Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Pulpiño Viascón e a Banda Arpón

Vin en caiuco (66)

Vin en caiuco (66) Despois do seu éxito na primeira edición de A Polo Ghit, Pulpiño Viascón vólvese presentar, desta volta acompañado pola Banda Arpón, cun tema sobre a inmigración.

Eu son o que
Veu en caiuco i en patera, con mais colegas.
Á miña moza deixei, no porto coa miña avoa
Para que ela non chorara pena
O pez lúa díxolle ao delfín
Que lle contaran
Que do outro lado do mar
Había esperanzas de atopar algo mellor.
nesta cidade de Europa ,Europa, ooooooooo.
Faláronme dun mundo novo
onde a comida sobraba, e había auga.
non teño diñeiro
pero traballarei coma o que mais. Terei os mesmos dereitos.
Para que poida voltar ao lar.

a mercar un anaco da terra
unhas cabras e un burro para labrar oooooo criar galiñas e comer pan do día. si hai
treboada quedarme na miña cabana...oooooo
Falaba dos meus soños na balsa co alcatraz.pola noite fría, axudábame a pescar.
voltarei .euuuu euuuuuu.África.


21 votos

18 Comentario(s)

louren - 12/07/2008 11:51

louren  xa me tardabas master! benvidos master!! xa me tardabas. mañán douvos un voto, hoxe os controis antidoping-votar 2 veces non me deixan, saúdos e a ver cando tomamos unhas cañas...

ghatokan - 21/07/2008 06:31

ghatokan  lourenzo tes que quitar esa muletiña,master pa aki master pa ala : ) opa bias

louren - 23/07/2008 08:58

louren  o prometido é deuda. tardei un pouquiño máis porque ando de vacas, mais o meu voto xa é efectivo. unha aperta. mirámonos en breve.

ines - 24/07/2008 09:42

ines  Sempre o grande Viascón.Bicos!!

KBS - 30/07/2008 05:32

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

okechetrabaoscollons - 03/08/2008 12:32

okechetrabaoscollons  era sabido, non pode faltar markinho, nin pulpinho.. íntimos da RG.. vaia vaia..

fedello - 03/08/2008 03:56

fedello  que gañe o mellor, as cartas están botadas!!!

arrozvias - 03/08/2008 06:10

arrozvias  joer vias nen con todos os enchufes e os teus amiguismos de sempre te comes unha rosca... que pasou?, ainda che quedan persoas de bon corazón para que ti as explotes interesadamente? non sei que che colou aqui pero parece que se está a facer xustiza... A miña humilde opinión é que a canción é pésima e ademais bota un cheiro de banalización e de utilización das desgracias alles misturado con romanticismo de todo a cen que tira pra atrás... pero mentres lle caigas simpatico aos teus amigos pois haberá que aturarte... pola miña parte arroz, vías!

GALINDO - 04/08/2008 06:14

GALINDO  TTODOS OS DEREITOS QUE CREE ISTE TEMA IRAN DESTINADOS PARA A XENTE QUE VEU EN CAYUCO OU EN PATERA.

moluskus - 04/08/2008 10:15

moluskus  onde dan os carnés de caiuco? esto é o colmo da hipocresía!!

boyelliott - 05/08/2008 12:12

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

arrozvias - 05/08/2008 01:50

arrozvias  Quén será ese galindo? un representante do sr polvinho ou o mesmo en persoa?? en todo caso facendo un cálculo aproximado dos dereitos que pode xerar poderian ser máis ou menos 0'06 euros... é igual, o caso é quedar ben e non gastar un peso. Eu conformariame conque o señor vias non intentara aproveitarse das desgrazas alleas para facer negocio... ainda que tod@s sabemos que ser solidari@ vende moito e ademáis axuda a ligar que te cagas, e iso si que é realmente importante... vaia tela. Vias molabas máis cando tocabas en eskupe-eskapa arroz!

morotxo - 06/08/2008 10:08

morotxo  ARROZVIAS, eres un pésimo envidioso que non aceptas que a tua canción non chegara a final, e a tua canción seguro que merecía estar na final pola calidade que ten, pero escribir con esa xenreira envidiosa e con esta actitude despota o tempo puxo a cada un no seu sitio. Sinto arrozvias, sempre podes presentarte o concurso de NSAIO, ahí codearaste cos millores grupos ESPAÑOIS e entre os cales algúns residen na túa terra

FRANEU-HOOD - 06/08/2008 03:35

FRANEU-HOOD  Aúpa Morotxo! Parece mentira que sempre teña que sair algún envidioso tipo arrozvías que so sabe facer dano. As desgrazas alleas, Sr.arrozvias son culpa da xente coma tí que so pretende fastidiar e so se queren a sí mesmos pretendendo que o dos demais e unha merda. O problema da inmigración e algo mais que complicado e forte e ten que estar presente nas mentes de todos. Pra iso, pra que ninguen o esqueza, nada mellor que cantar por eles. Se ti queres ver algo negativo en iso, tes un bo problema, e ti si que o utilizas para desacreditar a Vías. Dudo que o coñezas ou non falarías así, e se o coñeces, e evidente que o teu ego e a tua envidia non te deixan ver mais alá. Pra terminar, deberías ter máis elegancia e non inventar un nick so pra poñer a parir a alguén. Se tiveses un mínimo de estilo firmarías co teu nome. Un abrazo a ti Morotxo, ti si que sabes. Fran Castro (pianista de Pulpiño Viascón).

radicalfruit - 08/08/2008 12:05

radicalfruit  vaia kaskada, dis verdades coma puños, mais ¿non será punkidepastel o teu alter-ego ao que estás usando de cebo para meter mal roio entre estes grupos? dáseche ben. O que di o xurado vai a misa

arrozvias - 13/08/2008 10:09

arrozvias  vale, vale... tal vez paseime un pouco, pero joder morotxo, parece mentira que sexas ti precisamente o que defendas a marcos, quén te oiu e quen te ve, seica ainda non te zugou todo o sangue, non é por nada pero ainos ben pánfilos... ti saberás porque o digo, e que non che pareza mal, que o digo polo teu ben. Só teño que dicir que eu non teño grupo nen participo nada máis que como un observador, non teño ningún motivo para ter envexa pois nin me vai nin me ven... (por certo que é iso do concurso nsaio???) só o sinto por outros grupos que tal vez non teñen tantas influenzas como o colega en cuestión... pero mira o xogo e asi. E, tes razón o tempo pon a cada un no seu sitio 17 votos, no comment. Fran Castro: Coñezo a Marcos Aboal Vázquez dende fai 22 anos... entendo que tes bon corazón, deséxote o mellor... tempo ao tempo

morotxo - 13/08/2008 11:46

morotxo  En fin ARROZVIAS,eu penso que ti non es ninguén para xulgarme quen me esprimiu ou quen non me esprimiu.. vexo que eres moi cercano, si, si vexo... e vexo ben. e se non tes ningún grupo soamente decirche que o xurado e quen debe ser criticado no caso de criticar, eu simplemente me limito a evidenciar as qüestións das regras do xogo ou do concurso millor dito. Master,viascon por presentar 2 temas a este concurso, master todos os demais grupos por ter cada ano como obxectivo principal tocar todo o verán e gravar un tema para este concurso e master ti por darlle vidilla a este e os demais foros...VENHA, cortate un pouco a escribir cousas que non veñen o caso( como o que ti me dixeches agora) e dalle un voto a viascon, que dis que o coñeces dende hai 22 anos coño, el seguro que cho daría. Unha aperta ARROZVIAS

arrozvias - 13/08/2008 12:08

arrozvias  morotxo tes razón... relaxémonos... síntoo... xa che convidarei a un viño cando nos vexamos nalgunha festa ;D aló polas tuas terras da bandeira, (por certo non te vin en cous) pero verémonos nalgunha outra. Viva a música!!! eu votei por estomballada... é a miña preferida ( esto non quere dicir a mellor... ollo ) outro ano será!!! un saúdo