Vieiros

A polo ghit 10

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 09
votos
Galician punchi jaiteira

Galician punchi jaiteira

por  Compañía do Ruído
Descargar 0 Votos Enviar
Presentamos un punchi punchi veloz que resume as gañas de voar, e de dar un paso sempre para diante, patrás nin pa coller impulso. A Compañía do Ruido son: Suso, Sabela, Toño, Fernando, Bruno, Pablo e Carlos.

Letras

Galisian punchi jaiteira
Quero verbenas, licores para as penas
que afoguen na taberna, e dansar ata a mañán,
Saca medos, saca angustias, non te fagas máis preguntas
que si non se chega hoxe, pódese chegar mañán.

Peito pra dalas, e lombo pra levalas,
amarra ben o barco, que hoxe é tempo de folgar.
Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios.
Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios.

Quero verbenas, licores para as penas
que afoguen na taberna, e dansar ata a mañán,
co solás arruinado, non se vai a ningún lado
para levar con forza a vida, aplica ritmo e compás.

Peito pra dalas, e lombo pra levalas,
amarra ben o barco, que hoxe é tempo de folgar.
E tardando o tempo xusto, pan e viño para ir a gusto,
os pés pra andar o camiño, e a cabeza pra voar.
Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios.

 Comentario(s)

Franl
Franl - 05/06/2010 06:37

Ruido nas rúas. Ruido no corazón. Ruido nas lembranzas. Ruido que da solaz a alma e que pon o corpo en éxtase místico en conxunción coa terra, coa xente, coa dignidade, co respecto e a inquedanza que procura sempre un futuro menos escuro. Moita sorte, irmáns. Jaiteira!!!!!

repolodebetanzos
repolodebetanzos - 14/06/2010 07:52

A Compañia, jaiteiros!

monchovilla
monchovilla - 05/07/2010 08:51

estes merecen algo jaiteiros.