Vieiros

A polo ghit 10

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 09
votos
Coruña, rabuña!

Coruña, rabuña!

por  Amilenko
Descargar 0 Votos Enviar
Amilenko recrea neste tema unha hipotética situación de estado de sitio causada polo reiterado caos urbanístico dunha cidade sitiada por obras e demolicións constantes como é a cidade da Coruña. Os feitos narrados en clave de nenciencia-nenficción presentan un marco de prevaricación inmobiliaria especulativa tal vez sita nun imaxinario 20?? (for instance…).

Amilenko tamén presenta un "videoclin" con imaxes reais da demolición dunha casa emblemática na rúa Atocha Alta, no mítico barrio de Monte Alto, no que foron asasinadas varias persoas pola súa vinculación coa República e o seu fondo carácter librepensante e libertario con motivo das purgas da dictadura franquista española… As persoas e as casas, poderemos ser derrubados… Pero non se borrará a memoria das nosas pegadas, mentras queden fachos de cultura prendidos por aqueles e aquelas que se negan a esquencer, mentras aínda disponen de memoria.

Este tema está adicado a todas as persoas “anónimas”, que non entrando nos libros escritos polos vencedores de batallas absurdas, foron protagonistas directos da Historia, en primeirísima persoa, morrendo con dignidade (a mans de seres indignos) a prol das súas ideas baseadas na igualdade e fraternidade de toda a Humanidade…

Letras

(Sucede que a música é subxectiva; it occurs that music it’s subjective…)
Baixaron do Labañou, armados ate os dentes
a defender Monte Alto, República independente
E na casa das Atochas, armaron o tinglado;
Comezaron as maniobras. Todo o mundo convocado…
Sonou a alarma no barrio. Sonou a alarma no barrio.
Espallaron os comandos por todo o vecindario.
Chegou a peña dos Mallos; viñeron os de Monelos;
Varias patrullas dos Castros; e de Palavea viñeron.
Todos os bravos de Elviña; valentes do Ventorrillo
A xente nova da Silva, emulando a María Pita.
¡Coruña, rabuña! ¡Monte Alto, resiste! (bis)
Armóuse tal alboroto que incluso o alcalde
Fuxíu ó Vaticano para non mancharse co sangue.
Contra a especulación dos novos ricos
A Coruña estallou e enfrentóuse ó enemigo.
¡Coruña estado de sitio!
Chegou a peña dos Mallos; viñeron os de Monelos;
Varias patrullas dos Castros; e de Palavea viñeron.
Tódolos bravos de Elviña; valentes do Ventorrillo
A xente nova da Silva, emulando a María Pita.
¡Coruña, rabuña! ¡Monte Alto, resiste!
¡Contra a especulación, Coruña rabuña!

 Comentario(s)

Franl
Franl - 14/05/2010 07:54

O vindeiro 22 de maio, Os Tres Trebóns estaremos compartindo unhas xornadas de música e lecer en Orazo, na Estrada, dentro dos eventos organizados pola A C Coto Manguelo, nas que todo o mundo está convidado. A música non parará ao longo de unha xornada inzada de propostas interesantes. Vémonos alí. Os Tres Trebóns subiremos ao escenario alá contra as 3 da madrugada.

capikaspa
capikaspa - 19/05/2010 01:34

Paco, la página no me da la opción de votar (?)

Donovan_LaFleur
Donovan_LaFleur - 27/05/2010 02:17

O amil si que é Rabudo. Yeahh

papuxa70
papuxa70 - 27/05/2010 03:21

Amilinho ,o galego nom é so para cantar,também se fala decote...

homero
homero - 31/05/2010 12:12

sorte weis!

monchovilla
monchovilla - 02/07/2010 01:06

muy boa.