Volver a Vieiros

A...BELLA! O MEL!

Enviado por Nin_xoubas_Nin_Anais o día 19.02.2008

Aquela noiva que tiven, golosa e melindrosa lle botaba enriba do landro unhas pingas de mel: logo paseniño estaba a lamber e zugar coa lingua: a un tempo me vitamino, dicía coa boca chea de sensualismo e ternura. Así seguimos até que, un verán coa ventán aberta ensimismados no noso, unha avespa competiu coa miña moza: foi a un tempo moi doroso e pracenteiro. Outramente nunca en tal vinme co pito tamaño capón de Vilalba, a ela que tamén lle mordeu nunca se vira cun beizo así. Polo tocante a miñas partes nunca máis volvin a enredar co mel

1.82/5 (17 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede