Volver a Vieiros

A Carne con Carné

Enviado por Snob o día 19.02.2008

Descubrín ansiosamente e apalpei a carne húmida e aínda fría. Un calafrío de pracer rabuñou a miña espalda.

As habituais sensacións de suciedade, de estar facendo algo noxento e prohibido, e o medo a ser descuberto só o facían todo aínda mellor.

Sen perder o tempo, afundin o meu pene no acolledor burato rosa que traballara e quentara cos meus dedos. Non durei un suspiro.

Ao pechar a porta da neveira, a cociña volveu quedar a escuras. Entre as tebras pregunteime, satisfeito, se alguén apreciaría o meu sabor nas almóndegas do día seguinte.

2.41/5 (22 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede