Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Emilio José

... à la plage (79)

... à la plage (79) As miñas cancións son todas sobre Quins -e Ourense provincia en xeral-, con letras bastante agrias, por moi divertidas que parezan. Pero ao chegar o verán sentín que necesitaba algo máis festivo, unha breve canción de río. E, realmente, así é como debería titularse: "ao río", ou o máis localista "as pozas de Melón", só que cando escribín "na tvg poñen hoxe a peli...", recordei que ese filme era "Pauline à la plage" (non é que me gustara moito, pero Pauline si que era guapa... algo noviña, pero guapa!). Así, convertín a letra nunha serie de viñetas bastante prototípicas do verán (e ollo, que non a fixen a propósito para este concurso!)... A sensación de omnipotencia, os días libres, o amor reencontrado, as suízas que veñen de vacacións ("permítame usted, señorita")...Se ben proximamente empezo a ensaiar cunha banda ("Emilio José e Os Pentagramas"), nesta canción gravei e cantei eu todo.

Deixa que me espete,
que logo as cousas han ser moito mellor
Deixa que me espete,
que logo todo se ve moito mellor...Ahh, que gran caída
Ahh, pero que gran caída!

Deixa que me espete,
que así as cousas vense moito mellor
Deixa que me espete,
que logo todo vai ser moito mellor

Uh, que ledicia os domingos que dá o sol e non hai nada que facer!
Uh, cantos meses pensei en ti e agora disme que me vas querer!
Uh, na tvg poñen hoxe a peli que eu non tiven tempo para ver!
Hoxe é distinto! Todo é coser e cantar!

Deixa que me espete, que se me espeto, espetado esperarei!
(*permítame usted, señorita*)
Baile tropical, baile en Venezuela, baile en Paraguay, baile nas Mestas...

(buscaba petróleo
e encontrei gas natural)


0 votos

6 Comentario(s)

Mayra - 21/07/2008 04:41

Mayra  Emilio es amor

mourullo - 21/07/2008 05:06

mourullo  Emilio José protagoniza a xira deste verán: http://amigosdeespana.wordpress.com/ Esto é épica e o demais son contos!

arremecaghona - 22/07/2008 03:49

arremecaghona  Ese EJ! Só faltan dous días para que comece a xira máis arriscada da música popular galega. Un voto e un saúdo

capikaspa - 26/07/2008 12:35

capikaspa  Non cabe dúbida, unha musiquiña moi galante, ben feito rapaces!

KBS - 30/07/2008 05:23

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 12:53

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott