Volver a Vieiros

Luces, cámara, acción.

Enviado por veryhappy o día 20.02.2008

Cando a nosa respiración volta ao seu ritmo normal, apago a cámara que nos miraba dende o escritorio e levándoa conmigo déitome de novo na cama. Esgotadas e divertidas, comezamos a ve-lo vídeo na mesma cámara. Non somos perfectas, nin falta que fai; somos pel e ritmo e sede. Sen deixar de mirar a nosa imaxe, facemos o amor outra vez. Agora queremos vernos mentres víamos. Tócalle a ela: apaga a outra cámara, a da mesa de noite. Esgotadas e divertidas…

2.29/5 (14 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede