Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Dandy Fever

Cara a min (77)

Cara a min (77) Entón a temperatura do corpo empeza a subir e a subir e a sección de metais fai que Galiza pareza máis ben unha apartada illa caribeña. Cando xa todos se atopan baixo o influxo dos Dandy Fever, a melodiosa voz de Mariana fai que todos queden no sitio, coma hipnotizados... Xamaica está un pouco máis preto... Os efectos do Dandy Fever non se fan esperar. Ao pouco de comezar os seus concertos o público comeza a sentir estrañas sensacións: nun primeiro momento o individuo perde o control das súas pernas, logo dos brazos, da cabeza... ata que por fin todo o corpo se move como por vontade propia, seguindo os sincopados ritmos da banda. Entón a temperatura do corpo empeza a subir e a subir e a sección de metais fai que Galiza pareza máis ben unha apartada illa caribeña. Cando xa todos se atopan baixo o influxo dos Dandy Fever, a melodiosa voz de Mariana fai que todos queden no sitio, coma hipnotizados... Xamaica está un pouco máis preto... Dandy Fever, que tamén recuncan en A Polo Ghit, son Mariana (Voz, 25 anos), Charly (Guitarra, 29 anos), Brais (Batería e coros, 29 anos), Dani (Saxo alto, 29 anos), Iago (Trombón, 26 anos), Lorenzo (Trombón, 33 anos), Néstor (Baixo, 26 anos).

Non pensaches nunca que che pasase a ti,
vivías no ceo, no teu mundo feliz.
mais un día pasouche a carón do teu ser
e unha pedra ben grande sobre ti caeu.

Afronta esta vida como é.
mira a os ollos sen ceder.

E non teñas medo deles,
o camiño da vida é así.

Véndiche-las brasas sobre as cinzas do ar
sopraches ben forte para comezar.
e no día a día paso a paso estás.
no teu sitio sempre estarás.

Dunha longa noite espertarás
e nun novo día estarás.
E non teñas medo deles
o camiño da vida é así.

Cara min terás que vir
e no meu corazón vivir.
Cara min terás que vir
e no meu corazón vivir.

E non teñas medo deles
o camiño da vida é así.


0 votos

8 Comentario(s)

merlindasroseiras - 20/07/2008 11:23

merlindasroseiras  Sorte, rapaces. Seguro que esteredes entre os primeiros, xa que a canción o merece. Saúdos desde As Roséiras na Coruña

ghatokan - 21/07/2008 05:58

ghatokan  moi ben,moi ben,seguro que estades na final,sorte saudos

danielo - 24/07/2008 10:19

danielo  que bos os dandy fever!

-ORBALLO - 25/07/2008 08:30

-ORBALLO  Moi guapo este tema, do mellor dos que escoitei de momento

Franl - 26/07/2008 08:34

Franl  Un voto desde Monte Alto. CALIDADE con maiúsculas, como sempre.

KBS - 30/07/2008 05:24

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

Hibernian - 30/07/2008 08:24

Hibernian  grandes coma sempre, saudos trapalleiros

boyelliott - 05/08/2008 12:54

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott