Volver a Vieiros

MENTE LIMPA

Enviado por danubioazul o día 23.02.2008

Se tiveran a mente limpa non me marcarían co estigma de porcallán, cando uso verbas luminosas coma carallo, cona, tetas ou foder…Hai moito que voo por riba de prexuízos e tabús, e gracias a ese desleigamento aprendín a ser solidario, pacífico, tolerante, humano e feliz comigo mesmo. Miro con pasión cada día á miña dona ao tempo que a ispo con fruición e cubro a súa orografía carnal cun tecido de bicos cálidos e avenidas de cuspe tépedo; zugo o licor dos seus seos e penetro no recinto da súa capela sixtina coa emoción da primeira vez.

1.63/5 (8 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede