Volver a Vieiros

Soño coa cidade dos cegos

Enviado por frenchchou o día 19.02.2008

Na oficina, ao almorzo, viaxando no bus, mentres me contas na cama os sucesos do día. Cada vez que pecho os ollos volvo ver a cidade dos cegos. Volvo ver as rúas baleiras que abocan no deserto, o aire denso e brillante. Vexo de novo homes e mulleres que se moven espidos, alleos a todas as miradas, que só son a miña. Vexo as súas figuras bronceadas, os pubes loiros, as vergas que avanean, e imaxino que sobre a area son amante de todos e de todas. E xusto cando a humidade invade as miñas coxas e noto cerca a vertixe da cegueira, abro os ollos.

2.2/5 (20 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede