Volver a Vieiros

METAMORFOSE SUBMARINA

Enviado por Protexido o día 07.03.2008

Ser auga completamente, corpo transparente e voluble fluíndo, esvarar baixo as portas, entre as fendas e os dedos, atravesar canos e billas e abrazar os corpos deitados nas bañeiras cheas de auga nos hoteis do solpór. Auga na auga acaricialos espidos e trémulos de orgasmos solitarios. Penetrar quenturas. Os peitos os labios a carne estremecida. Despois, avanzar nas neboas do baño como corpo nube de desexo e vaporoso xacer onda eles nun abrazo húmido e silencioso de soños líquidos e submarinos.

2,54/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede