Volver a Vieiros

Cartas de amor

Enviado por fol o día 15.02.2008

Saira o rei, ó pórdosol, cos seus atributos: tódolos seus fastos e tódolos seus bastos. Triunfa a lúa. El, galudo, mirou e viu soa, encol da mesa, á provocadora sota. Achégaselle cun as de ouros para tentar beber desa única copa. Ela, leda, con graza, fai esa baza. Agrelada, ensínalle, daquela, o dez de ouros; el, arreitado, o cabalo. Touronda, retrúcalle, aínda, coa súa sota derradeira; el, co rei, espétalle a súa brandida espada; mentres ela xace sobre a última carta, deitada.

2.33/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede