Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Royalties

Automático (60)

Automático (60) A factoría Xurásica (Fame Neghra, The Homens, Samesugas, Redullos, Street Fighters...) non se cansa de cuspir bandas de rock, agora é o momento para Os Royalties. Cunha ampla experiencia no mundo do rock (Redullos, As Fulanas, Contrastes, Capellán Tabernícola...) e dous anos de vida, os tres compoñentes da banda, Dani (Guitarra e Voces), Miguel (Batería) e Soni (Voz e Baixo) coinciden en que a xente necesita máis rock'n'roll para darlle emoción ao seu delirante día a día. O trío coincide en que a canción Automático pode chegar a ser o ghit deste verán, rock fresco de estribillo pegañoso cunha letra que ironiza a aspiración humana de perfección e eternidade a través dos ollos do día a día e que ten como derradeiro expoñente ao Terminador ou a aqueles cyborgs de pelis de serie B que tanto nos gustaron.

Co implante da perna xa podo andar
Un tabique de prata, un ollo de cristal
O marcapasos agora vai ben
E xa non sei que máis facer

Son case automático
Son case automático
Son case
automático

Agora xa non me costa respirar
Teño un pulmón eléctrico conectado a
un by-pass
As válvulas do corazón
son da mesma marca que o esternón
así que xa son

Son case automático
Son case automático
Son case
automático


0 votos

22 Comentario(s)

trapos - 05/07/2008 11:47

trapos  Hello! Un saudo dos trapos sucios www.trapossucios.com

Targets - 05/07/2008 12:28

Targets  joer, cañerisimo!!! Parabens!!!

moki - 07/07/2008 09:52

moki  forza royalties!moi bó tema,increíble k non teñádes moooitos máis votos,é o malo de non ter amigos informáticos,sorte.

carlosgz - 07/07/2008 11:36

carlosgz  Que bos sodes, pedazo tema como me poñedes!!!!

rafael - 07/07/2008 12:42

rafael  do melloríño k hai no concurso,merecedes gañar ,non entendo como hay cancións com máis de mil votos e que non valen pra nada,en fin, sorte,quero r´n´roll.

boyelliott - 07/07/2008 04:14

boyelliott  opa nenos, temazo!!!!, vémonos

Mr_Furioso - 07/07/2008 09:06

Mr_Furioso  Mecagonacona con estos xurasicos esto si é rock'n'roll quero foder escoitando este peazo tema

Atodoghas2008 - 09/07/2008 11:21

Atodoghas2008  esto ten unha forza moi moi poderosa xa me estou poñendo a 100, xa case que vou a todo ghas

forever - 09/07/2008 09:46

forever  Guau, guau, aaaaoooouuuuu!!!!

rogerdeflor - 13/07/2008 11:09

rogerdeflor  Bravo!

piruca - 13/07/2008 09:40

piruca  Boísimos no Porto Río!que haxa unha segunda vez moi pronto!

rancataplan - 15/07/2008 03:55

rancataplan  Coño! Os Royalties!!! Saudos rapaces. Para cando un bolo en Dublín. Iván.

piruca - 16/07/2008 09:26

piruca  Boísimos!eu tamén quero rock and roll!

allermi - 16/07/2008 11:15

allermi  Iso, en Dublín, e en setembro...!!

mangante - 16/07/2008 10:17

mangante  Â¡ese ghit!

tuiqui - 17/07/2008 04:04

tuiqui  eu son case automático, ei Back bili, bili, bili,

capikaspa - 21/07/2008 11:31

capikaspa  isto é caña e non a servesa.

cousafofa - 27/07/2008 11:04

cousafofa  Sen dúbida, sodes os mellores!!

unhaareinha - 29/07/2008 03:45

unhaareinha  Sodes os melhores. Quero máis rock and roll no Porto Rio!!

KBS - 30/07/2008 05:35

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 12:57

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

centaury - 27/08/2008 10:05

centaury  sodes os mellores !!!!!!