamos coerentes.Dicir que teñen un directo impresionante...gañadores do concurso MELLOR direto!Por non esaxerar vou dicir que hay polo menos 20 grupos que cagan po reles en directo.Tedeo en conta.E kaskada,cala a boca que estas mellor caladiña.Quedache moito pra estar o meu nivel.

kaskada - 14/08/2008 02:41

kaskada  Todos menos radicalfruit son maaaalos, soon moi maaalos!!! e todos menos el somos eu!!! que estamos moi fustrados!!!! facia tempo que un parvo tan grande non ma deixaba tan a juevo. :DDD

sabiaske - 14/08/2008 03:00

sabiaske  os trapos sucios gañaron o premio do concurso da deputación da coruña non o mellor directo de galicia, e non creo q o fallo fora por ofender a ninguén, pero coma sempre pankidepostal ten q vir a dar a nota, chaval se ves insultando o q vas a levar ti tamén son insúltos, subnormal

splontch - 14/08/2008 03:00

splontch  Vese que a organización está bastante avergoñada da súa creación que na RG non abren a boca nin din palabra do concurso

Monica - 14/08/2008 03:05

Monica  estou de acordo con palmera en que os trapos sucios teñen un directo A-CO-JO-NAN-TE, ainda que se equivocou no premio que gañaron o domingo. de todas formas punkidepastel, deberías haber ido ó castelo rock, asegúroche que todo o mundo marchou dalí flipando cos trapos sucios, e se non me crees pasate polo foro de www.barricada.com, xa te convencerás ti sólo, a non ser que poda máis a rabia que tes no corpo

red - 14/08/2008 03:12

red  trapos sucios o mellor directo?A verdade que isto xa é humor negro.Só penso o que teñen que disfrutar lendo isto a xente dos grupos galegos.Que dirán os skarnio,skacha,galegoz,ruxe-ruxe,lamatumba,A matraca,Festicultores,Transivanians....bueno paro xa porque isto é que non hai por donde collelo.A pena e que tampouco son tan malos é un grupo corrientiño coma centos que hai por Gz pero é que dicindo estas cousas quedan tan patéticos.Gz livre oi!

Monica - 14/08/2008 04:35

Monica  eu non digo o mellor directo, digo un directo acojonante, e non digo mentira ningunha. por certo, os ruxe-ruxe xa tocaron en muros tamén, e o viernes pasado (08-08-08)tamén estivo alí lamatumbá, e antes ca eles tocou jabón blue, e tuvo máis espectación jabón que eles. por moito que penses, estes rapaces non empezaron a tocar onte, case todos tocan máis de 2 instrumentos, e a maioría xa estivo noutros grupos, xa fai máis de 10 anos que todos se dedicaban a música, en grupos diferentes, pero todos eran mocosos

sabiaske - 14/08/2008 04:50

sabiaske  JAJAJAJAJAJAJAJAAJaa... es moito red, jejeje... eses grupo dirán o q keiran dicir, coma todos os ke estamos akí, en galiza aí moitos grupos bós, non se pode negar, pero ti xa te pos enfermo nada máis ver o nome dos trapos en calkera sitio es un neurótico, deixa a xente escoller o q lle guste, e deixa os grupos promocionarse como lles pete, porke se a ti non che gusta e o teu problema non o dos demais, e estoucho dicindo con todo o meu respeto

red - 14/08/2008 06:00

red  Que va meu se eu o nome dos trapos é a 1 vez que o vexo e foi aqui que nos festis galegos nin rastro,bon si en Muros jajaja simplemente que xunto cos skandalo eses (outro cibergrupo) son os mais flipadetes(eso de ter fans é coñonísimo coma Bustamante).O de promocionarse pois patético.Imaxina por un momento os 82 grupos poñendo publicidade en todolos foros como fan estes fenómenos,pois sería un kaos.Pero bueno cando remate isto volverán a ser tan supercoñecidos fora de Muros como eran antes jajajja.A ver fans a defender os ídolos veña.Un bico rapaces.Gz livre oi!

sabiaske - 14/08/2008 06:59

sabiaske  pois para ser a primeira vez q os coñeces, ben poderías dar un voto de confianza e non tanto veneno pekeno bustamante... ou digo... red aupa Galiza!!

mara - 14/08/2008 07:05

mara  home claro red, todos os grupos teñen os seus fans, e se os fans non defenden ós seus ídolos quen o vai facer? ti?, desde logo que non, ti esas cousas non as fas verdade? non todo é fastidiar a xente que intenta chegar a algo, tamén é axudala de vez en cando, recomendoche que probes, igual te sintes ben e todo. bicos para ti tamén, que son gratis. Gz livre oi!

deserres - 15/08/2008 09:32

deserres  TRAPOS A LAPONIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

louren - 15/08/2008 02:08

louren  os meus parabens a Vieiros e a RG por abrir esta xanela de expresión artística e deixarnos colgar as nosas cancións, mellores ou peores, máis cutres ou máis elaboradas, mellor gravadas ou gravadas a machada... falaba alguén de que isto é como o cu, cada un temos un, pois iso, se pretendemos que o noso cu lle guste ós demáis tamén debemos entender e respetar que ó mellor o noso cu non é tan bonito como nos pensábamos, e non lle gusta a naide, no peor dos casos. Da o mesmo. Isto non lle vai cambia-la vida a naide e menos se van a forrar, temos xa dos exemplos claros das anteriores edicións. So é iso, unha xanela que ata fai tres anos estivo pechada, un escaparate para coñecer o que fai a xente, xente pola que de non ser a través do Apologhit ó mellor non se atrevería a facer e gravar un tema, e da cal non saberíamos xamáis nada dela, e perdernos a Estomballada, a do forfiesta... Xa está. Os meus parabéns a tódolos grupos participantes de todas as edicións. E o dos premios é como unha lotería, non lle pode tocar a todos. Este ano hai dous premiados e todos os demáis quedaremos coas ganas. Que o proceso pode ser mellorable? vale, pero a día de hoxe é o que hai. Supoño que os organizadores admitirán suxerencias ao respecto e aínda así non choverá a gusto de todos. Saúdos a tod@s.

louren - 15/08/2008 02:10

louren  e parabéns ós premiados

berberecha - 15/08/2008 02:32

berberecha  Que ghanen os mellores e punto!!! Para min eses son os Trapos, porque son os únicos q vin en directo e sei q arrasan. Pero tamén mola un montón a canción de Medomedá (noraboa chicos, superpejadisa, de verdá), así que, se non poden ser os Trapos os enviados a Laponia, que sexa Medomedá, q tamén arrasan. E, por favor, volvo a repetir: deixade dde alimentar a estes trolls q en canto acabe o concurso vanse aburrir coma ostras. Saúde e sorte a todos!!

kaskada - 15/08/2008 03:43

kaskada  Boeno, pois ciao a tod@s de parte do troll máis activo do concurso. Xa sabedes, os listos pasarán, os intelixentes me desmontarán, e os parvos e os de conciencia retorta replicarán torpemente e sufrirán tamén no 2009! Que gañe o me...! digo...que gañe alguén!!

duna - 15/08/2008 08:26

duna  olvidadevos, está moi cantado que serán banda potenkim.....por iso tanto relax na votacion do público.....non sei si me explico........

canido - 16/08/2008 08:49

canido  explícaste ben... mais hai máis jrupos que se relaxaron ao final ¿non si? ¿ou parécemo a min?

tato101 - 16/08/2008 09:52

tato101  Pois ben, como canción do verán, gañou unha das peores. Dende logo que non ten nin retrouso pegañento, nin ninguén sería capaz de tarareala despois de escoitala sesenta veces. E tamén está moi apropiado que represente a galiza nun festival de linguas minoritarias un grupo que non canta en galego. Dádelle unha volta a esto do concurso e a esto do premio para o gañador.

paula1973 - 16/08/2008 10:06

paula1973  GAÑOU BOY ELLIOT AND THE PLASTIC BAGS!!!ALEGROME BEN POR ELES!!!!!! ARRIBA E A LAPONIAAAAAAAAA

duna - 16/08/2008 10:08

duna  Ã³ final parece que ten algo de sentido este concurso.noraboa boy elliot and the plastic bags!!!!!!!!!!!!

splontch - 16/08/2008 10:09

splontch  O único que dixo a organización é que o ano que ven vai cambiar o sistema de votación popular: que se apliquen o conto algúns!. Por certo o de Roger de Fror unha inxustiza

duna - 16/08/2008 10:15

duna  pareceme moi ben que cambien para o ano o sistema de votación pero pareceriame mellor que cambiaran os operarios que fan o reconto dos votos.

Canosa - 16/08/2008 10:36

Canosa  Felicito ao xurado por non premiar á tópica gheviallada, bravuada. Felicítoo tamén por darlle o premio a unha canción tan caralluda como a de Boy Elliott, aínda que non sexa unha canción do verán. O que non entendo é que a de Roger de Flor ficase na oitava posición. Supoño que no futuros os nosos netos, mentres bailan e cantan a canción dos dous amigos, escacharán coa risa pensando en que a canción que os fai felices quedou no ano 2008 de... oitava!!! nun concurso letalmente organizado. Ala, a cambiar as normas.

paulovi - 16/08/2008 10:46

paulovi  Noraboa a Boy Elliott porque a súa música merece un recoñecemento e Planeta 19 é un pedazo de canción, de verán ou de inverno. Porén, concordo co anterior comentario. O gichiño do Extrarradio tivo o humor de dicir que as normas prexudicaran a Roger de Flor, autor da mellor canción deste ano, e que as chamadas chegaran fóra de prazo para o premio do público. Tanto ten, tampouco hai que facerse mal sangue. A canción está aí, o espléndido vídeo dos dous amigos tamén e o que non se consola e porque non quere. Duro cos lapóns, Boy Elliott!!!

evusca - 16/08/2008 10:55

evusca  Celebremos que rematou este concurso-maratón, cunha organización que deberá replantexarse o seu sistema de votación e a propia existencia de dous premios, público e xurado, tan pouco equilibrados. A xente vota e gasta os seus cartiños e o seu tempiño para que non lle tomen o pelo. Eu, se isto segue así, métome nos foros da COPE ou de Radio Intereconomía, que queren que lles diga. En canto á gañadora, era unha das miñas favoritas, pero opino igual que os anteriores comentarios, non entendo o de Roger de Flor.

Ossorio - 16/08/2008 11:07

Ossorio  Boy Elliott (ex – Dani Filloa) premio do xurado, Roger de Flor 2º premio do publico. Na Terra de Trasancos haberá crisis, pero de talento andamos sobrados. Saudos doutro Fenés, Opa Limodre!!! Opa San Valentin!!!

Pantera - 16/08/2008 11:14

Pantera  Tivo que ser así. Me da a min que algún non puido aceptar que as dúas cancións premiadas foran creadas por ferrolterráns. Síntome orgulloso de Boy Elliott e de Roger de Flor, AUTORES!!!!!!!!

canido - 16/08/2008 12:32

canido   juajuajua!!! Fijo que non van pasar indiferentes os lapóns, e non lapóns, cando en pleno festival de linjuas minoritarias jalicia presenta un jrupo que no seu concerto canta en injlés e español. Vamos, de tontos pra riba imos quedar os jalejos, e non polo jrupo en si, pero si jracias ao xurado ten que ter a cabeza ben alta.... juajuajuajuajuajua!!! Orjullosos tedes que estar os Pereiro, Lesende, que se supón xente estudiada e compañía do cristo que se vai montar. Iso si, se os Boys son quen de montar un repertorio en jalejo retiro o de BURRROOOOOOOSSS!!! juajuajuajuajua!!! ah non o dijo eu, dino eles no seu myspace e na súa páxina oficial. A ver quen supera isto...

canido - 16/08/2008 12:37

canido  Por certo, o tema non é malo e parabéns polo premio, con todo o que trae... sempre podedes ir a laponia, tocar o voso tema no festival e ajachala cabeza e pechala boca para que non se note que sodes jalejos que non falan o jalejo

splontch - 16/08/2008 02:04

splontch  Canido: o que tes é envexa.

splontch - 16/08/2008 02:07

splontch  O que sí está claro, é que pode ser un fracaso a xira dos 6 concertos de apologhit08: un grupo que canta em español e outro que non afina :S. Animo a que Boy elliot prepare un repertório na nosa língua e que SkándaloGZ faiga playback!! ;)

canido - 16/08/2008 02:30

canido  envexa si...juajuajua!!! isto é como se pomos a un raposo a coidar do jaliñeiro... INCONCEBIBLE!!!!! non porque o raposo coma as jaliñas, que iso o sabe todo dios, senón por quen o puxo de coidador juajuajuajua!!!

splontch - 16/08/2008 02:45

splontch  por moito menos do que dís xa se lapidaron e crucificaron a uns cantos neste concurso...

canido - 16/08/2008 03:28

canido  vala vale, o jrupo non ten que ver nisto...

canido - 16/08/2008 03:30

canido  ... e o tema é bon. punto.

ghatokan - 19/08/2008 12:08

ghatokan  parabens os premiados,alegrome que gañaran os boi eliot. os gz`s decirlles que independentemente do ben que toquen o que si esta claro e que son boa xente,e por iso teñen tantos amigos. a organisasion unha de cal outra de area,tiveron a decencia de non caer no amigismo escarado,mais non pricipios se non mais ben por estar entre a espada e a parede,tiron de orellas a tiron de orellas. pra o ano que organise outra xente sera o mellor

ghatokan - 19/08/2008 12:14

ghatokan  por certo xa postos a cambiar todo polo camiño eu cambiaria o premio,boi a laponia,skandalo disco,os demais finalistas minixira de concertos,e premio de consolacion os demais un concerto con todos os que queiran participar,asi polo menos todos levan algo

Vito - 19/08/2008 08:59

Vito  Por curiosidade. ¿alguen sabe cal e o premio q leva o gañador do publico?

Franl - 21/08/2008 11:43

Franl  Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s e parabéns ós gañadores do Apologhit 2008.