Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Juanito Broders

Churrasco (48)

Churrasco (48) Esta noite hai festa. Temos viño, augardente, licor café, e sobre todo moita, moita carne para asar. Mentres uns adoban, outros preparan as brasas, e así van pasando as horas. Por fin, cando cae a noite, churrasco para todos e todas. Chistes, risas e fume… E de postre, Juanito Broders no GhettoBlaster. Eles son Yagoso, Hevi, Tini e Franky e chegan dende Compostela.

-Ei Iago, que? Como tamos? Imos para unha churrascada ou qué?

-Churrascada? De puta madre tío.

-Avísame ai ao Hevi, xa chamo eu a Isra, Calcu, está toda a xente ai esperando, tan esfameados, tira para arriba.

-Pero...hai licor café?

-Tira para arriba...

Churrasqueando na cidade, alta calidade, dende Chaian non hai quen nos pare, os irmans Xanciño, tremendos picheleiros, non somos moi guapos pero si moi churrasqueiros, asi que neniña vente con nós, aló ó monte, nos nosos bólidos, se somos seis, pois un agochado, dereito ó merendeiro con cara de malvados, primeiro, temos que coller a leña, modo kung fu, nunha carballeira, subir ó coche, madeira seca, facé-las brasas, prendé-la mecha, Opis faino fumándolle un peta, mentres o Isra pon a musiqueta, e uhhhh carnocha ben boa, Calcu pon a mesa, as birras van agora.

O lume vai guai, está quecendo todo, teño do meu lado a carne con adobo, o segredo non é nada novo, unha boa brasa e que se faga a modo, supercociñeiro coma Jackie Chan, todos tan doentes, fumando a caracán, mentres espera, quen che dera que o churrasco se fixera coma quen fai unha pera, pero hai que estar tranquis, a brasa lista e vou poñendo a carne, costela de porco e criollo de primeira clase, faise noite, hai que preparase, unha linterniña e velas por todas partes, unha party, pra que te fartes, asi queiman o cartos os juanitos mami, escoita como pinga a graxa na brasa, e se sobra algo lévalo para casa, asando carne antes de ser mc, atentas churrasqueiras, isto vai pra ti.

CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO

Cú sentado, cara de esfameado, pratos en alto, chega o primeiro asalto

Galegos tolos, todos e todiños, imos seguir pero agora co viño, un pouco de pan pra acompañalo, xantar tremendo potente churrasco

Segunda parte, pincho moruno, chourizo fresco, tache caralludo

botar tabasco nunca é un fiasco, senón chimichurri, tranqui que hai dous frascos

Entre cada petisco tinto con refresco, para todo Cristo se non hai viño lisco

O o o o xa ven o churrasco,o o o xa está o churrasco.

CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO

Cafés con augardente para toda a xente mezclado co fume quedar moi demente

Viva o mundo verde, cheira cando arde, a mandanga florescente, naceu de achante, e morre en un instante, garante que a festa non se prante, que a xente se escaralle, ca risa o esmendrelle, cos contos porcos, e chistes verdes a miña cabeza xa esta noutra parte.

Empeza o rollo trance, contos escarallantes, cada un peor e mais denigrante, historietas bravas, sempre a falar de pavas, detras do polígono hai festa privada....

ye ye ye con licor de café, a churrascada, a festa máis animada, yeee

un instante calquera churrascada en primavera

CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO CHURRASCO


0 votos

18 Comentario(s)

augustodubois - 30/06/2008 07:25

augustodubois  Maaaarvelous!

Novedadescarminha - 30/06/2008 03:44

Novedadescarminha  Somos fans deste tema, entre outros de Juanito Broders. Mua

anxo_indana - 01/07/2008 12:10

anxo_indana  enormes coma sempre un voto e unha aperta enorme para todos!!

Xainin - 03/07/2008 12:10

Xainin  todo o mundo canta ¡churrasco!, os nenos, os avos, ela, el, elo/a, o can, ata o cocho....

Damch - 04/07/2008 11:45

Damch  O meu voto, ;) CHURRASCO!!!! CHURRASCO!!!! CHURRASCO!!!! CHURRASCO!!!!

ghrasacombrassa - 04/07/2008 12:33

ghrasacombrassa  mira como pinga a grhaaasa na braaaaasa mundial!

nkprieto - 04/07/2008 05:55

nkprieto  Onte pola noite, no Avante de Santiago, uns cantos tipos de Mos baillaron e retorcéronse coma bimbios con este tema!! Un saúdo

pequeno-monstro - 05/07/2008 12:41

pequeno-monstro  A canción é moi boa, non porque mo dixera Cholo, senón porque xa a teño ouvido é está moi boa... quero dicir, que o churrasco está moi bon. www.pequenosmonstros.blogspot.com

elnotax - 08/07/2008 11:44

elnotax  un poco raiante,el regueton xa pasou de moda

centolinho - 10/07/2008 01:17

centolinho  Como q o reggaetón pasou de moda pero ti a q garitos vas, por onde eu sai poñencho ata na sopa. E postos a escoitar reggaetón q sexa cunha boa ración de CHURRASCO!!!!

jrucho - 14/07/2008 12:55

jrucho  ese centoliño

prosimieski - 16/07/2008 09:12

prosimieski  Ahí Ahí a perrear que me tades poñendo o criollo a punto

capikaspa - 21/07/2008 12:13

capikaspa  que bo tema. bravo.

capikaspa - 21/07/2008 12:25

capikaspa  oh, deus, nunca aprenderei ista letra, é muito longa. Pero xa xei bailala!!!!!!!!!

foucinho - 23/07/2008 11:35

foucinho  Deputamadre tíos! Eu son mais de ghitarras con distorsión, mais moito me presta este tema. Mola! Ke vivan as churrascadas!!!

comobailacarminha - 28/07/2008 04:34

comobailacarminha  xenial, é divertidísima, vivan as churrascadas e a música!

KBS - 30/07/2008 05:44

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 01:01

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott