Volver a Vieiros

O doutor Xohán e Mr Juan

Enviado por Ardon o día 30.03.2009

O doutor Xohán era un home querido e respectado. Falaba un galego requintado con todo o mundo: na consulta, no faladoiro do Derby cos outros catedráticos e nos cenáculos galeguistas dos que era patriarca indiscutible. Só como acto de rebeldía se permitía falar o español en público o Día das Letras Galegas. Con todo, ninguén sospeitaba que, pola noite, tras engulipar un bebedizo da súa invención, convertíase en Mr Juan, para abraio da súa amante de ocasión. Daquela, pero só daquela, ao chegar ao orgasmo en scherzo ou postura inusual, profería palabras non dignas dun galeguista bo e xeneroso como “Date la vuelta, pichurriña” ou "Viva España y la madre que me parió".

2.58/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede