Volver a Vieiros

Óxido

Enviado por XenxinhO o día 12.02.2008

Aplauden, despídeste e subes.
Á esquerda do escenario cae unha pinga (creín que xa estaba amañada). Outra pinga brila. Cae outra pinga e distráiome.
Imaxino o teu pelo mollándose -pinga-. A escuma esvara e limpa coas mans que te mimas -pinga-. Poño a copa na pingueira e controlo as ganas de ir.

Imaxino o espello do teu cuarto e vexo dúas coma ti espidas. Penso en subir e vexo que continúan as pingas, penso entón no desaugue e nos restos que quedan alí. Penso no moho, na lixivia, no óxido das cañerías... bebo da copa, e aínda me sabe a ti.

2,58/5 (31 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede