Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07

(27/08/2008) Boy Elliott and The Plastic Bags, xa temos a canción do 2008!

O xurado de A Polo Ghit decidiu que unha banda da comarca de Ferrol, Boy Elliott and The Plastic Bags, sexa a encargada de representar ao noso país no eurofestival Liet-Lavlut, que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå.

A decisión non foi nin moito menos doada xa que este ano A polo ghit volveu bater marcas de participación. Finalmente os membros do xurado: Tito Lesende (crítico musical); Xosé Manuel Pereiro (decano do CPXG), Patricia Romero (presidenta do club de fans da orquestra panorama); e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor) optaron pola canción que levaba por título “planeta 19”.

Agora, todos con Boy Elliot a Laponia!

1 Comentario(s)

sesi - 28/08/2008 04:06

sesi  Que lástima que, na nosa situación, vaia representar a Galiza un grupo que canta en español. Síntome realmente defraudada. Non creo que poidan dar a paixón que podería dar un grupo galego, dos de verdade, dos que canta na súa lingua, sen importarlle o que digan ou o que vendan. Xa o dicía onte no concerto de Ruxe- Ruxe na Coruña, o seu cantante (Vituco), que é moi bonito ver aos novos grupos galegos recoller o testigo dos grandes e consagrados como Zënzar, Os Diplomáticos ou (engado eu) eles mesmos. Esta xentiña, vaia por dios!! como diría miña nai. Uns miña xoias.