Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Desalojo

Carne no caldeiro (74)

Carne no caldeiro (74) Desalojo son Antón Pérez Simil "Piru" (Voz e Baixo), Diego Santiago Lijó (Voz e Guitarra Ritmica), Diego Rey Romero (Guitarra e coros), Daniel Barral López (Guitarra solista), Ángel Ramallo Lojo (Bateria). "A canción está baseada en feitos reais e trata sobre dous colegas nosos que marcharon a traballar fora e acabaron na comisaría e condenados a seis meses de prisión que nunca chegaron a cumplir por non ter antecedentes penais. A historia comeza porque foron a traballar a Cidade Real e na primeira semana que estaban fóra foron parados por unha patrulla da policía, estaban falando galego entre eles e claro, un dos nosos amigos é moi moreno e vamos... que falando nun idioma "raro" pois os confundiron con marroquis ou rumanos ou sabe Dios, pedíronlles a documentación do coche e documentos de identidade, inmediatamente botáronos ao chan e esposáronos, tivéronos sete horas na comisaría sen dereito a nada, nin chamar nin nada, e logo aínda por riba a propia policía os denunciou por agresión, cousa que era totalmente mentira. Volveron para casa xa con antecedentes policiais sen comelo nin bebelo e de momento poden contalo". A música é de Piru, a letra de Piru e Diego, os arranxos de Randy, Jito e Ángel, a voz de Piro e os coros de Jito e Diego.

Dous Jallejos en Siudá Real
con apariencia de inmigrante ilejal,
marcharon fora pa janalo pan
porque na casa o choio anda mal.

Mimadriña querida!
veunos a pinta a Juardia Sivil,
hai un Jallejo na lua
e aquí outros dous cajandose por si.

Señor ajente se lo ruejo
los papeles del coche
no los tenjo aquí
pues nos vais acompañar a comisaría
Ay por Cristo Bendito!
confundironos con marroquis.

Sete horas sin comer nin beber
sin cajar nin mesar sin fumar nin toser,
sete horas metidos nun cuartel
carjaronos no lombo todo o peso da ley.

Por ser Jallejo, seis meses de talejo.
Por ser Jallejo, caldo cosido e carne no caldeiro.
Por ser Jallejo, seis meses de talejo.
Por ser Jallejo, caldo cosido e carne no caldeiro.

Mamaiña eu non fixen nada,
non hai xustisia tesme que creer,
mira rapas ti pensas que eu son parva,
non fajo bo de ti, nin verjonsa tes.


0 votos

6 Comentario(s)

capikaspa - 21/07/2008 10:37

capikaspa  historia divertida se se conta con senso do humor. quizais que lle sobra un pouco de victimismo. A culpa foi dunha confusión da juardia sivil, non do feito de ser jallejo. Saudos, que o tema sonoume ben.

ghatokan - 21/07/2008 06:22

ghatokan  que lle dean polo cu a garda civil !

milker88 - 22/07/2008 11:06

milker88  Moi boa historia, si señor pero o peor foi pa eles que o pasaron como o carallo

KBS - 30/07/2008 05:28

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 12:54

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

Mixigodo - 04/03/2009 10:02

Mixigodo  Pois a min non me gusta demasiado a canción, esperábame algo mellor deste pedazo de grupo, xa que había oído a súa maqueta e gustáranme bastante. Esta canción está bastante falta de ritmo, e a gheada é bastante esaxerada. Veña rapaces, que o podedes facer mellor, non vos desanimedes, que tedes unha maqueta que mola a dios bendito!